Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 53 anos, Maquinista naval
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Concepción Arenal, Ferrol (A Coruña)
Maquinista da Armada retirado
Morto o 24 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Laraxe-Cabanas feridas recibidas "por intento de fuga" cando era conducido pola forza pública

Home
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
FAI

Fuxido. Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 52 anos, Fundidor
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
PSOE
Morto o 05 de marzo de 1938

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Praza Ferrandiz 1-1º, Ferrol (A Coruña)
Morto o 16 de agosto de 1936

Morte en Ferrol xunto a outros 15 a mans da "Fuerza Pública"

Home de 45 anos, Comerciante
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
PSOE
Morto o 20 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 24 anos, Pintor
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
PSOE e UGT, Directivo da Asociación obreira da construcción naval
Morto o 16 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Pazos-Serantes, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo Telemetrista

Fixo a guerra na armada republicano. Xulgado en Cartaxena despois da guerra co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutada por cadea perpetua.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo de mariñaría do acoirazado "España"
Morto o 25 de agosto de 1936

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 27 anos, Mestre/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Narón
PCE, Mestre da escola de Quinta-Val-Narón
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 51 anos, Patrón de pesca
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída polos sucesos ocurridos no Cuartel do Arsenal Vello de Ferrol os días 20-22 de xullo) con resultados descoñecidos

Home de 39 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Sol, 140-1º, Ferrol (A Coruña)
Auxiliar 2º de Máquinas do Torpedeiro T-2
Morto o 05 de outubro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 6, no Arsenal.

Home de 23 anos, Mestre/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira
PSOE, Mestre da Graduada de Cedeira
Morto o 18 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol no castelo de s Felipe.

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Cabo de mariñeiría

Inicialmente procesado en causa militar en Ferrol, pero o auto é revogado

Home de 32 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillaría do "Miguel de Cervantes"

Combateu na armada republicana. Xulgado en Cartaxena por adhesión á rebelión (causa 460/40) co resultado de prisión 10 anos e 1 día. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción na que fora declarado fuxido e en rebeldía.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Estivo na Lexión, chegando a cabo, pero cun nome falso: Julio Díaz López.
Morto o 04 de decembro de 1937

Detido en setembro do 37. Procesado en causa militar en Ferrol por detención ilegal e suplantación da autoridade. Enviado ao hospital de Mariña en novembro. Morto en decembro por infección de feridas de arma de fogo.

Home de 39 anos, Funcionario/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Empregado do Concello

Inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento

Home de 35 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
Natural de Xixón-Asturias. Mariño. Capitán de Infantería de Mariña

Xulgado en Ferrol por neglixencia co resultado de sentenza a prisión 3 anos

Home de 41 anos, Peón
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: A Gándara, Narón
Peón camiñeiro

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 22 anos, Electricista
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mobilizado como Artilleiro na Armada
Morto o 16 de setembro de 1936

Tras estar procesado en causa militar en Ferrol, resulta morto. Na propia causa consta un parte informando do suceso na prisión do Cuartel de Artillaría o 17/09/36 por un ataque de miocarditis. Sen embargo no rexistro civil consta a súa morte a causa de feridas por arma de fogo e ao mesmo tempo consta nos rexistros policiais como morto a mans da Forza Pública. Trátase dun paseo adiantándose ao resultado do proceso.

Home de 24 anos, Soldado
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Viveiro

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 17 anos, Mecánico
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Mugardos, Mugardos
Aprendiz mecánico

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos

Home de 33 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Natural de Serantes
Morto o 18 de xaneiro de 1937

Vítima da represión en León con resultado de morte.

Home de 21 anos, Armador
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)

Detido e inculpado en causa instruída en Ferrol por rebelión, sendo posto en liberdade.

Home de 27 anos, Empregado/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
UGT, Curmán do galeguista Federico Valeiro
Morto o 26 de xullo de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home de 25 anos, Moldeador
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
JSU e UGT, Secretario da Agrupación Socialista de sta Cecilia-Serantes

Xulgado en Ferrol co resultado de sobresemento

Home de 19 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes-Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Tripulante do "España".
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 64 anos, Garda civil
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Barcelona
Xeneral da Garda Civil
Morto o 21 de abril de 1939

Xulgado en Barcelona co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Barcelona e soterrado no cemiterio de Montjüic.

Home
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
CNT e JJLL, Afiliado ao Sindicato da Industria Naval
Morto o 06 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 20 anos, Delineante
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ribadeo, Ribadeo
Morto o 09 de agosto de 1936

Morte rexistrada no Hospital de Ribadeo a causa de hemorraxia producida por ferida de arma de fogo.

Muller de 16 anos, Traballo na casa
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 21 de xullo de 1936

Morte rexistrada por feridas de arma de fogo en Ferrol.

Home de 18 anos
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Serantes, Ferrol (A Coruña)
JSU
Morto o 16 de setembro de 1936

Detido no tren. Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasado polas armas.

Home de 20 anos, Mecánico
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ares, Ares

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia cadea perpetua

Home de 36 anos, Empregado/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ribadesella
Director do Banco Español de Crédito en Ribadesella

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Agochado na zona de Ferrol. Capturado. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) sentencia prisión menor 6 anos e maior 12. Liberdade condicional en 1941

Home de 27 anos, Cociñeiro/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Preso no Campo de concentración de Reus. Batallón de Traballadores en Madrid. Licenciado en agosto do 1940. Causa aberta en Ferrol por deserción

Home de 16 anos, Carpinteiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ San Carlos nº 34 -2º, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, pasando a disposición gobernativa

Home de 36 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Vogal da Sociedade de dependentes de comercio
Morto o 20 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Fuxido no bou "Ramón" a Francia. Procesado na causa 2134/1939 aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida do bou "Ramón) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/San Carlos, 35-2º, Ferrol (A Coruña)
Auxiliar 2º do "Almirante Cervera"
Morto o 14 de marzo de 1939

Xulgado en Ferrol por promover a rebelión militar a bordo do "Almirante Cervera" co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, na "Punta del Martillo" do Arsenal.

Home de 20 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ San Carlos nº 35 -2º, Ferrol (A Coruña)
Dependente de comercio

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo finalmente posto en liberdade

Home de 28 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo de Artillaría

Fixo a guerra na armada republicana. Preso en Figueres e Campo de Concentración de MIranda del Ebro. Tiña causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas) en Ferrol,

Home de 34 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ General Franco 110 1º, Ferrol (A Coruña)
Empregado do Comercio

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de absolución.

Home de 29 anos, Maquinista
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Baracaldo

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sobresemento

Muller de 28 anos, Peixeira/o
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ dos Mártires nº 14 -1º, Ferrol (A Coruña)

Xulgada en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de absolución. O seu marido, Miguel Domínguez López, executado en Cádiz

Muller de 29 anos, Peixeira/o
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ Espíritu Santo nº11 -1º, Ferrol (A Coruña)

Xulgada en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 1 ano e 6 meses de prisión.

Home de 20 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 11 de setembro de 1936

Morte rexistrada no Hospital de Mariña de Ferrol a causa de feridas producidas por arma de fogo.

Home de 29 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Auxiliar Segundo Naval do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia cadea perpetua. Conmutación por 20 anos e 1 día en febreiro do 40. Indulto en xaneiro do 1946

Home
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Estivo na Escola de Radio Telegráfica de Cartaxena e logo en campo de concentración en San Sebastián e Figueras

Home de 23 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Sarxento

Xulgado en Ferrol por lesións co resultado sobresemento

Home de 27 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Cabo de Mariñeiría no acoirazado "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Val-Narón.

A Navalla Suíza