Nomes e Voces - Procura: http://vitimas.nomesevoces.net/ O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu en 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co obxectivo de estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas. Abórdase, pois, unha investigación histórica que parte do golpe de estado de 1936, a guerra e os inicios da ditadura, e pretende un estudo profundo e completo deses procesos.Para o seu estudo, pode descargar a base de datos de Nomes e Voces. Consulte as licenzas de uso. Fri, 22 Nov 2024 09:17:35 +0100 http://vitimas.nomesevoces.net gl <![CDATA[Ramón García Cal]]> http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/2133/ Thu, 01 Jan 1970 01:00:00 +0100 Home de 22 anos, Niquelador. Veciñanza: A Pontenova. Natural de Cuba, onde os seus pais emigraran dende Meira. Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. En 1940 sae de prisión e, en 1946, volve a ser detido, xulgado e condeado a pena de morte. Sin embargo en 1947 é excarcerado pola súa mala saúde, morrendo en 1948 con 34 anos