Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 42 anos, Industrial
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
PSOE, Natural de Jimenez de Jamuz-León. Membro da comunidade evanxélica en Marín, presidente da sociedade cultural obreira e secretario da agrupación socialista local.
Morto o 14 de setembro de 1937

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: R/ Laxe-Cantoarea, Marín (Pontevedra)
Morto o 10 de novembro de 1936

Morte rexistrada en Marín como desaparecido do seu domicilio co motivo do "Glorioso Alzamiento Nacional".

Home de 20 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Estivo agochado até novembro do 45 na casa da Espiñeira-Mandiá. Causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de sobresemento definitivo e queda en liberdade

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)

Fuxido ate 1939. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisorio e a disposición do xuíz de detidos gobernativos.

Home de 24 anos, Dependente
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo do 1933 trozo de Marín) declarado fuxido e en rebeldía

Muller de 29 anos, Lavandeira
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)
Morto o 18 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de "ferida no corazón". O cadáver aparece no Pozo da Revolta-Mogor-Marín

Home
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisorio. Fixo a guerra na zona republicana. Preso no campo de concentración da Magdalena, batallón de traballadores Bilbao.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Seixo-Marín, Marín (Pontevedra)
Mestre de Seixo nº 2

Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936.

Home de 32 anos, Albanel
Veciñanza: O Seixo, Marín (Pontevedra)
JSU

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Marín (Pontevedra)

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)
.

Fixo a guerra na zona republicana. Consello de guerra en Cartagena 12/08/39 co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 28 anos, Pintor
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)

Fuxido ao monte. Preséntase en Avilés. Xulgado por adhesión a rebelión co resultado sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua en abril de 1940.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Ardán-Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo. Fixo a guerra na zona republicana. Campo de Concentración e castigado nun Batallón de Traballadores e logo no Tercio da lexión 3 anos.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)
Mariño. Cabo do B-6
Morto o 03 de novembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída contra a tripulación do sumariño "B-6") co resultado de sentencia pena de morte. Executada na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol

Muller de 37 anos
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a prisión 12 anos 1 día. Conmutación a 3 anos de prisión menor en 1940.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Afiliado a "Alianza Marinera"

Xulgado en Camposancos co resultado de sentenza a 15 anos de prisión. Previamente fuxido e declarado en rebeldía.

Home de 20 anos, Militar
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Cantoarea-Marín, Marín (Pontevedra)
Mariño da Base de Tiro Naval "Janer" de Marín

Xulgado en Ferrol por deserción (ten outra causa por desacato á autoridade, por non respostar ao saúdo de "Arriba España") co resultado de sentencia prisión 6 anos. En liberdade tras o indulto de outubro de 1939

Home de 27 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Currás-Marín, Marín (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (os que non se presentaron a filas do reemprazo de 1930 do trozo de Marín) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 31 anos, Militar
Natural de O Grove (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Mestre de Artillaría na Escola Naval de Marín

Xulgado en Ferrol por sedición sen chegar a ir a xuízo. Tras o seu paso pola prisión provincial ingresa, en 1940, no Psiquiátrico de Conxo co diagnóstico de esquizofrenia. Existen informes periódicos na súa causa militar ate 1952.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Cantoarena-Marín, Marín (Pontevedra)
Mariño. Mariñeiro da armada, fogoneiro

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (sucesos ocorridos no cuartel vello do Arsenal de Ferrol entre os días 20 e 22 de xullo do 36) co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 3 anos en 1940

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Casal-Marín, Marín (Pontevedra)

Fixo a guerra no bando republicano. Campo de Ciudad Real. Causa aberta por deserción en Ferrol co resultado de sentenza a prisión 1 ano (1942).

Home de 45 anos, Maquinista naval
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
CNT, Do Sindicato "Industria Pesquera" de Marín e interventor da FP nas eleccións de 1936

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)
Fogoneiro práctico.

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra patrón e tripulación do Río Ebro nº 2 e nº3 por desobeder ordes destrutor "Velasco") co resultado sobresemento

Home de 27 anos
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Mogor, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Mogor-Marín, Marín (Pontevedra)
Tripulante do vapor "Galdames"

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída contra os tripulantes do vapor "Galdames") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. No 1938 outra condea de 17 anos. Conmutada por 2 anos en marzo do 1940 e atenuada en 12/40

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Mogor-Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción (os que non se presentaron a filas do trozo de Ortigueira) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 55 anos, Industrial
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
IR

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos de prisión menor en 1941.

Home de 42 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Loira-Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sobresemento

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Castro-Marín, Marín (Pontevedra)

Previamente declarado en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana, entrégase en Astillero, diversos campos de concentración e cárcere de Bilbao.

Home de 30 anos, Militar
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Natural de Valencia. Mariño. Buzo de Primeira da Escola de Tiro Naval "Janer"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sentenza a cadea perpetua.

Home de 42 anos, Maquinista naval
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Cantoarea, Marín (Pontevedra)
Da Sociedade de maquinistas

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución.

Home de 53 anos, Funcionario municipal
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
IR, Presidente da agrupación de IR

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 41 anos, Empregado/a
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
IR, Secretario da agrupación de IR

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 40 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia absolución

Muller de 33 anos, Traballo na casa
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 40 anos, Carpinteiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Presidente da Sociedade de Carpinteiros

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua.

Home de 27 anos, Militar
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Santo Tomé de Piñeiro-Marín, Marín (Pontevedra)
Mariño fogoneiro no "Jaime I"

Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (contra mariñeiros e fogoneiros do acoirazado "Jaime I") co resultado sentencia absolución e queda en liberdade (1942)

Home de 40 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída contra a tripulación vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" que fuxiron) co resultado de sentencia absolución

Home de 22 anos, Carpinteiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Cantoarea, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Conmutación a 3 anos o 12-12-1942.

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Morto o 27 de xaneiro de 1938

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra.

Home
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Salcedo, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Home
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (os que non se presentaron a filas do reemprazo de 1930 do trozo de Marín).

Home de 32 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Aguete-Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, campos de concentración e batallón de traballadores 41 en Talavera.

Home de 61 anos
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra. Descoñecemos a sentenza.

Home de 26 anos, Albanel
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
UGT, Sociedade de Albaneis
Morto o 31 de decembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Executado en Pontevedra, rexistrándose a súa morte a causa de colapso cardíaco.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936.

Home
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republicano. Capturado e batallón de traballadores 210.

Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)
Fogoneiro

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home
Veciñanza: Marín, Marín (Pontevedra)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo do 1936 trozo de Marín) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

A Navalla Suíza