Home de 22 anos, Carpinteiro
Veciñanza: Padrón
Recibe un disparo dun falanxista en Dodro. Ábrese un proceso militar e o agresor sae absolto xustificándose unha lexítima defensa
Muller
Veciñanza: Vilanova de Arousa
En 1936 é rapada. O seu fillo, Francisco Reiriz Lago é executado e o seu fillo Ramón, acaba morrendo nun campo de prisioneiros en Francia.
Home
Natural de Bueu (Pontevedra)
Veciñanza: Bueu, Bueu (Pontevedra)
Mobilizado contra a súa vontade co exército franquista. Deserta a zona republicana. Ao rematar a guerra preso en Tunicia e en varios campos de traballo en Andalucía até 1943, é liberado e volta a Bueu. Despois preso en Pontevedra e Zaragoza.
Home
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Encausado por el Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo
Home
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Segundo Tenente de Alcalde na Corporación Municipal de Santiago en febreiro de 1936
Encausado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo
Home de 44 anos, Mestre/a
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: Vilar de Parada-Carnota-A Coruña, Carnota (A Coruña)
Morto o 24 de marzo de 1937
Pedro López Vázquez exercía como mestre de escola en Vilar de Parada, foi retido e colgado polas pernas nunha das vigas da casa de planta baixa que usaba para dar escola no paraxe do Campiño, na parroquia de San Mamede de Carnota. A súa tortura durou máis de un día, queimáronlle os dedos das mans, posteriormente virárono e sometérono a toda clase de agresións. Acabou morrendo no mesmo lugar onde foi torturado. Ao falecer, os propios asasinos botáronlle por debaixo da porta unha carta aos seus país (actual casa de Virginia), para que fosen facerse cargo do cadáver e dándolle indicacións do que debían facer. Aparece inscrito no libro de defuncións por “dilixencias practicadas”, (supónse que pola autoridades militar). O certificado de defunción indica que a causa da morte “no domicilio paterno” foi un “colapso", segundo a “autopsia practicada”.
Home, Obreiro do Ferrocarril
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita
Fuxido a Portugal e Franza para, posteriormente, incorporarse á guerrilla.
Home
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Tralo asasinato do seu irmán Juan, e sabéndose en perigo, fuxe a Portugal. Marcha dende Lisboa a Bos Aires co seu irmán Severino e o cuñado do irmán, Constante Estévez
Home
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Véndose en perigo tralo asasinato do seu irmán Juan, fuxe a Portugal. Parte de Lisboa a Bos Aires acompañado do seu irmán Juan e do cuñado deste, Constante Estévez
Home
Veciñanza: Salvaterra de Miño
Alcalde
Fuxe de Galicia e, en 1939, atópase en Barcelona, de onde recibe axudas dende Bos Aires para poder sobrevivir
Muller, Empacador/a
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Delegada de empacadoras do Porto da Coruña
Agochada durante a guerra civil
Home de 19 anos
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: O Canizo, A Gudiña (Ourense)
En represalia pola fuxida do seu pai, José Martínez Diéguez, a Madrid, vía Portugal, é detido e, tras recibir unha grande malleira é abandoado nunha cuneta. Mobilizado en 1937 no exército sublevado, perderá un ollo na guerra cobrando unha pensión vitalicia como mutilado.
Home, Revisor de autobuses
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
CNT, Da "Alianza Marinera"
Obrigado a integrarse no exército franquista, pásase en 1938 ao republicano. Presión en S. Fernando e Zaragoza.
Home
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Encausado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo
Home
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros
Home de 18 anos, Estudante
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa
Vencellado ao galeguismo e membro dos grupos Ultreia
Fuxido ante a obrigatoriedade de incorporarse a filas no exército golpista. Fillo do Cónsul de Uruguai, Edmundo Nóvoa, cun importante papel na fuxida de potenciais vítimas da represión.
Home de 41 anos, Ferroviario
Natural de Folgoso do Courel (Lugo)
Veciñanza: Monforte de Lemos
UGT, Directivo de UGT
Tras fuxir inicialmente ao seu lugar natal no Mazo-Parada dos Montes-O Courel, volta a Monforte, onde sofre denuncias e rexistros no seu domicilio. Non chega a ser procesado
Home de 38 anos, Funcionario/a
Natural de Baralla (Lugo)
Veciñanza: Palas de Rei
Xefe de Administración Civil e Funcionario do Corpo de telégrafos
Condeado sen xuízo a pena de morte. Por intercesión familiar anulación da pena. Desterro a Leganés e multa de 5.000 ptas. Acabará sendo director da prisión de Compostela.
Home de 58 anos, Ebanista
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Lider histórico do movemento obreiro compostelán
No momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, ate que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. a súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.
Fuxido a Franza, onde está no campo de refuxiados de Argeles-Sur-Mer. Marcha á República Dominicana até 1945, que pasa a vivir a Venezuela.
Home, Mestre/a
Veciñanza: A Fonsagrada
Ex directivo do PRRS
É posible que sufrise unha tentativa de paseo frustrado en Lugo. Expedientado e sancionado por responsabilidades sociais e políticas.