Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Posmarcos, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Fuxido e ao servizo da República. Xulgado en Ferrol co resultado de declaración en rebeldía. Segundo pesquisas realizadas en 1940, o procesado atopábase en Francia
Home de 43 anos, Mariñeiro
Natural de Gondomar (Pontevedra)
Veciñanza: Gondomar (Pontevedra)
Fuxido a Asturias en xullo de 1936, onde permanece ate o triunfo do exército golpista. Detido e, de volta en Galicia, xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte conmutada a cadea perpetua.
Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Pasaia
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Tras a guerra, ingresado no campo de Bizerta (Túnez) e logo no Campo de Concentración de Rota e no batallón de traballadores en Los Barrios-Cádiz. En 1941 sobresemento do seu procesamento militar.
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Mogor-Marín, Marín (Pontevedra)
Tripulante do vapor "Galdames"
Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída contra os tripulantes do vapor "Galdames") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. No 1938 outra condea de 17 anos. Conmutada por 2 anos en marzo do 1940 e atenuada en 12/40
Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulante da "Segunda Polar"
Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (fuxida da motora "Rocío") declarado fuxido e en rebeldía
Home, Mariñeiro
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Xulgado en Cádiz (89/37) co resultado sentenza a prisión. Penal do Caserío de Osio. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción
Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilanova de Arousa, Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.
Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día
Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Ares (A Coruña)
Morto o 19 de maio de 1947
Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento provisional. En 1945, procesado en Ferrol por encubridor de rebelión, non chega ao Consello de Guerra por grave enfermidade. Morte de tuberculose.
Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de A Illa de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: A Illa de Arousa (Pontevedra)
Morto o 24 de novembro de 1936
Procesado en causa militar e sobresemento por morte. Rexistrada a súa morte en Pontevedra sen especificarse a causa e indicando o seu soterramento nesta cidade.
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de A Illa de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: A Illa de Arousa, A Illa de Arousa (Pontevedra)
Morto o 24 de novembro de 1936
Rexistrado morto en Pontevedra a causa de hemorraxia interna por disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Depósito do Cemiterio- Pontevedra. O mesmo día é tamén paseado o seu irmán Juan
Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Posmarcos, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Tripulante do vapor "Galdames"
Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.
Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: A Barquiña-Barro-Noia, Noia (A Coruña)
Fuxiu a Francia. Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (desaparición do vapor de pesca "Malenchu" que fuxiu a Francia) sentencia prisión 12 anos e 1 día e multa de 30000 ptas. Conmutación por 10 anos e 1 día en 09/40
Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Xulgado en Cádiz por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua (Cádiz, 246/39). Tiña causa aberta en Ferrol por deserción na que fora declarado fuxido e en rebeldía
Home de 45 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Avilés
CNT
Morto o 04 de novembro de 1939
Postos destacados a prol do goberno republicano en Asturias. Xulgado en Xixón por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no cemiterio de Ceares-Xixón.
Home, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouzas, Vigo (Pontevedra)
CNT, Tesoureiro do Sindicato de industrias pesqueiras
Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Escondeuse na casa duns familiares en Fisterra Descuberto, internado e maltratado en Corcubión; trasladado a Compostela, paseado no camiño a Vigo.
Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis -Vigo, Vigo (Pontevedra)
CNT, Tripulante do vapor "Lola Veiga", onde era delegado do Sindicato de Industrias Pesqueras
Morto o 22 de abril de 1937
Xulgado en Ferrol (as actuacións tiveron lugar en Vigo) por sedición co resultado de cadea perpetua. O Alto Tribunal revisa a sentencia e condea por rebelión a pena de morte. Executado ás 7 na base de Ríos-Vigo