Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 25 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñeiría do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentencia absolución

Home de 25 anos, Militar
Veciñanza: Oficialmente de Armilla-Granada, pero o seu buque base en Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Natural de Granada. Mariña. Cabo de Mariñaría do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de absolución

Home de 19 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Fene, Fene (A Coruña)
Mariño

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa contra varios veciños de Fene) co resultado de absolto e en liberdade

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo Electricista da dotación do "Libertad"

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 27 anos, Militar
Veciñanza: Betanzos, Betanzos
Soldado de reemprazo. Xornaleiro de profesión

Xulgado en A Coruña por inxuriar ao exército e desobediencia á pena co resultado absolución

Home de 39 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Cabo de fogoneiros do "Jaime I"

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento.

Home de 45 anos, Militar
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Seara-Moaña, Moaña (Pontevedra)
Mariño de reemprazo no "Libertad" e patrón de cabotaxe de profesión

Combateu co exército republicano. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar co resultado sobresemento. En liberdade provisional en marzo do 1940

Home de 33 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillaría

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 35 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Barallobre-Fene, Fene (A Coruña)
Mariño. Cabo de mariñeiría

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída polos sucesos ocurridos no Cuartel do Arsenal Vello de Ferrol os días 20-22 de xullo) co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 3 anos en 1940

Home de 40 anos, Militar
Veciñanza: Vigo
Natural de Alacante. Tenente da Garda de Asalto

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Franza, Mugardos (A Coruña)
Cabo apuntador da Armada con destino no cruceiro "Cervantes"

Inculpado en causa militar en Ferrol. Exculpado e posto en liberdade

Home de 34 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Cabo Radiotelegrafista da Armada. Dependente de profesión

Xulgado en Cádiz (828/39) co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Previamente causa aberta en Ferrol por deserción

Home de 23 anos, Militar
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui, Tui (Pontevedra)
Mariño. Fogoneiro Preferente

Preso na Penintenciaría Naval Militar de Cuatro Torres en Cádiz en xuño do 1937

Home de 22 anos, Militar
Veciñanza: Langreo
Artilleiro segundo.
Morto o 08 de agosto de 1939

Executado en Ferrol no castelo de s Felipe.

Home de 22 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Cabo de Artillaría

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa contra a tripulación do "Cervera") co resultado de sentencia prisión 10 anos. Conmutación 6 anos e 1 día en febreiro de 1940

Home de 45 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Oficial Terceiro Naval. Natural de Málaga e veciño de Cartaxena-Murcia. Destinado en Ferrol

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 20 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Asturias. Mariño
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 22 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño da Armada do Contramestre Casado

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 20 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño de segunda nas escolas de mariñaría

Inculpado en causa militar en Ferrol sendo sobreseido provisionalmente.

Home de 25 anos, Militar
Natural de A Cañiza (Pontevedra)
Veciñanza: A Cañiza (Pontevedra)

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home, Militar
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
JJ.LL., Juventudes libertarias. Soldado do Rexemento de Artillaría
Morto o 23 de outubro de 1936

Pasado polas armas na Coruña en cumprimento do artigo 4º do bando declaratorio do Estado de Guerra.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño escribinte do Contramestre Casado

Xulgado en Ferrol (causa instruída contra a dotación do Contramestre Casado) co resultado de sobresemento provisional e queda en liberdade

Home de 42 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/Sanjurjo Badía 6, 2º-Vigo, Vigo
Mariño. Auxiliar de máquinas e graduado de alférez de fragata

Xulgado en Ferrol por frases subversivas co resultado de sentencia absolución. Informe de desafección ao Réxime en previsión de inicio dun procedemento gobernativo

Home de 28 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: A Iraña-Brión-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariñaría

Pasouse ao exército republicanona fronte de Asturias. Xulgado en Bilbao por traizón co resultado de pena de morte. Conmutación cadea perpetua, logo 12 anos e 1 día (decembro 1942) e indulto en decembro de 1945. Causa aberta en Ferrol por deserción

Home de 41 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Ombre, Pontedeume (A Coruña)
Cabo de fogoneiros da Armada

Inculpado en causa militar en Ferrol. Exculpado e posto en liberdade

Home de 22 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e 1 día de prisión.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Castelo, Lugo (Lugo)
Soldado de remprazo no exército sublevado en Asturias

Detido e mobilizado polo exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo Apuntador do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos no "Cervera") co resultado de sentencia prisión 10 anos

Home de 22 anos, Militar
Veciñanza: Aguilas
Maquinista naval da Armada
Morto o 01 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por conspiración para a rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol

Home de 22 anos, Militar
Natural de Vilarmaior (A Coruña)
Veciñanza: Grandal, Vilarmaior (A Coruña)
Mariño. Despenseiro da Armada

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 41 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: San Sadurniño, San Sadurniño
Mariño do bou armado "Virgen del Carmen". Auxiliar naval

Xulgado en Ferrol por debilidade en acto de servizo (causa contra a tripulación do "Virgen del Carmen") co resultado de prisión 12 anos. Liberdade condicional en maio do 1941 e definitiva en 1949

Home de 20 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Caamouco-Ares, Ares (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Ferreiro de profesión

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e enviado ao servizo de recuperación ás ordes do Coronel Inspector de Campos de Concentración

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Costa de Chamorro-Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo na armada sublevada. Tripulante do gardacostas "Álava". Labrego de profesión

Xulgado por rebelión e desobediencia (manifestar ter preferido entregar o buque ao inimigo) co resultado cadea perpetua por rebelión e 4 anos por desobediencia. Conmutación da cadea perpetua por 6 anos en 1940

Home de 22 anos, Militar
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: San Pedro de Leixa-Lugar do Monte-Narón, Narón (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Labrego de profesión

Fixo a guerra na armada republicana, Bizerta, 4 meses preso no Casería de Ossio. Declarado adicto. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisional e queda en liberdade

Home de 28 anos, Militar
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: A Malata-Caamouco-Ares, Ares (A Coruña)
Mariño do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia cadea perpetua. Conmutación por 12 anos e 1 día en 1940

Home de 26 anos, Militar
Natural de Monfero (A Coruña)
Veciñanza: Monfero, Monfero (A Coruña)
Mariño destinado no Arsenal

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado en rebeldía. Fuxido nun bou cara Bilbao

Home de 31 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Burgos. Auxiliar de Artillaría de Mariña
Morto o 16 de marzo de 1937

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no cuartel do Rexemento de Artillaría da Costa.

Home de 31 anos, Militar
Natural de Moraña (Pontevedra)
Veciñanza: Moraña, Moraña (Pontevedra)
Mariño. Fogoneiro Preferente da Armada
Morto o 14 de outubro de 1938

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída contra a tripulación do Torpedeiro 3) co resultado de sentencia pena de morte. Executada na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol

Home de 43 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Segundo maquinista da Armada
Morto o 24 de agosto de 1936

Inculpado en causa militar, suspendéndose as actuacións por morte rexistrada a bordo do "Plus Ultra", en Ferrol, a causa de asfixia por aforcamento.

Home de 63 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño retirado. Condestable da Armada
Morto o 30 de setembro de 1936

Execución sen apertura de causa.

Home de 28 anos, Militar
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Cealo, A Pobra do Caramiñal
Mariño fogoneiro no exército republicano

Xulgado por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 19 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño de segunda. En 1936 destinado en Ferrol

Xulgado en Ferrol co resultado de absolución.

Home de 27 anos, Militar
Veciñanza: Tui (Pontevedra)
Natural de Barcelona. Mestre de Mariña
Morto o 16 de setembro de 1936

Xulgado por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Tui

Home de 22 anos, Militar
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)
Mariño. Tripulante do "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 21 anos, Militar
Natural de Nigrán (Pontevedra)
Veciñanza: Nigrán, Nigrán (Pontevedra)
Mariño da Escola de Tiro Naval "Janer"

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de prisión 3 anos

Home, Militar
Veciñanza: O Barqueiro, Mañón
Cabo do posto do Barqueiro.

Xulgado en Zamora por abandono de servizo, co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Home de 27 anos, Militar
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Neda-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña

Xulgado en Ferrol por sedición (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "España") co resultado de sentencia prisión 20 anos

Home de 23 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: R/ Torreiro nº 17 -1º, A Coruña (A Coruña)
Mariño mecánico do "Jaime I"

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño da dotación do "Miguel de Cervantes". Empregado de profesión

Combatiu no exército republicano. Campo de concentración en Rota, batallón de traballadores en San Fernando. Causa 780/40 en Cartaxena por adhesión á rebelión sentenciado a prisión 6 anos e 1 día

Home de 23 anos, Militar
Natural de Poio (Pontevedra)
Mariño na Armada republicana

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución

A Navalla Suíza