Nomes e Voces - Procura: Azarola http://vitimas.nomesevoces.net/ O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu en 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co obxectivo de estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas. Abórdase, pois, unha investigación histórica que parte do golpe de estado de 1936, a guerra e os inicios da ditadura, e pretende un estudo profundo e completo deses procesos.Para o seu estudo, pode descargar a base de datos de Nomes e Voces. Consulte as licenzas de uso. Sat, 26 Jul 2025 03:36:05 +0200 http://vitimas.nomesevoces.net gl <![CDATA[Antonio Azarola Gresillón]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/3302/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home de 61 anos, Militar. Veciñanza: Ferrol. Natural de Navarra. Contralmirante da Armada e comandante xeral do Arsenal de Ferrol. Morto o 04 de agosto de 1936Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 6, no cuartel de infantería de marina. O reo debería vestir de uniforme e o acto estaría escenificado por un desfile acompañado de banda militar.