Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 29 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Sentenciado a prisión 8 anos por auxilio á rebelión.

Home de 19 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Tripulante do "España".
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 26 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mozo do Comercio
Morto o 22 de maio de 1938

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morto na cadea na Fuga de San Cristóbal

Home de 57 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Obreiro
Morto o 13 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por inxurias ao exército e desobediencia co rsultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 18:30, na Galería de tiro do Arsenal.

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mestre de Atillaría
Morto o 27 de xaneiro de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: A Iraña-Brión-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñaría

Pasouse ao exército republicanona fronte de Asturias. Xulgado en Bilbao por traizón co resultado de pena de morte. Conmutación cadea perpetua, logo 12 anos e 1 día (decembro 1942) e indulto en decembro de 1945. Causa aberta en Ferrol por deserción

Home de 37 anos, Garda municipal
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ San Sebastián nº 65, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión

Home de 43 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Auxiliar Primeiro Escribinte do C.A.S.T.A.

Xulgado en Ferrol por sedición (causa instruída contra o persoal do semanario "Renovación") e adhesión á rebelión co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa

Home de 21 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 28 anos, Chofer
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Doniños-Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Preso en San Simón, batallón de traballadores 21 en León.Tiña causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas) en Ferrol, co resultado de sobresemento provisional

Home de 34 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ Castiñeiras 7-1º, A Coruña

Inculpado en causa militar en Ferrol

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Santamariña-Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Fogoneiro Do Cuartel de Mariñaría do Arsenal

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentencia 3 anos de prisión militar menor

Home
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Menor de idade, pode que 13 anos

Nun contexto de persecución e mortes na súa familia, desaparece en 1936. Segundo rumores, nunca concluíntes, chegados á familia, semella que foi levado a Lugo onde morreu.

Home de 46 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: San Xurxo da Mariña-Serantes, Ferrol (A Coruña)
Fogoneiro preferente do "Jaime I"

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 24 anos, Mineiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Turón-Mieres
PCE

Voluntario no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home, Fogoneiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
UGT

Inculpado en dúas causas militares en Ferrol sendo posto en liberdade

Home de 17 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
JJ.LL.
Morto o 15 de agosto de 1936

Morte a consecuencia de ser pasado polas armas en Ferrol.

Home de 44 anos, Industrial
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
Morto o 11 de outubro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 27 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)

Preso en Kreims-Gneixendorf. Deportado a Mauthausen en decembro do 1941. Liberado en maio do 1945. Sobrevivinte

Home de 37 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Auxiliar Segundo de Artillaría

Xulgado en Ferrol por neglixencia (quedar na casa cando comezou o Golpe) co resultado de ser separado do servizo

Home de 27 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño fogoneiro

Xulgado en Ferrol por rebelión (contra varios oficias de mariña que estaban na academia de maquinistas do Arsenal) co resultado sentencia prisión 6 anos. Conmutada por 4 anos 1 día de prisión militar menor. Liberdade en 1950

Home de 43 anos, Celador/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ K, 2º. Xixón
Celador portuario retirado

Mobilizado para cumprir distintos servizos civís en Asturias. Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional e posto en liberdade.

Home de 55 anos, Pintor
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ Iglesias nº 164 baixo, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo finalmente posto en liberdade

Home de 33 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo fogoneiro do "España"
Morto o 02 de febreiro de 1938

Xulgado en varias causas en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte tras un tiroteo en Esmelle-Serantes-Ferrol, de madrugada. Semella que feríu a un garda.

Home de 36 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Cartaxena
Auxiliar 2º de máquinas do submariño B-6
Morto o 03 de novembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 42 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/Sanjurjo Badía 6, 2º-Vigo, Vigo
Mariño. Auxiliar de máquinas e graduado de alférez de fragata

Xulgado en Ferrol por frases subversivas co resultado de sentencia absolución. Informe de desafección ao Réxime en previsión de inicio dun procedemento gobernativo

Home de 24 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (non se presentar a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 53 anos, Maquinista naval
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Concepción Arenal, Ferrol (A Coruña)
Maquinista da Armada retirado
Morto o 24 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Laraxe-Cabanas feridas recibidas "por intento de fuga" cando era conducido pola forza pública

Home de 37 anos, Mecánico
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos
Concelleiro
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 22 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)

Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Concesión da prisión atenuada o 30-11-1940.

A Navalla Suíza