Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 17 anos, Estudante
Veciñanza: Betanzos

Advertida a familia dunha tentativa de asasinato é enviado a Cuba onde vive como exiliado. O seu pai, Antonio Abarrategui Paradela e o seu tío Ricardo Bonome Seoane tamén vítimas

Home de 43 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)

Aldraxado publicamente ao ser obrigado a levar pola rúa un letreiro que puña "muera Rusia" e "Arriba España". Detido no cuartel das Garda civil, onde recibe malleiras.

Muller
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Rapada. Ao día seguinte foi obrigada a sacar o pano co que cubría a súa cabeza.

Home
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Cos seus irmáns en prisión e a súa irmá rapada él fuxe e permanece agochado.

Muller de 50 anos, Labrego/a
Natural de Cervantes (Lugo)
Veciñanza: San Miguel de Cervantes, Cervantes (Lugo)

Sufiru requisas, logo foi detida. Incorporouse á partida do seu fillo Abelardo. Detida e ingresada no Campo de concentración de Figueres e, finalmente, exilio en Francia en 1940

Muller
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)

Fixida temporalmente ao monte para evitar ser pelada. O seu marido, José Queiruga Carou, aldraxado e sometido a castigos corporais e os seus fillos, Francisco e José, condados a cadea perpetua

Muller, Mestre/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Esteiro, Muros

Será sancionada polas autoridades franquistas pero sen estar ela presente, xa que desapareceu do seu lugar de residencia. Fuxida e finalmente exilio en México.

Home de 57 anos
Natural de A Fonsagrada (Lugo)
Veciñanza: A Fonsagrada (Lugo)
IR

Malleira e amenazas ca fin de atemorizalo.

Home, Mestre/a
Veciñanza: A Seca-Mourente, Pontevedra
PG

Fuxido. Logra chegar a Portugal disfrazado de mendigo. Exilio en Cuba.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Estivo na Lexión, chegando a cabo, pero cun nome falso: Julio Díaz López.
Morto o 04 de decembro de 1937

Detido en setembro do 37. Procesado en causa militar en Ferrol por detención ilegal e suplantación da autoridade. Enviado ao hospital de Mariña en novembro. Morto en decembro por infección de feridas de arma de fogo.

Home
Natural de Vigo (Pontevedra)

Tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros para o seu destino a un batallón de traballadores.

Muller
Veciñanza: A Veiga-Breamo, Pontedeume

Detida e torturada pola Garda Civil para saber do paradoiro do seu home, Manuel Salido Seco, fuxido

Home, Industrial
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Encausado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo

Home de 30 anos, Obreiro naval
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
PSOE e UGT

Ferido nos sucesos provocados polo golpe de Estado en Vigo (Porta do Sol) e despois agochado nunha casa particular.

Muller
Veciñanza: Pontedeume

Infórmase en causa militar aberta en 1939 contra o seu marido Andrés Debei Vázquez, da súa fuxida en 1936 en compaña da súa irmá María e o seu irmán Juan

Muller
Veciñanza: Pontedeume

Infórmase en causa militar aberta en 1939 contra o seu cuñado, da súa fuxida en 1936 en compaña dos seus irmáns

Home, Obreiro naval
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Dirixente sindical na Constructora Naval

Infórmase nunha causa militar de que está fuxido e en paradoiro descoñecido

Home
Natural de A Coruña (A Coruña)

Tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros para o seu destino nun batallón de traballadores

Home de 36 anos, Militar
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
Mariño. Oficial 3º Radiotelegrafista. Subsecretario de Mariña e Aire no Goberno Republicano

A primeiros de febreiro do 39 exiliouse por Port Bou. Varios meses ingresado no campo de Argeles-sur-mer e logo en Marsella. En 1941 exilio americano: México.

Home, Veterinario
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Becerreá, Becerreá (Lugo)
IR, Directivo de IR

Fuxido e agochado en varias casas de toda a provincia

Home
Veciñanza: Ponteareas
Concelleiro

Fuxe de Galicia e, en 1939, atópase en Barcelona, de onde recibe axudas dende Bos Aires para poder sobrevivir

Home
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)

Detido en Vigo, onde enferma. Mobilizado pola forza co exército franquista. Morte nun hospital na fronte de guerra.

Home
Natural de As Nogais (Lugo)
Veciñanza: As Nogais (Lugo)

Sabénndose en perigo fuxe co seu irmán e agóchase en varias casas e finalmente no domicilio paterno. En represalias deteñen ao seu pai.

Home, Chofer
Natural de As Nogais (Lugo)
Veciñanza: As Nogais (Lugo)
Conducía unha camioneta nas minas de Ponferrada

Sabénndose en perigo fuxe co seu irmán e agóchase en varias casas e finalmente no domicilio paterno. En represalias deteñen ao seu pai.

Home, Estudante
Natural de A Pontenova (Lugo)
Veciñanza: Figueirúa, A Pontenova (Lugo)
IR

Agochado na casa tralo golpe e a detención do seu pai. Despois entrégase e é obrigado a ir á guerra.

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
IR, Mestre no Pósito de mariñeiros de Cangas

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo. Preso na Illa de San Simón e nun campo de refuxiados en Franza. Exíliase en México.

Home
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Sabéndose en perigo fuxe e agóchase na Illa de Cortegada.

Home de 23 anos, Artista
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Madrid (mentres estudaba Belas Artes), de Cangas
Bolseiro da Deputación para cursar Belas Artes en Madrid

Fai a guerra no exército republicano. Ao remate da guerra, marcha a Franza, onde está nun campo de refuxiados, tras sair acaba emprendendo o exilio cara a Santo Domingo e finalmente en Porto Rico.

Home, Mestre/a
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Lugo (Lugo)
UGT, De FETE-UGT e do PSOE

Agochado no monte e fuxido. Sanción en ausencia por responsabilidades políticas. Exilio en Cuba. Volta en 1958

Home, Canteiro/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)
CNT

Loitou no exército repulicano. Ao remate da guerra volta a Cerdedo, onde é perseguido e torturado.

Muller
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo, Cerdedo (Pontevedra)

Perseguida e maltratada. A súa familia ten que marchar de Cerdedo ao quitárenlles a farmacia que levaban.

Home, Comerciante
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Castro, Cerdedo (Pontevedra)
IR, Presidente de IR .Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro

Fuxido no monte, marcha a Cuba e logo Bos Aires a través de Vilagarcía. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.

Home
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de Cuba

Agochado na casa dun amigo. Posteriormente na fronte de guerra, onde cae enfermo e morre

Home de 27 anos
Natural de Porto do Son (A Coruña)

Tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros

Muller de 15 anos
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña (Pontevedra)

Ademais de vivir a morte do seu pai e sofrer constantes rexistros na casa, é levada polos represores que chegan a ameazala co paseo.

Home, Industrial
Veciñanza: Cerdedo, Cerdedo (Pontevedra)
Propietario dunha serraría

Sofreu maltratos por parte dos falanxistas.

Home, Canteiro/a
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
Anarquista

Fuxido no monte, pasa á zona republicana a través de Portugal e combate no exército republicano. Marcha a Francia ao rematar a guerra, sendo internado no campo de concentración de Tarne et Garonne.

Home
Natural de Forcarei (Pontevedra)

Loita no exército republicano e ao remate da guerra internado no campo de concentración de Barcares-Francia

Home
Natural de Lugo (Lugo)

Tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros para o seu destino nun batallón de traballadores

Home, Mestre/a
Veciñanza: Negreira
IR

Agochado na casa dun veciño. Marcha a México.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Pedre, Cerdedo (Pontevedra)
CNT

Preso en Lugo despois da guerra. Fúgase do cárcere e é perseguido.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)
CNT

Loitou no exército republicano. Ao remate da guerra detido no cárcere de Lugo, de onde se fuga.

Home, Chofer
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Chofer do banqueiro Olimpio Pérez

Ao ser sogro de Marcial Villamor, ao que están buscando, é detido e sacado de casa en roupa interior. Sen embargo será inmediatamente posto en liberdade pola mediación do seu xefe Olimpio Pérez.

Home
Veciñanza: Pedercanai, Barro

Fuxido e integrado no exército republicano. Tras a guerra vai a Francia e e ingresado nun campo. Finalmente exilio en Arxentina. A súa fuxida provoca adetención do seu pai e da súa irmá

Home, Mestre/a
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: A Guarda, A Guarda
PG, Secretario do PG da Guarda

Fuxido e agochado na casa de Manuel García Barros "Ken Keirades". Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936.

Home de 42 anos, Propietario/a
Natural de Ribadumia (Pontevedra)
Veciñanza: Barrantes, Ribadumia (Pontevedra)
IR, Cursou estudos de dereito en Compostela sen rematar a carreira. Xuíz de Paz en Barrantes e secretario de "Izquierda Republicana" en Ribadumia

Tras eludir una tentativa de dención no seu domicilio, logra embarcarse dende Vilagarcía rumbo a Bos Aires e dende aí pasou a Francia. Voltou a Madrid, ainda co goberno republicano, para ser intervido dun cancro e volta a Francia. Xa moi enfermo e, a través da Cruz Vermella Internacional, pode voltar a súa casa en Barrantes, morrendo ao pouco tempo o 08-09-1938. A súa muller, Carmen Carbó Velilla, foi depurada no seu posto de mestra.

Home, Militar
Natural de Tui (Pontevedra)
Tenente de Aviación

Preso nun campo de concentración

Home de 18 anos, Mecánico
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
JJ.LL.

Mobilizado no exército sublevado. Prisioneiro do exército republicano, no que ingresa por conviccións. Ao remate da guerra recluído en varios campos de concentración e, finalmente, obrigado a facer de novo o servizo militar.

Home, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)
CNT, Afiliado ao Sindicato "El Despertar"

Traballa en varios barcos ao servizo da República. Ao remate da guerra, refuxiado no campo de Beziers e exiliado en Francia

A Navalla Suíza