Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Muller, Obreiro/a
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Operaria da Fábrica de Tabacos

Depuración.Despedida temporalmente do emprego o 14-7-1937. Ao reincorporarse perde 11 anos de antigüidade

Home, Labrego
Veciñanza: Guntín
Concelleiro

Detención sen procesamento xudicial.

Home
Veciñanza: Salceda de Caselas

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Veciñanza: Bermeo
Cociñeiro do "Udondo"
Morto o 26 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.

Home, Carabineiro
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Natural de Málaga.

Inculpado en causa militar na Coruña sendo posto en liberdade

Home
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 29 anos, Ferroviario
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: A Estrada (Pontevedra)
UGT

Fai a guerra no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de 12 anos de prisión.

Home de 16 anos, Seminarista
Natural de Ponte Caldelas (Pontevedra)
Veciñanza: Forzáns, Ponte Caldelas (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión co resultado de sobresemento definitivo por ser menor e a disposición do xuiz de instrucción por non haber tribunal tutelar de menores.

Home
Veciñanza: Goiente-Sueiro, Culleredo

Home de 34 anos, Carpinteiro
Natural de Vimianzo (A Coruña)
Veciñanza: Calo-Vimianzo, Vimianzo (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por danos co resultado sobresemento


Prisioneiro en Bochum, Alemania.

Home
Morto o 16 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver no distrito coruñés.

Home de 27 anos
Natural de Mesía (A Coruña)
Veciñanza: Xanceda, Mesía (A Coruña)
CNT e PCE, Do Sindicato labrego e de oficios varios de Xanceda e simpatizante do Radio comunista de Curtis.

Xulgado na coruña por rebelión en duas causas militares co resultado de declaración en rebeldía. Incorpórase á guerrilla. Será executado na Coruña en 1952

Home de 16 anos, Sen Oficio
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Fillo dun concelleiro de Teis

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de absolución.

Home de 36 anos
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
Natural de Portugal.

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 24 anos, Carpinteiro
Natural de Arzúa (A Coruña)
Veciñanza: A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Conmutación e liberdade condicional o 11-08-1940.

Home de 19 anos, Estudante
Natural de Verín (Ourense)
Veciñanza: Mourazos, Verín (Ourense)

Xulgado en Ourense por xuntanza clandestina co resultado de sobresemento.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Alcabre-Ruade, Vigo (Pontevedra)
Morto o 09 de novembro de 1936

Morte rexistrada fronte ao Cemiterio de Mos, ao lado dereito da estrada Redondela-Porriño, a causa de feridas por disparo de arma de fogo.

Muller
Veciñanza: A Guarda

Presa no cárcere da Tui

Home, Mestre/a
Veciñanza: Cabreira, Salvaterra de Miño

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 26 anos, Mestre/a
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Tui (Pontevedra)

Xulgado previamente e declarado en rebeldía, volta a ser xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 anos.

Home de 75 anos, Xornaleiro
Natural de Guadalaxara
Morto o 09 de xaneiro de 1942

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home de 30 anos, Chofer
Natural de Vimianzo (A Coruña)
Veciñanza: Cereixo-Vimianzo, Vimianzo (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia cadea perpetua. Ingresa en San Cristóbal en xuño do 1937 e sae en liberdade condicional en xuño do 1941

Home de 28 anos, Canteiro/a
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Negreira, Negreira (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 17 anos, Mecánico
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)
Aprendiz mecánico

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos

Home
Veciñanza: Ortigueira, Ortigueira

Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contra os que non se presentaron a filas do trozo de Ortigueira) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 33 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Natural de Serantes
Morto o 18 de xaneiro de 1937

Vítima da represión en León con resultado de morte.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira-Cervo, Cedeira (A Coruña)
Morto o 28 de outubro de 1936

Reclamado para presentarse a filas, o seu pai testifica que fora detido pola Guarda Civil o paseado o 28-02-1936 sen voltar a saberse del. É procesado e declarado en rebeldía. Semella que foi paseado.

Home de 21 anos, Armador
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)

Detido e inculpado en causa instruída en Ferrol por rebelión, sendo posto en liberdade.

Home, Mozo
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mozo de limpeza no Hospital da Base Naval de Ferrol.

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo esta sobresida. Cese no seu posto

Home de 18 anos, Panadeiro/a
Natural de Neda (A Coruña)
Veciñanza: Liñaares-Anca-Neda, Neda (A Coruña)
Mariño de reemprazo

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentencia prisión 1 ano. Cumpriu a pena

Home de 27 anos, Empregado/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
UGT, Curmán do galeguista Federico Valeiro
Morto o 26 de xullo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home de 25 anos, Moldeador
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
JSU e UGT, Secretario da Agrupación Socialista de sta Cecilia-Serantes

Xulgado en Ferrol co resultado de sobresemento

Home de 37 anos, Barrenador
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Valdoviño, Valdoviño

Xulgado en Ferrol por excitación á rebelión co resultado de sentenza a prisión 8 anos

Home de 25 anos
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Esteiro-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída pola fuxida dos vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" ) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 19 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Tripulante do "España".
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Monterrei (Ourense)
Veciñanza: Vilaza, Monterrei (Ourense)

Xulgado en Ourense por tenencia ilícita de armas co resultado de sobresemento e posta a disposición gobernativa.

Home
Veciñanza: Albilá de Cabá-Lleida
Natural de Lleida
Morto o 02 de abril de 1939

Prisioneiro de guerra no Campo de Concentración da Póbra do Caramiñal, onde ingresa en febreiro de 1939. Rexístrase a súa morte no mesmo campo a causa de tifo abdominal

Home de 25 anos, Barbeiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Galdo, Viveiro (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión co resultado sobresemento provisional e a disposición da auroridade.

Home de 39 anos, Camareiro/a
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Natural de Soria. Secretario do Sindicato de camareiros. Socio de Germinal
Morto o 24 de novembro de 1936

Tras ser ferido e pernamecer con vixianza policial no Hospital, é xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 32 anos, Fogoneiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Morto o 15 de setembro de 1936

Morte en Ferrol en aplicación do Bando de Guerra.

Home de 35 anos, Labrego/a
Natural de Paderne (A Coruña)
Veciñanza: Paderne (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 27 anos
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) na que fora declarado fuxido e en rebeldía. Segundo a familia, fusilado en Pravia polos republicanos, pero sen contrastar o dato

Home de 38 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento e posta en liberdade

Home de 34 anos, Labrego/a
Natural de Paderne (A Coruña)
Veciñanza: Paderne (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 17 anos, Empacador/a peixe
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento e posta a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 14 anos
Veciñanza: R/Sinforiano López, 7-1º, A Coruña (A Coruña)

Detención en relación cunha causa militar aberta na Coruña.

Home de 25 anos, Chofer
Natural de Cariño (A Coruña)
Veciñanza: Cariño (A Coruña)
CNT, Do Sindicato da Industria Pesqueira
Morto o 06 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas provocadas por arma de fogo.

Home de 37 anos, Funcionario/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Joaquín Costa-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 01 de decembro de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia cerebral. Lugar de aparición do cadáver: Depósito do Cemiterio de Pereiró-Vigo

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Seixas-Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Deserción do exército franquista e integración no republicano. Ao caer a fronte de Asturias xulgado co resultado de sentenza a cadea perpetua.

A Navalla Suíza