Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 18 anos, Panadeiro/a
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Liñaares-Anca-Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentencia prisión 1 ano. Cumpriu a pena

Home de 22 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo. No destructor "Sánche Barcaiztegui"

Fixo a guerra na armada republicana. Xulgado por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Casadelos, Neda (A Coruña)
Mariño no Miguel de Cervantes

Fixo a guerra na armada republicana, estivo en Bizerta, en Rota, foi depurado e acabou nun Batallón de Traballadores. Tiña causa aberta por deserción en Ferrol e quedou en sobresemento provisional

Home, Mestre/a
Veciñanza: Mourela-Neda, Neda (A Coruña)
Católico

Suspendido até 1941

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: O Puntal-Neda, Neda (A Coruña)

Xulgado en Cádiz (causa 494/39) e condeado a prisión 12 anos e 1 día. Causa aberta en Ferrol por deserción

Home de 59 anos, Obreiro naval
Natural de Moeche (A Coruña)
Veciñanza: Xubia, Neda (A Coruña)
Peón da SECN

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentenza a cadea perpetua

Home de 34 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Cabo Radiotelegrafista da Armada. Dependente de profesión

Xulgado en Cádiz (828/39) co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Previamente causa aberta en Ferrol por deserción

Home de 44 anos, Xornaleiro/a
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda (A Coruña)
PSOE
Morto o 26 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Narón a causa de ser pasado polas armas. Inculpado en Ferrol en causa militar co resultado de sobresemento por morte

Home de 52 anos, Xornaleiro
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda (A Coruña)
CNT
Morto o 24 de maio de 1937

Tras serlle incautada unha carta con opinións consideradas desfavorables ao "Movimiento" é xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento xa que se produce a súa morte rexistrada no Hospital de Mariña a causa de fractura da base do cráneo.

Home de 23 anos
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Rabadeña, Neda (A Coruña)
Morto o 26 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Pontedeume a causa de ferida de bala.

Home de 21 anos, Albanel
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo
Morto o 05 de setembro de 1941

Fuxido. Fixo a guerra na armada republicana, preso no Hospital Militar de Cartaxena onde morre

Home de 22 anos, Obreiro/a
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Xubia, Neda (A Coruña)
CNT, Remachador de especialidade

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, pasando a disposición gobernativa

Muller de 18 anos, Xastra
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Santa María de Neda-Neda, Neda (A Coruña)

Xulgada en A Coruña por Rebelión co resulado de sentencia cadea perpetua.

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)

Encadrouse en Falange, da que foi expulsado acusado de sustraer unha prenda. Ingreso en Conxo no 1940. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo.

Home de 19 anos, Electricista
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Xubia, Neda (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, pasando a disposición gobernativa

Home de 35 anos, Zapateiro
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)

Xulgado na Coruña por deserción co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por deserción (non presentarse a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Fuxido a Francia.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñeiría no acoirazado "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 28 anos
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (non se presentar a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 24 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariñeiro de Primeira

Xulgado en Ferrol por acusación ou denuncia falsa (por incorrer ao cabo Prada nos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia absolución

Home de 23 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda (A Coruña)
Cabo electricista do "Cervera"
Morto o 05 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 19, na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Xubia-Neda, Neda (A Coruña)
Mariño Fogoneiro da tripulación do "Almirante Cervera"

Xulgado en Ferrol por conspiración para a rebelión co resultado de sobresemento provisional. Queda en liberdade

Home de 24 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo no Miguel de Cervantes

Fixo a guerra na armada republicana, estivo en Cartaxena, prisións militares de mariña e foi declarado adicto. Sobresemento definitivo da causa por deserción que tiña aberta en Ferrol e liberdade

Home de 25 anos
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: A Mourela-Neda, Neda (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de sentencia prisión 1 ano. Indulto en outubro do 1946

Home de 27 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda (A Coruña)
Fogoneiro do "Baleares"
Morto o 17 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no Arsenal.

Home, Industrial
Veciñanza: Neda (A Coruña)
Propietario dunha tenda en Neda
Morto o 22 de agosto de 1936

Morte no cemiterio de s Xiao-Naón.

Home de 31 anos, Pintor
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Neda (A Coruña)
Obreiro naval
Morto o 22 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de disparos pola "Fuerza Pública" ao intentar escapar, tras ser sorprendido en reunión clandestina nas cercanías de Narón.

Home de 21 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo do Cervera. Gandeiro de profesión

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia cadea perpetua. Conmutación por 12 anos e 1 día en 1940

Home de 35 anos, Mecánico
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Xubia, Neda (A Coruña)
Traballador na Constructora Naval
Morto o 24 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

A Navalla Suíza