Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 39 anos, Mariñeiro
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Priegue, Nigrán (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 29 anos
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Chapela-Redondela, Redondela (Pontevedra)

Combateu no exército republicano. Detido en Valencia á fin da guerra. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía e finalmente absolto

Home de 38 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Maceda (Ourense)
Veciñanza: Foncuberta, Maceda (Ourense)

Xulgado en Ourense por lesións co resultado de absolución.

Home de 26 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bembribe, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución.

Home de 56 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bembribe, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 8 anos.

Home de 23 anos
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 26 anos
Natural de Muros (A Coruña)
Morto o 08 de xullo de 1941

Fuxido e loita no exército republicano. Deportado a Mauthausen en xaneiro do 1941, trasladado a Gusen en febreiro onde morre

Home de 38 anos, Carabineiro
Veciñanza: Ribadeo

Xulgado en Lugo por traizón co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)
Do "Udondo"
Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 17 anos, Albanel
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Lugo (Lugo)
CNT

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Seaia-Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulación da "Segunda Polar"

Fuxido na "Rocío", carabineiro do mar na República campos de concentración e batallóns de traballadores en Francia. Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (fuxida da motora "Rocío") prisión 12 anos e 1 día (1942) e conmutación por 8 (43)

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Mariñeiro do "Mar Cantábrico".

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 27 anos, Mecánico
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Do Sindicato Metalúrxico.

Mobilizado polo exército sublevado. Pasa ao territorio republicano. Xulgado no Campo de concentración de Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 56 anos, Empregado/a
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por reunión clandestina co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado de Orde Pública.

Home de 44 anos, Funcionario municipal
Natural de Castrelo do Val (Ourense)
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val (Ourense)
Recadador de cédulas

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 54 anos, Carpinteiro
Natural de Leiro (Ourense)
Veciñanza: Barzamedelle-Bieite, Leiro (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 20 anos e un día de prisión.

Home de 29 anos, Dependente
Natural de A Pobra de Trives (Ourense)
Veciñanza: Póboa de Trives, A Pobra de Trives (Ourense)
Morto o 27 de xaneiro de 1938

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 20 anos, Militar
Veciñanza: Oficialmente de Tánger pero destino na base naval, Ferrol (A Coruña)
Natural de Cádiz. Mariño da Armada

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión

Home de 40 anos, Vendedor/a ambulante
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: R/Bajada a la Fuente 7 2º, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por tenencia ilícita de armas co resultado de declaración en rebeldía.

Home, Artista
Veciñanza: Lugo (Lugo)
IR, Debuxante e concelleiro

Expedientado e sancionado por responsabilidades sociais e políticas.

Home de 33 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo fogoneiro do "España"
Morto o 02 de febreiro de 1938

Xulgado en varias causas en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte tras un tiroteo en Esmelle-Serantes-Ferrol, de madrugada. Semella que feríu a un garda.

Home de 30 anos, Fogoneiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro, Boiro (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento. Fixo a guerra na zona republicana. Preso en Son Catlar-Campos del Puerto-Mallorca.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Eiras, O Rosal

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 20 anos, Zapateiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Tripulante do acoirazado "España".
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 64 anos
Natural de Cidade Real
Morto o 08 de xuño de 1941

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte.

Home de 24 anos, Mariño
Veciñanza: Solveira, Viana do Bolo

Tras facer a guerra ao servizo do exército republicano, recala na URSS, acabando recluído nun Gulag. en 1954 volta repatriado no "Semíramis".

Home de 38 anos, Carpinteiro
Natural de Mos (Pontevedra)
Veciñanza: Guizán, Mos (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por excitación á rebelión co resultado de absolución.

Home
Morto o 11 de novembro de 1936

Detido na Illa do Lazareto e paseado e soterrado en Pontevedra.

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Xubia, Narón (A Coruña)
CNT
Morto o 10 de outubro de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home de 30 anos, Serrador
Natural de Lousame (A Coruña)
Veciñanza: Maxide-Lousame, Lousame (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Sentenciado a prisión 3 anos e indulto en 1940

Home, Practicante
Veciñanza: Castrelos, Vigo (Pontevedra)
Practicante nun barco

Morte por disparos nunha noite de decembro de 1936, nunha cuneta nas inmediacións da igrexa de Beade-Vigo. foi soterrado nesta parroquia. O seu fillo, Víctor Romero Pazó, fuxido é executado en 1939.

Home
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 22 anos, Soldado
Natural de Carballo (A Coruña)
Veciñanza: Carballo, Carballo (A Coruña)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 26 anos de prisión. Causa militar de 1939.

Home, Mariñeiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Tal, Muros (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Prisioneiro de guerra e castigado nun batallón de traballadores. Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sobresemento.

Home de 19 anos, Estudante
Natural de Verín (Ourense)
Veciñanza: Verín, Verín (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sobresemento e posta a disposición gobernativa.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño

Fixo a guerra no bando republicano. Bizerta-Túnez despois da guerra. Volta en 1954. Tiña causa aberta por deserción (non presentarse a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 21 anos, Labrego/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión co resultado de sentencia a prisión 15 anos e inhabilitación temporal. Conmutación a 3 anos en agosto de 1939.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
PSOE e UGT, Da "Unión de Trabajadores de las Fábricas de Conservas"

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de absolución sen cargos.

Home
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (instruída contra varios do trozo de A Pobra do Caramiñal por non se presentar a filas) declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 37 anos, Metalúrxico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Naia-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 02 de febreiro de 1937

Procesado en rebeldía en dúas causas militares que non siguen adiante por mor da súa morte. Estaba fuxido e agochado na casa da súa moza en Castrelos e foi delatado. Chegaron na súa procura gardas civís e falanxistas e ao tentar fuxir caeu nunha zanxa e alí lle dispararon. Conducido o su corpo ao cemiterio de Pereiró-Vigo, onde se rexistra a súa morte a causa de hemorraxia intratorácica.

Home de 72 anos
Natural de Málaga.
Morto o 28 de agosto de 1940

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 28-8-1940.

Home de 28 anos, Patrón de pesca
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Tiña un bar. Patrón da "Nueva Marujita"

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída pola fuga da traiñeira "Nueva Marujita" dende A Pobra do Caramiñal a Casablanca) co resultado de ser declarado rebelde, fuxido e embargo de bens.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Barcelona

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana, estivo no batallón de traballadores 76.

Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro (A Coruña)
Morto o 13 de febreiro de 1937

Morte rexistrada en Compostela a causa de destrucción orgánica do cerebro.

Home, Labrego/a
Natural de Meis (Pontevedra)
Veciñanza: Meis (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional.

Home de 28 anos, Farmacéutico/a
Natural de Leiro (Ourense)
Veciñanza: Leiro, Leiro (Ourense)

Xulgado en Ourense por excitación á rebelión co resultado de sobresemento e posta a disposición gobernativa.

Home de 67 anos, Contable
Natural de Soria.
Morto o 28 de abril de 1941

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte o 28-4-1941.

Home de 30 anos, Canteiro/a
Natural de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Veciñanza: Lira, Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Morto o 24 de febreiro de 1937

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo, ás 11, rexistrándose amorte a causa de intensa hemorraxia interna.

Home de 25 anos, Xornaleiro/a
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Natural de Málaga.

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia cadea perpetua

A Navalla Suíza