Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Colofón

A base de datos de vítimas é un produto do proxecto Nomes e Voces, organizado e amparado polas tres universidades galegas: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo. O investigador principal é Lourenzo Fernández. Os coordinadores, Emilio Grandío, Xosé Manoel Núñez, Dionisio Pereira, Julio Prada e María Jesús Souto. Os investigadores, Andrés Domínguez, Gustavo Hervella, Chus Martínez, Antonio Míguez, Xurxo Pantaleón, Mónica Rocha e Antonio Somoza.

Os datos dispoñibilizados ao público sono baixo a súa responsabilidade.

A consulta web destes datos foi realizada por A navalla suíza. O desenvolvemento desta ferramenta comezou en maio de 2009.

Tecnoloxía

Esta web funciona con software libre. O servidor corre baixo Debian Sarge. As páxinas son servidas por un Apache 2.0.

O sitio está construido baixo os frameworks phpCan (php) e cSans (css).

O deseño

A tipografía usada no logo é a Futura deseñada por Paul Renner e publicada por Adobe na súa versión dixital. O resto de tipografías utilizadas son a Arial e en menor medida a Georgia, as dúas publicadas por Microsoft. As cores principais da web son o azul (#172983) e o vermello (#E2001A).

A Navalla Suíza