Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 26 anos, Carpinteiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Hombre, Pontedeume (A Coruña)
Cumprindo servizo no cruceiro "Miguel de Cervantes".

Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento provisional.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: San Martiño de Porto-Cabanas, Cabanas
Engraxador

Xulgado en ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 3 anos

Home de 47 anos, Carpinteiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Cabría Nova-Ombre, Pontedeume (A Coruña)
Fora concelleiro en 1924-1925. Membro da Sociedade Agraria de Cabría, Ombre e os seus lugares. Vicario da Confraría de Santo Antonio de Padua de Ombre.
Morto o 14 de xaneiro de 1937

Fuxido no monte e agochado en varias casas propiedade da súa familia, é detido o 13 de xaneiro de 1937 e levado ao cemiterio de Ombre, onde é torturado e asasinado. Expediente de Responsabilidades Políticas en 1941 co resultado de 200 pesetas de sanción.

Home de 25 anos, Mestre/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Fundador e rexedor do Colexio-Academia "Curros Enríquez"
Morto o 10 de agosto de 1936

Morte rexistrada por feridas producidas por balas. Aparición do cadáver en Pontedeume.

Home de 37 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Maniños-Fene, Fene
Mariño. Fogoneiro preferente da armada. Aserrador

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (sucesos ocorridos no cuartel vello do Arsenal de Ferrol entre os días 20 e 22 de xullo do 36) co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día (inicialmente 20 anos). Conmutación por 3 anos en 1940

Home de 27 anos, Albanel
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Nogueirosa, Pontedeume (A Coruña)
PSOE, Concelleiro e secretario da Agrupación Socialista de Pontedeume
Morto o 09 de xullo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe. Previamente estivera agochado en varias casas de parentes até a súa detención en maio de 1937.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Nogueirosa, Pontedeume (A Coruña)
Mariño de reemprazo embarcado no Méndez Nuñez

Fixo a guerra na armada republicana, estivo en Bizerta, en Madrid nun campo de concentración e nun batallón de traballadores disciplinario en Córdoba. Sobresemento provisional na causa por deserción aberta en Ferrol

Home de 23 anos, Carpinteiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 41 anos, Obreiro naval
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol
UR, Redactor de "Renovación".Antes afiliado ao Partido Federal

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída contra o persoal do semanario "Renovación") sentencia prisión 12 anos e 1 día. Expulsado da Constructora Naval. Conmutación por 6 anos e 1 día en 1940 e licenciamento definitivo en 1949

Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 20 anos, Albanel
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Eríns, Cabanas
UR, Concelleiro
Morto o 02 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Cabanas a causa de feridas recibidas por disparos da forza pública.

Home de 24 anos, Músico
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión.

Home de 45 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Cabo de fogóns da Armada.

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)

Xulgado en Ferrol co resultado de sobresemento provisional

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)

Detido en Gando (Las Palmas) do 31/07/1936 ao 08/05/1937. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo e "voluntario" na Lexión

Home de 28 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillería

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: A Graña-Serantes, Ferrol
Mariño Primeiro da Armada

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 31 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Fogoneiro Preferente do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento provisional

Home de 42 anos, Serrador
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Laraxe-Cabanas, Cabanas

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sobresemento

Home de 32 anos, Médico/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Morto o 22 de setembro de 1936

Detido no cárcere de Pontedeume, de onde é sacado para ser asasinado.

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Morto o 19 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de feridas de bala. aparición do cadáver en Caamouco-Ares.

Home de 19 anos, Barbeiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
No servizo na Armada

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Fogoneiro do "Cervera"
Morto o 05 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 19, na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home, Labrego
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: A Veiga, 6-Breamo, Pontedeume (A Coruña)

Fuxido. Aparece morto nunha cova no lugar do Alvariño-A Fraga-Pontedeume en 1938.

Home de 23 anos, Albanel
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol

Mobilizado polo exército sublevado, pasa ao exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 41 anos, Oficinista
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
IR, Empregado do ferrocarrilSecretario de Izquierda Republicana
Morto o 18 de agosto de 1936

Morte, á madrugada, tras ser detido xunto ao seu irmán e outros polas forzas da Comandancia militar de Pontedeume. Aparición do cadáver no cemiterio de A Capela.

Home de 53 anos, Empregado/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Empregado do ferrocarril e secretario interino do Concello de Pontedeume
Morto o 18 de agosto de 1936

Morte, á madrugada, tras ser detido xunto ao seu irmán e outros polas forzas da Comandancia militar de Pontedeume. Aparición do cadáver no cemiterio de A Capela.

Home de 23 anos, Labrego
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Grandal, Vilarmaior
Soldado de reemprazo
Morto o 14 de febreiro de 1938

Mobilizado no exército golpista e logo pasa ao republicano. Prisioneiro en febreiro do 1938 na cadea de Coto. Xulgado en Xixón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Cemiterio de Ceares-Xixón

Home de 33 anos, Funcionario municipal
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Secretario do Concello de Pontedeume
Morto o 18 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de disparos ao tratar de fuxir Aparición do cadáver en A Igrexa-Piñeiro-Mugardos.

Home de 25 anos, Xastre
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Miño
Morto o 25 de setembro de 1939

Fuxido e detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de San Felipe

Home de 34 anos, Avogado
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Morto o 16 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas producidas por arma de fogo.

Home de 50 anos, Garda municipal
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Trav. de San Agustín nº 17, Ferrol

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo posto en liberdade

Home de 32 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño. Fogoneiro do acoirazado "España"

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 17 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño fogoneiro. Voluntario no "Almirante Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado prisión 6 anos. Atópase preso na Escollera de Ferrol. Tiña causa aberta tamén por deserción

Home de 32 anos, Maquinista
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 15 anos

Home de 36 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Andrade, Pontedeume (A Coruña)
Fogoneiro preferente da Armada

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos

Home de 22 anos
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
No servizo militar

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de absolución

Home de 50 anos, Mariñeiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Morto o 13 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Grandal-Vilarmaior a causa de "escaramuza con la fuerza pública". Inscrición da súa defunción no Rexistro Civil de Pontedeume o 30-3-1938.

Home de 39 anos, Reloxeiro/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
PSOE
Morto o 19 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de ferida de bala. Aparición do cadáver en Camouco-Ares.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño. Fogoneiro no acoirazado "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 37 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño fogoneiro

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 24 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Sarxento de Infantería

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de absolución

A Navalla Suíza