Páxina 1 de 1
Home de 23 anos, Funcionario/a
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Xubiño-Combarro-Poio, Poio (Pontevedra)
Xardiñeiro do Concello de Pontevedra
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Previamente suspendido de emprego e soldo e destituído do seu posto no Concello.
Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Teinogueira-Samieira, Poio (Pontevedra)
Fuxido. Loitou no exército republicano. Prisioneiro de guerra e integrado no batallon de traballadores 129. En 1938 entra en prisión en Pontevedra. Retómase o seu proceso. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento
Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Arén-Samieira, Poio (Pontevedra)
Engraxador do "Mar Cantábrico". Comité Unificado de "La Naval"-UGT e CNT-
Morto o 13 de decembro de 1940
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua. Morto no hospital militar.
Home, Camareiro marítimo
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Samieira, Poio (Pontevedra)
Declarado desertor e fuxido en causa militar en Ferrol. Prisioneiro de guerra. Xulgado nas Palmas (Canarias) co resultado de sentenza a prisión correccional 1 ano
Home de 21 anos, Panadeiro/a
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Albar, Poio (Pontevedra)
Morto o 11 de maio de 1937
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo, ás 6, nas tapias do cuartel da Garda Civil.
Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Teinogueira-Samieira, Poio (Pontevedra)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castifado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.
Home de 30 anos, Médico/a
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Combarro, Poio (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Semella que estivo detido uns meses e puido fuxir. Tras estar agochado, fuxe cara Portugal e, finalmente, exilio en América. En decembro de 1939, o Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas, imponlle como sanción 8 anos e 1 día de desterro a 200 Km. de pontevedra e 10.000 ptas.
Home de 27 anos, Panadeiro/a
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: San Xoán de Poio-Poio, Poio (Pontevedra)
Causa aberta en Ferrol por deserción (contra os que non se presentaron a filas do reemprazo do 1930 trozo de Sanxenxo) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía
Home de 27 anos, Camareiro marítimo
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Samieira, Poio (Pontevedra)
Tripulante do Buque Tanque "Campalans"
Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión menor 1 ano
Home de 20 anos, Ferreiro/a
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Poio (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por coacción co resultado de sobresemento provisional.
Home, Funcionario municipal
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Poio (Pontevedra)
Lider agrarista e deputado provincial
Tras salvar a vida pasa por diferentes prisións. Foi expedientado por responsabilidades políticas
Home de 23 anos, Carpinteiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Costa-Combarro-Poio, Poio (Pontevedra)
Fixo a guerra na zona republicana. Preso en La Felguera e Campo de Concentración de Corbán. Causa aberta en Ferrol por deserción (por non se presentar a filas reemprazo do 1934 trozo de Sanxenxo) co resultado sobresemento
Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Combarro-Poio, Poio (Pontevedra)
CNT, Sindicato de Mariñeiros de Combarro
Fuxido á zona republicana. Ao rematar a guerra, preso en diversos campos. Liberado sen proceso e cun salvoconducto. Causa instruída en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas do distrito de Sanxenxo). Declarado fuxido e en rebeldía
Home de 29 anos, Dependente
Natural de Ponte Caldelas (Pontevedra)
Veciñanza: Poio (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día. Posteriormente extinguida por conmutación.
Páxina 1 de 1