Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 37 anos, Peón
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
CNT, Socio de Germinal. Sindicato de Redeiros e antes do de peóns.
Morto o 09 de agosto de 1936

Rexistrado morto en A Coruña a causa de execución. Lugar de aparición do cadáver: A Coruña

Home de 26 anos, Mecánico naval
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: Fisterra, Fisterra
UGT, Sndicato de OOVV de Fisterra

Preso en Corcubión e multado con 250 ptas en 08/36. Xulgado en Ferrol por fuga co resultado de ser declarado en rebeldía. Loita en Asturias, exilio en Francia e EEUU

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: Fisterra, Fisterra
UGT, Sociedade de Oficios Varios

Xulgado en Ferrol co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido. Previamente fora detido e torturado, conseguindo fugarse.

Home
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: Fisterra, Fisterra

Mobilizado polo exército golpista, pásase ao bando republicano. Ao remate da guerra preso no Campo de Concentración de Zaragoza. Xulgado co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Home de 29 anos, Panadeiro/a
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: Corcubión, Corcubión

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento

Home de 36 anos
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: Fisterra
Morto o 04 de febreiro de 1942

Fuxe e loita co exército republicano. Inernado en Argelés sur Mer durante 1939. Loita contra os nazis e ereso en Krems-Gneixendorf. Deportado a Mauthausen en xaneiro do 1941. Trasladado a Gusen en abril do 41, onde morre

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: San Vicente de la Barquera

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 27 anos, Barbeiro
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: A Coruña
CNT, Do Sindicato de barbeiros e perruqueiros.
Morto o 09 de outubro de 1937

Xulgado na Coruña co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 35 anos, Odontólogo
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: R/ Uruguay, 33, Vigo
Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Tomiño a causa de disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en Padrón-Tebra.

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Fisterra ()
Veciñanza: Fisterra

Inculpado en causa militar en Ferrol por adhesión á rebelión sendo posto en liberdade sen cargos

A Navalla Suíza