Home de 35 anos, Mecánico
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu (Pontevedra)
UGT, Secretario da "Unión Conservera La prosperidad"
Morto o 22 de maio de 1938
Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación. Morte na fuga do Forte de S. Cristobal-Pamplona.
Home de 23 anos, Mecánico
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Vogal do Sindicato de Mecánicos en 1933-34
Xulgado en Ferrol por sedición (causa instruída pola desaparición do vapor "Sagrado Corazón de Jesús") co resultado de ser declarado en rebeldía e fuxido. Embargo de todos os bens por peza de responsabilidades civís en outubro do 1940
Home, Mecánico
Veciñanza: A Pobra do Brollón
Concelleiro
Expediente por responsabilidades políticas con sanción.
Home de 23 anos, Mecánico
Veciñanza: Rolda de Castela, 34, Lugo (Lugo)
Natural da Habana
Morto o 26 de agosto de 1936
Morte rexistrada no Rocello de Ladra-Castro de Rei, no km. 9 da estrada Gulpilleira-Vilalba, a causa de disparos de arma de fogo.Inscrito inicialmente coma descoñecido, despois identificado.
Home de 26 anos, Mecánico
Veciñanza: Noia, Noia
Natural de Avellaneda-Arxentina. Tenente alcalde de Noia
Fuxido. Combate no exército republicano. Prisioneiro de guerra, enviado a un batallón de traballadores en Cádiz. Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.
Home de 43 anos, Mecánico
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
PSOE, Alcalde republicano da Pobra do Caramiñal
Fuxido na motora "San Jose nº2", xunto con outros 18 republicanos da ría de Arousa, o 26 de xullo do 36. Foi procesado en causa xudicial aberta en Ferrol (4267/1938). Declarado fuxido e en rebeldía. Tamén procesado e declarado en rebeldía na causa 1255/1937 aberta en Compostela por rebelión: requisas nas minas de "Estañifera de Arosa".
Home de 38 anos, Mecánico
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Conmutación e extinción da pena o 11-08-1942.
Home de 20 anos, Mecánico
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Mourente, Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional.
Home de 26 anos, Mecánico
Natural de Caldas de Reis (Pontevedra)
Veciñanza: Xeve, Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
Home de 31 anos, Mecánico
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Feás, Ortigueira (A Coruña)
Mariño de remprazo no "Jaime I"
Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.
Home de 67 anos, Mecánico
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: R/Tayonera, 16, Ferrol (A Coruña)
Xulgado en Compostela por traizón co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Home de 26 anos, Mecánico
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
JSU
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución.
Home de 23 anos, Mecánico
Natural de Mos (Pontevedra)
Veciñanza: Sanguiñeda, Mos (Pontevedra)
Morto o 28 de xaneiro de 1937
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo, ás 11, nas inmediacións do castelo do Castro, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
Home de 36 anos, Mecánico
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: C/ José Buente 7, Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Conmutación o 26-06-1940.
Home de 27 anos, Mecánico
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Do Sindicato Metalúrxico.
Mobilizado polo exército sublevado. Pasa ao territorio republicano. Xulgado no Campo de concentración de Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.
Home de 37 anos, Mecánico
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Cee, Cee
IR, Comité Local de IR de Malpica. Encargado dos obradoiros da Empresa Guillén de Cee
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sobresemento provisorio.
Home de 36 anos, Mecánico
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Ponteareas (Pontevedra)
Fuxido. Entrégase en 1939 e retómase o seu proceso, sendo xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de prisión atenuada no seu domicilio. En decembro de 1940 é levado ao Manicomio Provincial de Valladolid, onde morre en marzo de 1941.
Home de 23 anos, Mecánico
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Priegue, Nigrán (Pontevedra)
Morto o 07 de outubro de 1939
Formaba parte dunha partida armada. Detido e xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.