Home de 43 anos, Zapateiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)
Aldraxado publicamente ao ser obrigado a levar pola rúa un letreiro que puña "muera Rusia" e "Arriba España". Detido no cuartel das Garda civil, onde recibe malleiras.
Muller
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Rapada. Ao día seguinte foi obrigada a sacar o pano co que cubría a súa cabeza.
Home
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Cos seus irmáns en prisión e a súa irmá rapada él fuxe e permanece agochado.
Muller
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)
Fixida temporalmente ao monte para evitar ser pelada. O seu marido, José Queiruga Carou, aldraxado e sometido a castigos corporais e os seus fillos, Francisco e José, condados a cadea perpetua
Muller, Mestre/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Esteiro, Muros
Será sancionada polas autoridades franquistas pero sen estar ela presente, xa que desapareceu do seu lugar de residencia. Fuxida e finalmente exilio en México.
Home de 57 anos
Natural de A Fonsagrada (Lugo)
Veciñanza: A Fonsagrada (Lugo)
IR
Malleira e amenazas ca fin de atemorizalo.
Home, Mestre/a
Veciñanza: A Seca-Mourente, Pontevedra
PG
Fuxido. Logra chegar a Portugal disfrazado de mendigo. Exilio en Cuba.
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Estivo na Lexión, chegando a cabo, pero cun nome falso: Julio Díaz López.
Morto o 04 de decembro de 1937
Detido en setembro do 37. Procesado en causa militar en Ferrol por detención ilegal e suplantación da autoridade. Enviado ao hospital de Mariña en novembro. Morto en decembro por infección de feridas de arma de fogo.
Muller
Veciñanza: A Veiga-Breamo, Pontedeume
Detida e torturada pola Garda Civil para saber do paradoiro do seu home, Manuel Salido Seco, fuxido
Home, Industrial
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Encausado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo
Home de 30 anos, Obreiro naval
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
PSOE e UGT
Ferido nos sucesos provocados polo golpe de Estado en Vigo (Porta do Sol) e despois agochado nunha casa particular.
Muller
Veciñanza: Pontedeume
Infórmase en causa militar aberta en 1939 contra o seu marido Andrés Debei Vázquez, da súa fuxida en 1936 en compaña da súa irmá María e o seu irmán Juan
Muller
Veciñanza: Pontedeume
Infórmase en causa militar aberta en 1939 contra o seu cuñado, da súa fuxida en 1936 en compaña dos seus irmáns
Home, Obreiro naval
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Dirixente sindical na Constructora Naval
Infórmase nunha causa militar de que está fuxido e en paradoiro descoñecido
Home de 36 anos, Militar
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
Mariño. Oficial 3º Radiotelegrafista. Subsecretario de Mariña e Aire no Goberno Republicano
A primeiros de febreiro do 39 exiliouse por Port Bou. Varios meses ingresado no campo de Argeles-sur-mer e logo en Marsella. En 1941 exilio americano: México.
Home, Veterinario
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Becerreá, Becerreá (Lugo)
IR, Directivo de IR
Fuxido e agochado en varias casas de toda a provincia
Home
Veciñanza: Ponteareas
Concelleiro
Fuxe de Galicia e, en 1939, atópase en Barcelona, de onde recibe axudas dende Bos Aires para poder sobrevivir
Home, Estudante
Natural de A Pontenova (Lugo)
Veciñanza: Figueirúa, A Pontenova (Lugo)
IR
Agochado na casa tralo golpe e a detención do seu pai. Despois entrégase e é obrigado a ir á guerra.
Home
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Sabéndose en perigo fuxe e agóchase na Illa de Cortegada.
Home de 23 anos, Artista
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Madrid (mentres estudaba Belas Artes), de Cangas
Bolseiro da Deputación para cursar Belas Artes en Madrid
Fai a guerra no exército republicano. Ao remate da guerra, marcha a Franza, onde está nun campo de refuxiados, tras sair acaba emprendendo o exilio cara a Santo Domingo e finalmente en Porto Rico.
Home, Canteiro/a
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)
CNT
Loitou no exército repulicano. Ao remate da guerra volta a Cerdedo, onde é perseguido e torturado.
Home, Comerciante
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Castro, Cerdedo (Pontevedra)
IR, Presidente de IR .Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro
Fuxido no monte, marcha a Cuba e logo Bos Aires a través de Vilagarcía. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.
Home de 27 anos
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros
Home, Industrial
Veciñanza: Cerdedo, Cerdedo (Pontevedra)
Propietario dunha serraría
Sofreu maltratos por parte dos falanxistas.
Home, Canteiro/a
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
Anarquista
Fuxido no monte, pasa á zona republicana a través de Portugal e combate no exército republicano. Marcha a Francia ao rematar a guerra, sendo internado no campo de concentración de Tarne et Garonne.
Torturado.
Home, Chofer
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Chofer do banqueiro Olimpio Pérez
Ao ser sogro de Marcial Villamor, ao que están buscando, é detido e sacado de casa en roupa interior. Sen embargo será inmediatamente posto en liberdade pola mediación do seu xefe Olimpio Pérez.
Home de 42 anos, Propietario/a
Natural de Ribadumia (Pontevedra)
Veciñanza: Barrantes, Ribadumia (Pontevedra)
IR, Cursou estudos de dereito en Compostela sen rematar a carreira. Xuíz de Paz en Barrantes e secretario de "Izquierda Republicana" en Ribadumia
Tras eludir una tentativa de dención no seu domicilio, logra embarcarse dende Vilagarcía rumbo a Bos Aires e dende aí pasou a Francia. Voltou a Madrid, ainda co goberno republicano, para ser intervido dun cancro e volta a Francia. Xa moi enfermo e, a través da Cruz Vermella Internacional, pode voltar a súa casa en Barrantes, morrendo ao pouco tempo o 08-09-1938. A súa muller, Carmen Carbó Velilla, foi depurada no seu posto de mestra.