Nomes e Voces - Procura: http://vitimas.nomesevoces.net/ O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu en 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co obxectivo de estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas. Abórdase, pois, unha investigación histórica que parte do golpe de estado de 1936, a guerra e os inicios da ditadura, e pretende un estudo profundo e completo deses procesos.Para o seu estudo, pode descargar a base de datos de Nomes e Voces. Consulte as licenzas de uso. Fri, 22 Nov 2024 09:43:25 +0100 http://vitimas.nomesevoces.net gl <![CDATA[José Vázquez Rodríguez]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/1873/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home de 32 anos, Polbeiro/a. Natural de Calvos de Randín (Ourense). Veciñanza: A Estrada. Morto o 22 de maio de 1937Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 6, nos malecóns de Monteporreiro-Avda de Buenos Aires, rexistrándose a súa morte a causa de hemorraxia interna.