Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

José Pasín Romero

Outras tipoloxías represivas

Home de 58 anos, Ebanista
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Lider histórico do movemento obreiro compostelán

No momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, ate que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. a súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.

Queres pasarnos información sobre esta persoa?

Se tes informacións complementarias ou se queres corrixir posibles erros nesta ficha, podes poñerte en contacto con nós en memoriaguerracivil@usc.es ou cubrindo o seguinte formulario:

A Navalla Suíza