Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 21 anos, Labrego/a
Natural de Cervantes (Lugo)
Veciñanza: Cervantes (Lugo)
Morto o 11 de xullo de 1938

Tras estar fuxido e declarado en rebeldía, é detido en maio de 1938. Morte na cadea a causa de tuberculose

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1938

Tras estar fuxido e declarado en rebeldía. Detención e morte rexistrada na cadea pública de Compostela a causa de tuberculose pulmonar.

Home de 44 anos, Canteiro/a
Natural de A Pobra de Trives (Ourense)
Veciñanza: Pena Folenche, A Pobra de Trives (Ourense)
Morto o 01 de outubro de 1938

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido. Morte rexistrada no Agro de Sas-Pena Folenche-Trives a causa de feridas de arma de fogo

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilaxoan, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 11 de novembro de 1938

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Desaparecido do seu domicilio dende os primeiros días, será atopado e abatido en enfrontamento. Rexistrado morto en Vilanova de Arousa a causa de "Acción de guerra". Lugar de aparición do cadáver: Caleiro-Vilanova de Arousa.

Home de 23 anos, Barbeiro
Natural de Castrelo de Miño (Ourense)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 19 de xaneiro de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento. Morte rexistrada a causa de hemorraxia cerebral. Aparición do cadáver no seu domicilio en Sello-Cabral (Vigo). Barállase un posible suicidio.

Home de 35 anos, Obreiro/a
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
PSOE, Directivo do PSOE
Morto o 02 de marzo de 1939

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido, detido, ingresado en prisión e morte por tuberculose no Hospital Cívico-Militar de Lugo en 1939.

Home de 21 anos, Labrego
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Vilarrube, Valdoviño
Morto o 20 de marzo de 1939

Procesado en varias causas militares por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte pola Garda Civil, formando parte dunha partida de fuxidos

Home de 27 anos, Chofer
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
CNT, Dirixente do Sindicato Metalúrxico e Secretario do Sindicato de Oficios Varios. Natural de Huelva
Morto o 03 de abril de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Foi acurralado pola garda civil nun domicilio particular, pegándose un tiro. Rexistrado en Vigo morto a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Toural-Teis-Vigo.

Home de 24 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
CNT, Do Sindicato metalúrxico
Morto o 04 de abril de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Morte en Vigo, ás 8, xunto a outro compañeiro, en acción de partidas de fuxidos. Aparición do cadáver en Moledo-Sárdoma.

Home de 25 anos, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Morto o 18 de xullo de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e agochado. Finalmente morte a causa de tuberculose en 1939 na súa casa, onde os falanxistas facían vixianza na porta.

Home de 20 anos, Mineiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Vieiro, Viveiro (Lugo)
Morto o 27 de xullo de 1939

Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Tras estar fuxido, en 1939, entrégase enfermo de bronconeumonía, producíndose a súa morte no Hospital de Lugo.

Home de 32 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Cabral, Vigo (Pontevedra)
Morto o 15 de outubro de 1939

Xulgado en varias causas co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e morte rexistrada a causa de hemorraxia e destrución da masa cerebral. Aparición do cadáver en A Millarada-Vilar de Enfesta-Redondela.

Home de 56 anos
Natural de Carballedo (Lugo)
Veciñanza: Carballedo (Lugo)
Morto o 13 de xaneiro de 1940

Xulgado por integrar unha partida de fuxidos. Suspéndense as actuacións pola súa morte a causa de disparos de arma de fogo.

Home de 20 anos, Militar
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Lagoa-Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Mariño do Jaime I
Morto o 29 de outubro de 1941

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Detido, retómase o proceso co resultado de sobresemento por morte na cadea no Hospital de San Carlos-San Fernando-Cádiz.

Home de 28 anos
Natural de Chantada (Lugo)
Veciñanza: Chantada (Lugo)
Morto o 07 de febreiro de 1942

Xulgado por integrar unha partida de fuxidos e declarado en rebeldía. Morte a causa de feridas por bomba de man, na liña de ferrocarríl Monforte-Vigo, na Peroxa.

Home de 39 anos, Electricista
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Morto o 14 de agosto de 1945

Xulgado en Vigo en diversas causas e declarado en rebeldía. Morte, tras levar anos fuxido, en enfrontamento coa Garda Civil en Mos.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Ares
Morto o 19 de maio de 1947

Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento provisional. En 1945, procesado en Ferrol por encubridor de rebelión, non chega ao Consello de Guerra por grave enfermidade. Morte de tuberculose.

A Navalla Suíza