Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España de Creative Commons.
O proxecto de investigación Nomes e Voces, no que participan as tres universidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo), é o propietario dos textos e imaxes desta web, e decide liberalos baixo unha licenza Creative Commons compartir igual, en condicións de obriga de atribución e ausencia de beneficio.
Os datos da base de datos de vítimas foron extraídos de moi distintas obras e documentos, a maior parte deles no dominio público e outros suxeitos a copyright, pero en ningún caso supoñen unha parte substancial ou significativa desas obras, nin os datos dun único documento concreto supoñen unha parte significativa ou substancial do conxunto da base de datos.
A integración deses datos nunha base complexa e a súa redacción final son traballos executados polo proxecto de investigación Nomes e Voces, que decidiu liberalos baixo a mesma licenza Creative Commons compartir igual, en condicións de obriga de atribución e ausencia de beneficio.
Isto quere dicir que tanto os textos como as imaxes da web, incluídos os da base de datos de vítimas, poden ser utilizados por calquera, sempre que se cite a súa procedencia, sempre que non se obteña un beneficio económico directo ou indirecto dese uso, e sempre que se inclúa no produto resultante a mesma licenza CC-BY-NC-SA.
A base de datos foi desenvolvida, tanto polo que corresponde á súa estrutura informática como ao procesos de consulta web, pola empresa A navalla suíza, a partir de software libre. O sitio está construído baixo os frameworks phpCan (php) e cSans (css), os dous baixo licenza GNU GPLv3.
O código fonte desta ferramenta, coa parametrización desexada polo proxecto de investigación Nomes e Voces, está publicado co fin de que sexa utilizado por terceiros. A licenza coa que se distribúe ese código fonte é GNU GPLv3.
Iso quere dicir que se pode copiar e modificar libremente o software, sempre que se redistribúa nas mesmas condicións de licenza. Unha descrición detallada dos termos deste acordo de licenza pode atoparse na web da FSF.
Agradécese o feedback e os comentarios sobre esta aplicación, que poden mandarse a equipo@anavallasuiza.com
Podes descargar o código fonte en formato tar.gz e a base de datos en formato csv. Para poder descomprimir estes paquetes recomendamos o uso da aplicación libre e gratuíta 7-Zip