Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

José Niebla García

Paseo

Home de 34 anos, Fogoneiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Toural-Teis, Vigo
Traballaba nunha draga no porto de Vigo
Morto o 11 de abril de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de lesións por arma de fogo . Lugar de aparición do cadáver: Capela da Guía-Teis-Vigo. Asasinado xunto coa súa esposa Ángela Iglesias. Os seus fillos menores, José, de 4 anos e Eliseo, de dous, acaban separados vivindo o primeiro coa familia materna e o segundo coa paterna. Deixaron de verse e non se reencontraron ate 1976.

Queres pasarnos información sobre esta persoa?

Se tes informacións complementarias ou se queres corrixir posibles erros nesta ficha, podes poñerte en contacto con nós en memoriaguerracivil@usc.es ou cubrindo o seguinte formulario:

A Navalla Suíza