Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Preso no campo de concentración en Rota e batallón de traballadores nº 1.Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento

Home de 26 anos, Militar
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
Mariño do "Cervera"

Fixo a guerra na zona republicana. No 1939 en Orán. Sentenciado a prisión 20 anos (causa 2539/39 Cartagena) por auxilio á rebelión. En liberdade no 1944. Ten tres causas abertas en Ferrol por deserción e rebelión, sobresemento

Home de 21 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Oleiros-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co rsultado de sobresemento provisional e queda en liberdade

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)
Tripulante do "Segundo Weyler"

Fuxido á zona republicana, combateu e ao finalizar a guerra campo de concentración, batallón de traballadores 203 (logo disciplinario) en África. Xulgado en Vigo co resultado de prisión menor 1 ano (1942).

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Carreira-Aguiño-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Estivo nun campo de concentración até 1941. Causa aberta en Ferrol por rebelión (fuxida da bou "Angelita" dende Donosti) sobresemento (1954)

Home de 25 anos
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Fixo a guerra no exército republicano. Detido no Caserío de Osío e enviado a un batallón de traballadores. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo e queda en liberdade

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Pombal-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Capturado, campo de concentración de San Marcos de León e castigado no batallón de traballadores 21. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Capturado en territorio tomado á República e destinado a un batallón de traballadores. En liberdade en 1940 e absolución na causa aberta en Ferrol.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela por auxilio á rebelión, sendo posto en liberdade.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)
Do "Udondo"
Morto o 27 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Muller de 34 anos, Costureira
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Deán Pequeno, Ribeira (A Coruña)

Xulgada en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentencia prisión 6 anos. Conmutación por 6 meses

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
CNT, Afiliado ao Sindicato de Transportes Marítimos
Morto o 09 de decembro de 1937

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)

Detido e inculpado en causa militar aberta en Ferrol e levada dende a Comandancia de Mariña de Vigo

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por sedición (instruída contra a tripulación do vapor pesqueiro "Alcaudón" apreixado polo "Cervera") co resultado sobresemento

Home de 22 anos, Carpinteiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Fixo a guerra no exército republicano. Ao rematar, campo de concentración. Tiña causa instruída en Ferrol contra varios individuos do distrito de Ribeira por suposta deserción ao non se presentar a filas. Sobresemento definitivo e queda en liberdade

Home de 30 anos
Natural de Ribeira (A Coruña)
Morto o 19 de febreiro de 1943

Preso en Salzburgo (Wehrkreis XVIII) Deportado a Mauthausen en setembro do 1941, onde morre.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. En territorio republicano. Feito prisioneiro e castigado en varios batallóns de traballadores. Sobresemento definitivo na causa aberta en Ferrol

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)

Detención en Ferrol.

Home de 29 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Xulgado en Ferrol (1940) co resultado absolución

Home de 22 anos, Militar
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña
Morto o 12 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión (facer manifestacións contrarias ao "Glorioso Movimiento Nacional" na cuberta do bou armado "Tito") co resultado de sentencia pena de morte. Executado na Punta do Martelo do Arsenal-O Val-Narón

Home de 39 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Graña-Carreira-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Combateu no exército republicano. Ao finalizar a guerra, Bizerta, Campo de Concentración de Rota e declarado adicto. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo

Home de 21 anos, Militar
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Pontecesures, Pontecesures
Mariño. Fogoneiro da dotación do "Jaime I"

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo do 1936 trozo de Marín) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Capturado e xulgado en Cartaxena por adhesión á rebelión (causa 74/42)

Home de 36 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)

Inculpado nunha causa militar en Ferrol.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Aguiño-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Presentouse en 09/1941 e sentencia absolución, queda en liberdade

Home de 34 anos, Patrón de pesca
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Carreira-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Presentouse en 11/1945, recaendo sentenza a cadea perpetua.

Home de 35 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Compostela por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 24 anos, Barbeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos

Home, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por taizón

Home, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por traizón.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Pasaxes

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a 6 anos de prisión.

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)
UGT, Da Mariña mercante

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 27 anos
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira (A Coruña)
No servizo militar en Valencia
Morto o 13 de maio de 1942

Loita no exército republicano. A piques de acabar a guerra fuxe de Valencia a Francia. Alístase na Lexión e loita contra o exército alemán na II Guerra Mundial. Preso en Moosburg. Deportado a Mauthausen en agosto do 1941. Trasladado a Gusen en outubro do 1941, onde morre, en 1942, de tuberculose.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Estaba no norte e pasouse a Francia, de aí a Cataluña. Entregouse ao fin da guerra. Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contras os que non se presentaron a filas de Ribeira) co resultado de prisión 1 ano en 1941

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)
Tripulante do vapor "Galdames"

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)

Combateu no exército republicano. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 1 ano

Home de 30 anos, Mariño
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira (A Coruña)
POUM, Piloto da mariña mercante. Da UGT
Morto o 29 de xaneiro de 1937

Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Compostela.

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisorio. Combateu no exército republicano. Preso en diversos lugares, traballos forzados na mina "Rita y Adelaida" (1939).

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Cádiz (268/39) co resultado de prisión 6 anos e 1 día. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (instuída contra varios do trozo de A Pobra do Caramiñal por non se presentar a filas) na que fora declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado por deserción

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Lomba, 22, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos e 1 día

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Fixo a guerra no exército republicano. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas, trozo de Ribeiral) co resultado de sobresemento (1943). Previamente absolto en causa 667/40 e tamén xulgado en Cádiz, inhibiuse a Ferrol

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)
Mariño. Dotación do Juan Sebastián Elcano

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. combate no exército republicano e, tras a guerra estça na URSS, acabando prisioneiro nun Gulag. En 1954, xunto a uns centos de republicanos e membros da División Azul, é repatriado a España no "Semíramis". Sobresido o seu procesamento e en liberdade por aplicación de indulto.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Causa instruída en Ferrol contra varios do distrito de Ribeira por suposta deserción. Declarado fuxido e en rebeldía

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 22 anos
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión, declarado en rebeldía e pídeselle multa de 30.000 ptas. Fuxira no vapor "Malenchu" cara Francia. Liberado do Complexo concentracionario de Mauthausen en maio de 1945. Sobrevivinte

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Deán-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron) co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada en 11/41 por 6 anos e liberdade condicional en xullo dese ano

A Navalla Suíza