Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 44 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Oficial 1º da C.A.S.T.A

Causa aberta en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 6 anos (1940). Liberdade condicional e indulto no 1948. Pérdida de emprego

Home de 26 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño do "España"

Xulgado en Ferrol por facer manifestacións en contra da disciplina co resultado de sobresemento definitivo en 24 de agosto do 36

Home de 39 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Oficial 2º do acoirazado España
Morto o 17 de agosto de 1936

Morte en Ferrol por disparos da "Fuerza Pública" nun traslado.

Home de 37 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo Fogoneiro do Destrutor "Velasco"

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñaría do "Jaime I"

Fixo a guerra na armada republicana. Preso en Cartagena ao finalizar a guerra. En 1940 sentenciado a prisión 6 anos e 1 día. Tiña causa en Ferrol por deserción (non se presentar a filas) na que fora declarado fuxido e en rebeldía

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Cobas-Serantes, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 36 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Doniños-Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Cabo de Mariñeiría no acoirazado "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 30 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
Fogoneiro do "Baleares"
Morto o 17 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no Arsenal.

Home de 31 anos, Militar
Veciñanza: Oficialmente de San Sebastián, Ferrol (A Coruña)
Natural de Cádiz. Tenente de Navío. Afiliado á Loxia Masónica "Igualdad" nº53 de San Fernando-Cádiz

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 anos

Home de 27 anos, Militar
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Santo Tomé de Piñeiro-Marín, Marín (Pontevedra)
Mariño fogoneiro no "Jaime I"

Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (contra mariñeiros e fogoneiros do acoirazado "Jaime I") co resultado sentencia absolución e queda en liberdade (1942)

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Auxiliar de oficinas no buque "Cervera". Destinado en Ferrol en 1936.

Inculpado en causa militar en Ferrol polo delito de sedición.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Outeiro de Penas-Redondela, Redondela (Pontevedra)
Mariño de reemprazo no Almirante Valdés

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do destrutor "Almirante Valdés") co resultado sobresemento

Home de 44 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Cartaxena. Mariño.

Xulgado en Ferrol por sabotaxe co resultado de prisión 3 anos

Home de 26 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída polos sucesos ocurridos no Cuartel do Arsenal Vello de Ferrol os días 20-22 de xullo) co resultado de sobresemento provisional

Home, Militar
Fogoneiro Preferente do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento provisional en abril do 1937

Home de 32 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Barallobre-Fene, Fene (A Coruña)
Mariño. Cabo de fogoneiros do "Almirante Cervera"

Xulgado en Ferrol, 2 causas. Na do "Cervera", sobresemento provisional e queda en liberdade. Instruída outra por facer manifestacións desafectas ao chamado "Movemento Nacional", cadea perpetua por adhesión á rebelión. Conmutada por 3 anos en 09/40

Home de 28 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouzas, Vigo (Pontevedra)
Alférez de navío do cruceiro "Libertad"

Xulgado en Barcelona en 1939 por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Previamente xulgado en Ferrol no proceso incoado o 9-2-1938 por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 38 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)

Xulgado por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da liberdade condicional o 14-5-1942.

Home de 26 anos, Militar
Natural de Cerdido (A Coruña)
Veciñanza: Estrada de Castela, 6-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Cabo de Artillaría do "Cervera"
Morto o 22 de abril de 1938

Xulgado en Ferrol por sedición, pero se suspenden as actuacións. Ábrese no 1938 outra causa pola súa morte na cadea, estaba incomunicado na Prisión da Escollera, e aparece aforcado

Home de 21 anos, Militar
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Xobre-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Mariño. Mariñeiro de Primeira do Torpedeiro nº 2

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída contra a tripulación do Torpedeiro nº 2 polo delicto de rebelión militar) co resultado de sentencia prisión cadea perpetua. Conmutación 12 anos e 1 día en febreiro do 1942

Home de 30 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: r/ Ramón Franco 30, 1º, Ferrol (A Coruña)
Alférez de Fragata

Combate no exército republicano. Feito prisioneiro estivo en Bizerta (Tunicia) e en Rota. Instrúese causa de averiguación en San Fernando, Cádiz. Inhibición en favor de Ferrol, onde é inculpado co resultado de sobresemento. Solicita reingreso na Armada. Rehabilitado (29/07/1941), pasando ao Corpo de Suboficiais

Home de 29 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Cabo de artillería. Natural de Huelva

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Caranza, Ferrol (A Coruña)
Mariñeiro de primeira do "Contramaestre Casado"
Morto o 27 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión no transporte de guerra "Contramaestre Casado" co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Caranza-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Xornaleiro de profesión

Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contra os que non se presentaron a filas do distrito de Pontedeume) co resultado de sobresemento provisional. Pendente de posibles responsabilidades por rebelión

Home, Militar
Veciñanza: Vilalba
Oficial da escala intermedia da Armada

Tras someter á oficialidade golpista, cos cadros intermedios do seu buque toma o mando e fai a guerra ao servizo da República. Detido ao caer Cartaxena e condeado a morte. Fuxe nun bombardeo e ao final da guerra é recluído nun campo de refuxiados en Arxel. Exilio en Francia.

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño enfermeiro (practicante)

Inculpado en causa militar en Ferrol. Sobresemento da causa, separación do servizo e traballos forzosos en Caranza.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Cabanas (A Coruña)
Veciñanza: Laraxe-Cabanas, Cabanas (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillaría do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") con resultados descoñecidos

Home, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
Mariño. Maquinista retirado da armada

Fuxido e agochado. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos (1940)

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cervás-Ares, Ares (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Auxiliar 2º do C.A.S.T.A. do Arsenal Ferrol.

Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento.

Home de 34 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Cervás-Ares, Ares (A Coruña)
Mariño Fogoneiro do acoirazado "Jaime I"

Xulgado en Ferrol por deserción (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "Jaime I") co resultado de sentencia 6 anos de prisión militar menor

Home de 22 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo no Miguel de Cervantes

Fixo a guerra na armada republicana, estivo en Bizerta e no campo de concentración de Rota onde foi declarado adicto e quedou libre. Sobresemento provisional da causa por deserción que tiña aberta en Ferrol

Home de 60 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Coronel de Artillaría
Morto o 09 de novembro de 1936

Xulgado en A Coruña por traizón co resultado sentencia pena de morte. Executada en A Coruña

Home de 17 anos, Militar
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: R Galán e García Hernández, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Educando de música do rexemento de Infantería Nº 30

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 8 anos.

Home de 35 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Maquinista da Armada
Morto o 20 de outubro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ferida de arma de fogo.

Home de 32 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Cartaxena. Mariño. Auxiliar 2º artillaría

Xulgado en Ferrol polos sucesos do "Acoirazado España"

Home de 26 anos, Militar
Natural de O Corgo (Lugo)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Sarxento de Artillaría

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 23 anos, Militar
Mariño enfermeiro do submariño B-6

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída contra a tripulación do sumariño "B-6") co resultado de sentencia cadea perpetua. Conmutada por 6 anos en decembro do 1940

Home de 26 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos (A Coruña)
Cabo de artillaría destinado no "Jaime I"

Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento.

Home de 21 anos, Militar
Veciñanza: Bermeo
Mariño cumprindo o servizo. Mariñeiro de profesión.

Xulgado en Ferrol por sedición. Sentenza descoñecida

Home de 22 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Santander. Mariño destacado no arsenal de Ferrol

usa aberta en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Cancelada a petición do interesado en 1970

Home de 33 anos, Militar
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Cádavos, A Mezquita (Ourense)
Alférez de infantaría

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 32 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño. Fogoneiro do acoirazado "España"

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 26 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mariño. Maquinista Naval do "Libertad"

Xulgado adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 anos. Previamente xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 26 anos, Militar
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Fogoneiro no "Cervera"
Morto o 30 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 34 anos, Militar
Veciñanza: Tui
Natural de Córdoba. Tenente de Navío

Xulgado por traizón co resultado de sentenza a prisión 25 anos

Home de 37 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Meá, Mugardos (A Coruña)
CNT, Mariño na Armada

Prisioneiro de guerra enviado a Ferrol en 1939. Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento

Home de 17 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño fogoneiro. Voluntario no "Almirante Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado prisión 6 anos. Atópase preso na Escollera de Ferrol. Tiña causa aberta tamén por deserción

Home de 36 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Andrade, Pontedeume (A Coruña)
Fogoneiro preferente da Armada

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Vilarmaior (A Coruña)
Veciñanza: Vilarmaior (A Coruña)
Mariñeiro 2º do panadeiro do "Miguel de Cervantes"
Morto o 23 de novembro de 1936

Detido en agosto do 36 e enviado preso á Escollera. Procesado na causa xudicial 993/1936 aberta en Ferrol por traizón: accións armadas na defensa da República. Sentenzado, co agravante de perversidade, a pena de morte. Executado en Ferrol.

A Navalla Suíza