Nomes e Voces - Procura: http://vitimas.nomesevoces.net/ O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu en 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co obxectivo de estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas. Abórdase, pois, unha investigación histórica que parte do golpe de estado de 1936, a guerra e os inicios da ditadura, e pretende un estudo profundo e completo deses procesos.Para o seu estudo, pode descargar a base de datos de Nomes e Voces. Consulte as licenzas de uso. Fri, 22 Nov 2024 10:33:19 +0100 http://vitimas.nomesevoces.net gl <![CDATA[Cándido Fernández Blanco]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/21432/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home de 21 anos, Cobrador/a. Natural de Vigo (Pontevedra). Veciñanza: Vigo (Pontevedra). Soldado mobilizado no exército sublevado. Deserción e ingreso nas filas republicanas. Detido en Aragón, xulgado e condeado a prisión. <![CDATA[Juan García Díaz]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/20927/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home, Cobrador/a. Veciñanza: Monelos, 11-2º, A Coruña. Cobrador de seguros "Ocaso". Posto en busca e captura en relación con causa militar incoada na Coruña. <![CDATA[Francisco Paradela Núñez]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/11005/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home de 38 anos, Cobrador/a. Natural de Ourense (Ourense). Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense). Morto o 09 de agosto de 1936Morte rexistrada na Pobra de Trives. <![CDATA[José Abella]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/5183/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home de 37 anos, Cobrador/a. Natural de Cambre (A Coruña). Veciñanza: A Coruña. IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.. José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil. <![CDATA[Baldomero Veiga Veiga]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/2827/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home de 42 anos, Cobrador/a. Natural de Castroverde (Lugo). Veciñanza: San Pedro, 48, Lugo. Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional. <![CDATA[Raimundo Brea Ferro]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/1557/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home de 39 anos, Cobrador/a. Natural de Santiago de Compostela (A Coruña). Veciñanza: Barreiro-Lavadores, Vigo (Pontevedra). Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de absolución.