Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
Combateu no exército republicano, ferido de guerra en Málaga pasa ao bando sublevado. Campo de Viator (Almería). Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) sentencia prisión menor 1 ano
Home de 27 anos
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Carballal-Marín-Marín, Marín (Pontevedra)
Causa aberta en Ferrol por deserción (os que non se presentaron a filas do reemprazo de 1930 do trozo de Marín) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía
Home de 25 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Loira-Marín, Marín (Pontevedra)
Fuxido a Leixoes-Portugal, detido e enviado de volta. Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 8 anos en 1940 e liberdade condicional en 1941
Home, Mariñeiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisional. Incorporado ao Rexemento de Infantería Zamora nº 29.
Home de 26 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Pasaia
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e declarado inútil total. Por esta razón tan só pasará 1 mes nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.
Home de 21 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Montecelo, Marín (Pontevedra)
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Serve na mariña republicana e posteriormente pasa a Francia. é levado ao campo de exterminio de Gusen sen deixar rastro. Posiblemente morto xunto co seu irmán Gerardo, cuxa traxectoria é idéntica. A súa nai semella que morreu a resultas das súas desaparicións.
Home de 21 anos, Militar
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Pontecesures, Pontecesures
Mariño. Fogoneiro da dotación do "Jaime I"
Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo do 1936 trozo de Marín) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Capturado e xulgado en Cartaxena por adhesión á rebelión (causa 74/42)
Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Ardán-Marín, Marín (Pontevedra)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido. Capturado e xulgado en Xaén co resultado de absolución.
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Pasaxes
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Foxe a Francia e ingresa nun campo. Logo regresa a Barcelona. Prisioneiro e retómase o proceso aberto en Ferrol co resultado de sentenza a prisión 1 ano.
Home de 24 anos, Militar
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Salcedo, Pontevedra (Pontevedra)
Mariño de reemprazo no "Lepanto". Peón de profesión
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo. Combateu na armada republicana. Refuxiado en Bizerta, preso no campo de concentración de Rota e batallón de traballadores nº 9. Licenciado no 1940.
Home de 37 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Causa instruída en Ferrol por rebelión militar (desaparición da lancha a motor "Generosita" de Cedeira) co resultado sentencia prisión 20 anos. Condicional en novembro do 1941 e licenciamento definitivo e liberdade en xaneiro do 1944
Home de 27 anos
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por rebelión militar (desaparición da lancha a motor "Generosita" de Cedeira e suposta rebelión) co resultado sentencia cadea perpetua. Conmutación por 6 anos en xaneiro do 40 e condicional en novembro do mesmo ano
Home de 31 anos
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: San Román-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por rebelión militar (desaparición da lancha a motor "Generosita" de Cedeira e suposta rebelión) co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 4 anos en xaneiro do 40 e condicional en outubro do mesmo ano
Home de 27 anos, Fogoneiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Bilbao
Leva residindo en Bilbao dende 1932 (antes veciño de Hío-Cangas).
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana. Preso, campo de concentración en Lleida e Batallón de traballadores 178.
Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cervo-Cedeira, Cedeira (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por rebelión militar (desaparición da lancha a motor "Generosita" de Cedeira e suposta rebelión) co resultado sentencia prisión 12 anos. Conmutación por 6 anos en maio do 40 e condicional en outubro do mesmo ano
Home de 23 anos, Militar
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Mariño no Arsenal de Ferrol
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado sentencia prisión 1 ano
Home de 22 anos, Dependente
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu, Bueu (Pontevedra)
Fixo a guerra na zona republicana. Declarado inútil total por tuberculose avanzada. Xulgado en Málaga e absolto. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) na que fora declarado fuxido e en rebeldía