Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 31 anos, Médico/a
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
IR
Morto o 14 de agosto de 1936

Rexistrado en Palas de Rei morto a causa de "disparos". Lugar de aparición do cadáver: beira da estrada proximidades do lugar de Saá-Meixide-Palas de Rei

Home de 31 anos, Carpinteiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rianxo (A Coruña)
Afiliado ao Sindicato "Despertar Marítimo"

Xulgado por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Ourolo-Taragoña, Rianxo (A Coruña)
Morto o 08 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Bealo-Boiro, a causa de hemorraxia interna producida por arma de fogo. Xulgado en Ferrol por deserción en proceso incoado o 23-7-1937 co resultado de sobresemento por morte.

Home
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Madrid

Trala caída de Barcelona, nun campo de refuxiados en Franza. Pasa por diferentes cidades europeas e remata vivindo en Bos Aires.

Home de 40 anos, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos

Causa instruída en Ferrol por rebelión militar (fuxida dos vapores "Soledad Yáñez" e "Magdalena Vinaches") co resultado sobresemento

Home de 42 anos, Mariño
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa
Mariño mercante.

Combate no exército republicano. Foxe a Holanda, onde pasa boa parte do tempo nun hospital operado de cancro. Cando volta é detido e inculpado en causa militar instruída en Ferrol, posto en liberdade co resultado de sobresemento das actuacións.

Home de 37 anos, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rianxo, Rianxo (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: A Cruz-Rianxo, Rianxo (A Coruña)

Combateu no exército republicano. Capturado, clasificado desafecto, ábreselle causa 339/40. Tiña tamén causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) na que fora declarado fuxido e en rebeldía

Home de 27 anos
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rianxo, Rianxo (A Coruña)

Preso en Cuatro Torres dende o 18/09/36 procedente da Base Naval de Baelares. Campo de concentración de Santoña. Tiña causa aberta por deserción en Ferrol (1937) na que fora declarado en rebeldía

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Taragoña, Rianxo (A Coruña)
Morto o 12 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Rianxo a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Asados.

Home de 20 anos
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rianxo, Rianxo (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Contramestre do "Virgen del Carmen".

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 34 anos, Xornaleiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Marín
Morto o 31 de decembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra, rexistrándose a causa da súa morte como hemorraxia interna.

Home de 45 anos, Mestre/a
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rianxo (A Coruña)
PG
Morto o 23 de abril de 1937

Suicidio por disparo na tempa caixa de cadeas do "Bou Eva", cando era acosado mentres intentaba fuxir xunto con outros

Home de 29 anos
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rianxo, Rianxo (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 46 anos, Xornaleiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Vento-Cea-Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa
CNT, Directivo do Sindicato Campesiño de Cea
Morto o 01 de outubro de 1936

Rexistrado morto en Vilagarcía de Arousa a causa de ferida de arma de fogo. Lugar de Aparición do Cadáver: Piñeiro-Sobrán-Vilagarcía de Arousa. Ferido e morto nun traslado da Garda Civil

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Pazó-Rianxo, Rianxo (A Coruña)
Morto o 23 de abril de 1937

Suicidio por disparo na tempa caixa de cadeas do "Bou Eva", cando era acosado mentres tentaba fuxir xunto con outros

Home de 27 anos, Muiñeiro/a
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Bouza-Vilaxoan-Vilanova de Arousa, Vilanova de Arousa

Agochado dende 1936. Presentouse en novembro do 1938. A disposición dun batallón disciplinario. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado sentencia prisión 6 anos. Preso na Escolleira e indultado.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Taragoña, Rianxo (A Coruña)
CNT

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo. Fixo a guerra no exército republicano. Capturado e preso no campo de concentración de Miranda do Ebro. Batallón de Traballadores 77.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Brión, Boiro
Servizo militar na Armada
Morto o 21 de novembro de 1940

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. O seu buque ficou leal ao goberno republicano e combate contra o exército sublevado. En 1939 está no campo de concentración de Rota. Xulgado en San Fernando co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no penal de Caserío de Ossio ás 7 horas.

Home de 33 anos, Obreiro/a
Natural de Rianxo (A Coruña)
Veciñanza: Vigo
Alcalde de barrio

Xulgado en Vigo. Descoñecemos a sentenza.

Home, Mariñeiro
Natural de Rianxo (A Coruña)
Fogoneiro

Inculpado en causa militar en Ferrol por traizón

A Navalla Suíza