Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 38 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 3 anos 6 meses en 1941.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: O Grove (Pontevedra)

Mobilizado forzoso polo bando franquista, tenta fuxir a zona republicana. Xulgado en Zaragoza co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua. Traballos forzados en Silleda. Marcha a Nantes-Francia

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis-Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron) Presentouse en abril do 39 co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada en 02/41 por 6 anos e 1 día

Home de 27 anos, Comerciante
Natural de A Pontenova (Lugo)
Veciñanza: A Pontenova (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 39 anos, Labrego/a
Natural de As Nogais (Lugo)
Veciñanza: As Nogais (Lugo)

Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 26 anos, Xornaleiro
Natural de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Veciñanza: Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 47 anos, Zapateiro
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
Do Centro Cultural do Porriño.

Tras estar fuxido dende 1936, entrégase en 1939. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Os seus irmáns Eduardo, Rogelio e José Fernández Miniño, así como o irmán da súa muller, Victor Valverde Mayo, todos mortos pola represión.

Home de 51 anos, Caldeireiro/a
Veciñanza: Valdeolea-Cantabria
Morto o 28 de decembro de 1940

Morte rexistrada a causa de anxina de peito na prisión de Celanova.

Home de 35 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Barallobre-Fene, Fene (A Coruña)
Mariño. Cabo de mariñeiría

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída polos sucesos ocurridos no Cuartel do Arsenal Vello de Ferrol os días 20-22 de xullo) co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 3 anos en 1940

Home de 45 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Bilbao
Fogoneiro do bou armado "Navarra"

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte tras ser revisada a primeira sentenza que fora cadea perpetua. Conmutación en novembro do 1938 por cadea perpetua

Home de 29 anos, Carpinteiro
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Negreira, Negreira (A Coruña)
IR, Secretario da Sociedad Obrera de Negreira

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 40 anos, Militar
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de Alacante. Tenente da Garda de Asalto

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 62 anos, Xornaleiro
Natural de Granada
Morto o 01 de xuño de 1941

Morte na Illa do Lazareto por causas naturais.

Home de 62 anos, Metalúrxico
Natural de Asturias

Morte na Illa do Lazareto.

Home de 30 anos, Labrego/a
Natural de Carballeda de Avia (Ourense)
Veciñanza: Beiro de Arriba, Carballeda de Avia (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Causa militar de 1936. Concesión da prisión atenuada o 29-8-1940.

Home de 24 anos, Mineiro
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Palas de Rei

Voluntario no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Oia, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 67 anos, Labrego/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: R/ da Raposa-Coia, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Cervantes (Lugo)
Veciñanza: Olmos, Cervantes (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 37 anos, Obreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: Carracedo da Serra, A Gudiña (Ourense)
Obreiro do ferrocarril

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 33 anos
Veciñanza: Pravia
Morto o 04 de xuño de 1938

Morte rexistrada a causa de pulmonía gripal na Prisión de Celanova.

Home de 34 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Cabo Radiotelegrafista da Armada. Dependente de profesión

Xulgado en Cádiz (828/39) co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Previamente causa aberta en Ferrol por deserción

Home de 44 anos, Mestre de obras
Natural de A Rúa (Ourense)
Veciñanza: Ribas de Sil (Lugo)
PSOE, Alcalde

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua. En 1943, sae da cadea por prisión atenuada e moore ese mesmo ano

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de A Veiga (Ourense)
Veciñanza: A Veiga (Ourense)
No servizo militar

Tras tentar pasarse ao exército republicano en Asturias, é detido e xulgado en Lugo por deserción co resultado de sentenza a prisión 8 anos.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Corrubedo-Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Estaba no norte e pasouse a Francia, de aí a Cataluña. Entregouse ao fin da guerra. Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contras os que non se presentaron a filas de Ribeira) co resultado de prisión 1 ano en 1941

Home de 31 anos, Obreiro/a
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
CNT

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 30 anos, Labrego/a
Natural de Ribas de Sil (Lugo)
Veciñanza: Cabanelas, Ribas de Sil (Lugo)

Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui, Tui (Pontevedra)
Mariño. Fogoneiro Preferente

Preso na Penintenciaría Naval Militar de Cuatro Torres en Cádiz en xuño do 1937

Home de 29 anos, Fogoneiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Abelleira-Muros, Muros (A Coruña)
Tripulante do vapor "Galdames"

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída contra os tripulantes do vapor "Galdames") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada por 2 anos en marzo do 1940

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)
Tripulante do vapor "Galdames"

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión

Home de 26 anos, Mineiro
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Lugo (Lugo)

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 20 anos, Marmitón
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Guillán-Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Fixo a guerra na zona republicana, fuxiu a Francia e retornou. Diversos campos de concentración e batallóns de traballadores. Indulto en decembro do 1941. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a 1 ano de prisión.

Home de 28 anos, Tallista
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
Profesor tallista na Escola de Artes e Oficios de Vigo

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. En 1941, multa de 100 ptas. imposta polo tribunal rexional de responsabilidades políticas da Coruña.

Home de 36 anos, Labrego/a
Natural de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Veciñanza: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
PSOE, Concelleiro de Salvaterra de Miño

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 22 anos, Labrego/a
Natural de Ribas de Sil (Lugo)
Veciñanza: Torbeo, Ribas de Sil (Lugo)

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 58 anos, Labrego/a
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Seoane, Monforte de Lemos (Lugo)
Implicado na morte dun falanxista

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Home de 30 anos, Chofer
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ Cardiñas 9-Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión (asalto ao Cervera) co resultado de sentencia pena de morte. Conmutada por cadea perpetua (1939). Sucesivas conmutacións e indulto en 1946

Home de 18 anos, Carpinteiro
Veciñanza: R/ Cardiñas 9, Ferrol (A Coruña)
Natural de Asturias

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 27 anos, Chofer
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Rúa da Muralla 9-Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (asalto ao Cervera) co resultado de sentencia prisión 20 anos (1942). Previamente fuxido e en rebeldía. Sucesivas conmutacións, e iliberdade vixiada e indulto en 1946

Home de 58 anos, Procurador
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Noia, Noia (A Coruña)

Xulgado en Compostela por desobediencia á autoridade co resultado de sentenza a 2 meses e un día de prisión e multa.

Home de 44 anos, Labrego/a
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Correxais, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentencia a pena de morte conmutada a cadea perpetua. Causa militar de 1936

Home de 52 anos, Labrego/a
Natural de Viana do Bolo (Ourense)
Veciñanza: Quintela de Hedroso, Viana do Bolo (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a 12 anos e 1 día de prisión. Causa militar de 1939.

Home de 26 anos, Mecánico
Veciñanza: O Barco de Valdeorras, O Barco de Valdeorras
Soldado

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: Sampaio-Lavadores, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por roubo de armas co resultado de sentenza a prisión 10 anos.

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Gernika
Contramestre

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 13 anos de prisión.

Home de 35 anos, Peón
Veciñanza: Monforte de Lemos (Lugo)
Natural de Xaén

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 28 anos, Practicante
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Sillobre-Fene, Fene (A Coruña)

Combateu no exército republicano. Sentenza a 10 anos e 1 día por adhesión á rebelión. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción na que fora declarado en rebeldía

Home de 25 anos, Xornaleiro/a
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Celeiro, Viveiro (Lugo)

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos e multa mancomunada de 200.000 ptas.

Home de 42 anos, Labrego/a
Natural de Mañón (A Coruña)
Veciñanza: Ribeiras do Sor, Mañón (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 29-8-1940.

A Navalla Suíza