Tes dous xeitos principais de facer procuras na base de datos:
Tamén podes facer unha busca avanzada de forma directa coa seguinte sintaxe:
campo:valor busca unha persoa que conteña ese valor nese campo. Por exemplo: suceso:execución buscará todas as persoas que foron executadas. Se escribes campo:"valor de varias palabras", buscarás valores complexos. Por exemplo: apelidos:"García Ferreiro", buscará todos os García Ferreiro, pero non os Ferreiro García.
Ademais, podes facer de forma directa unha busca combinada. Se empregas a sintaxe campo:valor campo:valor, buscarás os rexistros que cumpran os dous criterios. Por exemplo, sexo:muller suceso:execución (sen coma nin trazo, só cun espazo de separación) devolverá todas as mulleres que foron executadas, pero non os homes que o foron, nin as mulleres que foron condenadas a prisión perpetua.