Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Muller de 39 anos, Labrego/a
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: San Cristovo do Regodeigón-Ribadavia, Ribadavia (Ourense)

Xulgada en Ourense por insulto á forza armada co resultado de sobresemento. Causa de 1939

Muller de 44 anos, Traballo na casa
Natural de Sarria (Lugo)
Veciñanza: Guadalaxara
PCE

Xulgada (fóra de Galicia) co resultado de sentenza a prisión 12 anos. O seu marido Francisco Lacerda foi fusilado en Guadalaxara

Muller de 30 anos, Traballo na casa
Veciñanza: Ares
Natural de León

Detida en Ferrol entre xullo e agosto do 36. O seu marido é paseado en setembro

Muller de 33 anos, Traballo na casa
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ponte de Caranza-Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Inculpada en causa militar en Ferrol por indución á sedición.

Muller de 29 anos, Traballo na casa
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Ponte de Caranza-Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Inculpada en causa militar polo delicto de indución á sedición.

Muller de 16 anos, Servinte
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Rúa María, 93-Ferrol (accidentalmente), Ferrol (A Coruña)

Inculpada en Causa militar en Ferrol por rebelión militar

Muller de 31 anos, Traballo na casa
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Campo de Artillería, 18, A Coruña

Presa na provincial da Coruña entre febreiro e marzo de 1937. Queda a disposición do Xulgado Militar Permanente

Muller de 40 anos, Vendedor de Xornais
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Montiño, 19-A Coruña, A Coruña

Presa na provincial da Coruña en Setembro de 1939 polo delicto de atentado. A disposión do Xulgado Nº1

Muller
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)

Torturada e violada en interrogatorios para descubrir o paradoiro do seu marido, Enrique Gómez, finalmente asasiñado. Aos poucos anos destes sucesos prodúcese a súa morte.

Muller
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo, Cerdedo (Pontevedra)

Perseguida e maltratada. A súa familia ten que marchar de Cerdedo ao quitárenlles a farmacia que levaban.

Muller de 38 anos, Traballo na casa
Natural de Vilardevós (Ourense)
Veciñanza: Vilardevós (Ourense)

Detención en relación con causa militar aberta na Coruña, posta a disposición do Gobernador Civil.

Muller, Costureira
Veciñanza: Alcabre, Vigo (Pontevedra)
Tamén labrega

Rapada, estaba embarazada, ao ser interrogada polo paradoiro do seu marido que estivo agochado durante catro anos. Os irmáns de Cecilia, José e Antonino foron paseados.

Muller, Mestre/a
Veciñanza: A Coruña
Agrupación republicana feminina

Detención sen procesamento xudicial.

Muller de 20 anos
Natural de Manzaneda (Ourense)
Veciñanza: Manzaneda (Ourense)

En 1939, ingresada nun campo de concentración en Asturias por protexer ao seu pai fuxido, Gervasio Cereijo.

Muller
Veciñanza: O Saviñao

Detención sen procesamento xudicial, ca fin de obrigar ao seu cuñado, o lider socialista local Ramón Pérez Bispo, a que se entregase. A súa irmá Paz Losada Fernández, muller de Ramón, tamen foi detida.

Muller
Veciñanza: O Saviñao

Detención sen procesamento xudicial, en 1940, como medida de presión para que o seu marido, Ramón Pérez Bispo, se entregase con ela foi tamén detida a súa irmá Milagros.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Trandeiras, Sandiás
PCE, Membro de ATEO

Fuxido e evadido a Portugal, tras ser detida a súa muller Elena Ferreiro, durante 13 meses. uns anos despois volta coa familia a Galicia sendo detido 24 horas e posto en liberdadel. Máis tarde incorporaríase ao seu posto de mestre.

Muller
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

O seu marido, José Domingo González Boullosa, foi asasinado, e ela é detida sen procesamento xudicial até 1939. As súa fillas, todas menores, son concedidas en adopción a varias familias da provincia de Ourense, ainda que ao sair da cadea puido recuperalas.

Home de 42 anos, Propietario/a
Natural de Ribadumia (Pontevedra)
Veciñanza: Barrantes, Ribadumia (Pontevedra)
IR, Cursou estudos de dereito en Compostela sen rematar a carreira. Xuíz de Paz en Barrantes e secretario de "Izquierda Republicana" en Ribadumia

Tras eludir una tentativa de dención no seu domicilio, logra embarcarse dende Vilagarcía rumbo a Bos Aires e dende aí pasou a Francia. Voltou a Madrid, ainda co goberno republicano, para ser intervido dun cancro e volta a Francia. Xa moi enfermo e, a través da Cruz Vermella Internacional, pode voltar a súa casa en Barrantes, morrendo ao pouco tempo o 08-09-1938. A súa muller, Carmen Carbó Velilla, foi depurada no seu posto de mestra.

Muller de 39 anos, Tecedor/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: La Calzada-Xixón
CNT, Fundadora do Sindicato de Mulleres

Xulgada en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Muller
Veciñanza: Alcabre, Vigo (Pontevedra)

Rapada, xunto coa súa irmá Aurora, antes do asasinato do seu pai, Emilio Comesaña Sobreira

Muller
Veciñanza: Alcabre, Vigo (Pontevedra)

Rapada, antes do asasinato do seu pai, Emilio comesaña Sobreira. A súa irmá Carmen tamén foi rapada.

Muller de 15 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Alcabre, Vigo (Pontevedra)

Rapada

Home de 58 anos, Ebanista
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Lider histórico do movemento obreiro compostelán

No momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, ate que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. a súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.

Muller, Labrego
Natural de Chantada (Lugo)
Veciñanza: Ourense (Ourense)

Tras sofrer malleiras, é detida sen procesamento xudicial durante 16 meses en compaña das súas fillas Luisa e Josefina González Cudeiro.

Muller
Veciñanza: Vilanova de Arousa

En 1936 é rapada. O seu fillo, Francisco Reiriz Lago é executado e o seu fillo Ramón, acaba morrendo nun campo de prisioneiros en Francia.

Home
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Ponte Beluso, Boiro (A Coruña)

Agochado durante os anos da guerra no monte. Finalmente entrégase no cuartel de Compostela. A súa muller, Manuela Creo foi detida e o seu irmán, Agustin asasinado

Muller
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Ponte Beluso, Boiro (A Coruña)

Detida en relación coa fuxida ao monte do seu marido Celestino Horta Resúa, o irmán deste foi paseado.

Muller
Veciñanza: A Coruña
Filla de Santiago Casares Quiroga

Detida e conducida a un hotel con temor de ser paseada. Contrae tuberculose e é ingresada, con vixiancia militar, no hospital da Mariña de Ferrol. Tras permanecer neste centro máis de 2 anos é conducida á cadea, onde permanece 9 meses.

Muller
Veciñanza: Trandeiras, Sandiás

Ó seu marido, antonio Fernández Vence, está fuxido, e, tras sucesivos acosos á familia, elena é detida e encadeada durante 13 meses.

Home, Mariñeiro
Natural de Porto do Son (A Coruña)
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)
CNT, Patrón e propietario da súa propia embarcación.

Sacado da casa en procesión de escarnio polas ruas de Porto do Son. Sufre malleiras no Cuartel da Garda civil. A súa muller, Carmen Allegue fuxe ao monte e os seus fillos Francisco e José son condeados a cada perpetua.

Muller
Veciñanza: Porto do Son (A Coruña)

Fixida temporalmente ao monte para evitar ser pelada. O seu marido, José Queiruga Carou, aldraxado e sometido a castigos corporais e os seus fillos, Francisco e José, condados a cadea perpetua

Muller
Veciñanza: Pedercanai, Barro

Detención sen procesamento xudicial ao terse pasado o seu irmán, Manuel Castro Barro, ao exército republicano. Tamén foi detido o pai.

Muller de 15 anos
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña (Pontevedra)

Ademais de vivir a morte do seu pai e sofrer constantes rexistros na casa, é levada polos represores que chegan a ameazala co paseo.

Muller
Veciñanza: Ribadeo (Lugo)

Detida coa súa filla Mercedes Margolles, sen procesamente xudicial. Da cadea de Lugo pasan por varias cadeas españolas e finalmente é desterrada. O seu marido, Manuel Margolles, foi condeado a pena de morte, conmutada por perpetua

Muller de 23 anos
Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Xixón

Xulgada en Asturias co resultado de sobresemento provisorio

Muller, Obreiro/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Traballadora nunha fábrica de conservas

Escapada tralo golpe de 36, detida e confinada na cadea de Vigo onde pasa máis dun ano. Finalmente exiliase a Cuba.

Muller
Veciñanza: Vilamartín de Valdeorras

A raiz da fuxida do seu irmán Florencio, é obrigada a presentarse semanalmente ante a autoridade.

Muller
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Rapada. Ao día seguinte foi obrigada a sacar o pano co que cubría a súa cabeza.

Muller de 23 anos, Dependente
Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Xixón

Xulgada en Asturias co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Muller de 19 anos, Prostituta
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)

Inculpada en causa militar en Ferrol. Incomunicada temporalmente e posta en liberdade

Muller de 25 anos, Modista

Inculpada en causa militar en Ferrol sen chegar a ser procesada. Posta en liberdade.

Muller de 33 anos, Traballo na casa
Natural de Tui (Pontevedra)

Inculpada en causa militar en Ferrol.

Muller, Obreiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Traballadora da conserva. Muller de Alfonso Santos Cabaleiro, condeado a pena de morte.

Inculpada en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento definitivo.

Muller, Obreiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Traballadora da conserva.

Inculpada en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento definitivo.

Muller de 16 anos, Traballo na casa
Natural de Vigo (Pontevedra)

Inculpada en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento definitivo.

Muller de 34 anos
Veciñanza: O Vicedo

Inculpada en causa militar en Ferrol por acoller desertores fuxidos, entre os que se atopaba o seu irmán Emilio Ríos Martínez.

Muller de 48 anos
Veciñanza: O Vicedo

Inculpada en causa militar en Ferrol por agochar na súa casa a desertores fuxidos, entre os que estaban os seus fillos Cesáreo e Benedicto Fuentes Díaz.

Muller de 39 anos, Traballo na casa
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: R/General Mola, 21-4º-Pasaia

Detida por supostas ameazas ao delator do seu xenro, Jesús Vidal Figueroa, que se atopaba na fronte no exército republicano.

A Navalla Suíza