Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Nomes e Voces

O Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" naceu en 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas coa consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co obxectivo de estudar a represión en Galicia durante a guerra civil e o franquismo, recompilar información e ofrecer datos relativos ás vítimas. Abórdase, pois, unha investigación histórica que parte do golpe de estado de 1936, a guerra e os inicios da ditadura, e que pretende un estudo profundo e completo destes procesos.

Faise agora pública (2009), como parte do traballo realizado, unha base de datos específica que recolle os datos persoais e os procesos represivos de cada vítima.

A base estará en permanente construción, e incorporará novos nomes conforme se indaguen novas fontes documentais e se acheguen novas informacións contrastables. Tamén está suxeita a correccións de erros, labor no que será fundamental a colaboración das familias das vítimas, que poderán contribuír a mellorar coas súas informacións as incorreccións e carencias da documentación utilizada ou incorporar novos datos.

O marco cronolóxico desta fase da investigación é o período 1936-1939, pero incorpóranse tamén datos de vítimas dos anos posteriores, recompiladas no proceso de investigación.

A Navalla Suíza