Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

O que significa...

Achegamos aquí algunhas definicións que poden axudar a entender as fichas da base de datos.

Vítima: Individuo que sufriu un prexuízo físico, económico, administrativo e/ou psicolóxico como consecuencia directa ou indirecta da súa falta de afinidade/diferencias reais ou atribuídas cos sublevados.

Mortos extraxudiciais: mortes ocasionadas sen mediar ningún tipo de "orde". Son os famosos "paseos".

Mortos executados: mortos por causa de sentenza dun tribunal militar

Mortos executados sen formación de causa: mortos a mans dos militares por orde gobernativa, bando de guerra, etc., sen mediar un "xuízo" militar.

Mortos na cadea: mortos a causa da súa estancia na cadea ben por enfermidades, ben logo de seren torturados, etc.

Mortos sen identificar: mortos dos que, conforme as fontes revisadas, non se pode afirmar a tipoloxía de morte, son sobre todo os que proveñen da bibliografía.

Condenas a pena de morte: condenados a pena capital. Algúns foron executados, a outros foilles conmutada pola inmediatamente inferior, a cadea perpetua.

Condenas a cadea perpetua: Condenados de por vida ao cárcere. A moitos foilles conmutada por penas inferiores.

Condenas a diferentes penas de prisión: Segundo o delito, condena a penas de cárcere.

A Navalla Suíza