Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Pedro López Vázquez

Outras tipoloxías represivas

Home de 44 anos, Mestre/a
Natural de Carnota (A Coruña)
Veciñanza: Vilar de Parada-Carnota-A Coruña, Carnota (A Coruña)
Morto o 24 de marzo de 1937

Pedro López Vázquez exercía como mestre de escola en Vilar de Parada, foi retido e colgado polas pernas nunha das vigas da casa de planta baixa que usaba para dar escola no paraxe do Campiño, na parroquia de San Mamede de Carnota. A súa tortura durou máis de un día, queimáronlle os dedos das mans, posteriormente virárono e sometérono a toda clase de agresións. Acabou morrendo no mesmo lugar onde foi torturado. Ao falecer, os propios asasinos botáronlle por debaixo da porta unha carta aos seus país (actual casa de Virginia), para que fosen facerse cargo do cadáver e dándolle indicacións do que debían facer. Aparece inscrito no libro de defuncións por “dilixencias practicadas”, (supónse que pola autoridades militar). O certificado de defunción indica que a causa da morte “no domicilio paterno” foi un “colapso", segundo a “autopsia practicada”.

Queres pasarnos información sobre esta persoa?

Se tes informacións complementarias ou se queres corrixir posibles erros nesta ficha, podes poñerte en contacto con nós en memoriaguerracivil@usc.es ou cubrindo o seguinte formulario:

A Navalla Suíza