Home, Obreiro/a
Veciñanza: Portocamba, Castrelo do Val
Natural de Portugal. Obreiro do Ferrocarril
Morto o 21 de agosto de 1936
Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Paseado en Portocamba sen rexistrarse documentalmente a súa morte.
Home de 36 anos, Veterinario
Natural de Maceda (Ourense)
Veciñanza: Maceda, Maceda (Ourense)
PCE, Presidente da Federación Provincial Agraria
Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Morte sen rexistro documental.
Home de 29 anos, Varredor/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: R/ Orillamar, A Coruña
Un día sen determinar de 1936, recibe unha citación para presentarse co cuartel da Garda Civil, faino e ao día seguinte xa desaparecera. Un oficial da Garda Civil, amigo da infancia, confirmoulle a súa muller o seu paseo.
Home
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Detido e asasiñado xunto con outros dous homes agochados no faiado da súa casa.
Home
Morto o 13 de agosto de 1936
Detido pola Garda Civil e morto. Lugar do suceso Cedeira.
Home, Canteiro/a
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
Morto o 30 de novembro de 1937
Loita como miliciano no BON 219 do exército republicano. Dase por paseado no Porto do Acevo na Fonsagrada.
Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Campo Lameiro
PSOE
Morto o 15 de agosto de 1936
Agochado, foi delatado. É detido e asasinado pola Garda Civil en Campo Lameiro no verán de 1936.
Home de 50 anos, Funcionario municipal
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Cruz do Incio, O Incio (Lugo)
Oficial do Concello
Morto o 28 de setembro de 1936
Desaparecido da súa casa o 28-9-1936. Inscrita a súa desaparición o 10-10-1938 no Rexistro Civil de Defuncións do Xulgado Municipal do Incio.
Home, Canteiro/a
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Soutelo de Montes, Forcarei (Pontevedra)
UGT, Sociedade de Labregos e Oficios Varios "La Unión Redentora" de Soutelo. Labor sindical en Madrid
Desaparición en Madrid finalizada a Guerra.
Home de 21 anos, Canteiro/a
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Darbo, Cangas (Pontevedra)
JSU
En causa militar aberta é dado por desaparecido nun traslado. Semella que puido ser paseado ou, incluso,sobrevivir ao paseo, fuxir e acabar sendo asasinado na lexión.
Home, Profesor/a
Veciñanza: A Coruña
PG, Profesor na Escola de traballo. Un dos responsables de A Nosa Terra
Morto o 21 de maio de 1937
Mobilizado polo exército franquista en Asturias e semella que morte en estranas circunstancias
Home, Catedrático/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Valladolid
IR, Catedrático no Instituto de Astorga. Concelleiro en Valladolid
Morto o 19 de setembro de 1936
Trasládase a Vigo para apoiar ao seu Irmán Luis na causa militar aberta contra este. Tras ser sobresido Luis, decide volver a Astorga. Detido e trasladado á prisión en León. Sacado da prisión e morto e desaparecido nun traslado, na estrada Astorga-León.
Home
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT
Home
Morto o 01 de setembro de 1936
Morte, sen rexistro documental, en San Xián-O Rosal.
Home de 33 anos, Fogoneiro
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña
Fogoneiro do peirao de transatlánticos
Morto o 28 de setembro de 1936
Lesións por feridas de arma de fogo en feitos acaecidos na Palloza-A Coruña o 20-07-1936. Levado ao Hospital, de onde sae recuperado para o Cuartel de Seguridade de Santiago de Compostela, de onde desaparece o 28-09-1936.
Home, Xornaleiro
Veciñanza: A Rúa
Morte tras estar fuxido e declarado en rebeldía.
Home de 29 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu
UGT, Presidente do Sindicato Metalúrxico de Bueu
Morto o 22 de maio de 1938
Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Morte na fuga do Forte de S. Cristobal-Berrioplano-Navarra. Non aparece o seu lugar de soterramento.
Home, Metalúrxico
Veciñanza: O Pino, Pontevedra
PSOE e SRI, Directivo do PSOE. Secretario da Sociedade de Metalúrxicos.Presidente JSU
Morto o 04 de setembro de 1936
Fuxido e agochado en Paredes e Santo Adrian de Cobres. Detención, torturas e morte no cemiterio de Bora.
Home de 22 anos
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
CNT, Mariño de reemprazo. Do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos
Morto o 13 de agosto de 1936
Detido o 12 de agosto do 1936 e paseado ao día seguinte en Guitiriz , segundo declara o seu pai en proceso militar por deserción (realmente o feito semella que tivo lugar na Reborica-Aranga). Non se admite a testemuña do pai e será declarado en rebeldía.