Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Vicente Otero Cao

Detención

Home de 46 anos, Comerciante
Natural de Muras (Lugo)
Veciñanza: A Maciñeira Pequena-O Burgo, Vilalba
IR, Directivo de IR

Detención sen procesamento xudicial. Viviu a maior parte da súa vida en Vilalba, pero naceu en Maciñeira Pequena, O Burgo (Muras, Lugo) o 9/02/1890. Ademáis de comerciante, foi xornalista ( El Diario Español, La Antorcha Gallega, Galicia Sueva, La Alborada, Vivero en Cuba, Pro Galicia, Faro Villalbés. Corresponsal de El Heraldo de Vivero, El Eco Murense e El Progreso Murés). Tamén se adicou a escribir poesía e publicacións histórico-culturais da rexión. Foi Secretario da Unión Comercial Villalbesa. Formou parte da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) en 1930 ao consitutirse. Militou no partido Republicano Galego. En 1934 foi elixido secretario do comité local de Esquerda Republicana de Vilalba. Foi detido o 3 de agosto de 1936, e posto en liberdade o 8 de decembro.. Durante o franquismo, foi corresponsal en La Voz de Galicia en Vilalba. Finou o 4/12/1972

Queres pasarnos información sobre esta persoa?

Se tes informacións complementarias ou se queres corrixir posibles erros nesta ficha, podes poñerte en contacto con nós en memoriaguerracivil@usc.es ou cubrindo o seguinte formulario:

A Navalla Suíza