Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 30 anos, Mestre/a
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Escarabote, Boiro
IR, Concelleiro en Boiro
Morto o 23 de febreiro de 1937

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Compostela.

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: R/ da Mariña-Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)
Mariño de remprazo no "Jaime I"

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e posta en liberdade.

Home de 33 anos, Oficinista
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Dícese que era o ex-alcalde de Ponteceso

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. En territorio republicano. Feito prisioneiro e castigado en varios batallóns de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 39 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Ponteceso (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 35 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaxes

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento provisional

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)
CNT

Fai a guerra no bando republicano. Causa militar instruída inicialmente no campo de concentración de Cervera-Lleida e continuada en Ferrol como inculpado por rebelión, sendo sobresida provisionalmente.

Home de 18 anos, Marmitón
Natural de Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de absolución.

Home de 28 anos, Funcionario/a
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada
Axente de policía marítima

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día

Home de 67 anos
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: San Xoan de Xornes-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Inculpado en causa militar na Coruña por tenencia ilícita de armas co resultado sobresemento

Home, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)
CNT, Afiliado ao Sindicato "El Despertar"

Traballa en varios barcos ao servizo da República. Ao remate da guerra, refuxiado no campo de Beziers e exiliado en Francia

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaxes

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Contramaestre

Inculpado en causa militar aberta en Donosti co resultado de sobresemento

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado en nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 21 anos, Militar
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)
Mariño. Cabo Apuntador do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sentencia prisión 8 anos. Conmutación por 6 anos e 1 día en febreiro do 1940

Home de 28 anos, Militar
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)
Telemetrista e cabo de mariñaría

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a prisión 17 anos

Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro e castigado en nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 42 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol (instruída contra os tripulantes do pesqueiro "Mascota" fuxido a Francia en setembro do 1937) co resultado sentencia absolución e queda en liberdade

Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)
JJLL e CNT, Das xuventudes libertarias. Secretario de "El Despertar Marítimo". Sindicato de Industrias Pesqueiras
Morto o 09 de outubro de 1937

Pasado polas armas, rexistrado morto en A Coruña.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. No exército republicano. Feito prisioneiro, integrado como voluntario nunha bandeira de Falanxe e, finalmente, castigado nun batallón de traballadores. Sobresemento na causa aberta en Ferrol

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro e castifado nun batallón de traballadores. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Muller de 52 anos
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgada en A Coruña por tenencia ou roubo de armas co resultado de sentencia absolución

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Capturado, pasou por diversos campos de concentración e batallón de traballadores 65 no que se licencia en xullo de 1939. Foi decretado o sobresemento na causa militar aberta contra el

Home, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
UGT, Mozo marítimo

Inculpado en dúas causas militares en Ferrol sendo posto en liberdade

Home de 49 anos
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)
Morto o 08 de agosto de 1937

Morte rexistrada en Cadavás-Ferreira-San Sadurniño a causa de hemorraxia interna e externa da rexión cervical.

Home, Patrón de pesca
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)
UGT

Inculpado en dúas causas militares en Ferrol sendo posto en liberdade

Home de 26 anos, Fogoneiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por inutlilización (deserción dun buque mercante) co resultado prisión 1 mes e 1 día multa de 125 ptas. Peza de responsabilidades civís na que é declarado insolvente

Home, Carabineiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña

Inculpado en causa militar na Coruña sendo posto en liberdade

Home de 25 anos, Patrón de pesca
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol polo delicto de sedición co resultado de prisión 8 anos e inhabilitación absoluta temporal. En 1940 conmutación por 6 anos

Home de 29 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, campo de Miranda e 2 anos nun batallón de traballadores.

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a 1 ano de prisión.

Home de 19 anos, Militar
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Froxán-Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)
Mariño do bou "Ciriza"

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentencia pena de morte. Conmutación por cadea perpetua. Logo 12 anos e 1 día e liberdade condicional en 1943

Home de 29 anos
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado e xulgado en San Sebastián co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento. Fixo a guerra na zona republicana. Capturada, campo de concentración en Santander e batallón de traballadores 148.

Home de 28 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
CNT, Vogal de "El Despertar Marítimo" en 1935

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída pola desaparición do vapor "Sagrado Corazón de Jesús") co resultado de sentencia cadea perpetua, despois de ser declarado en rebeldía e fuxido. Detido en 1939. Indulto en 1946

Muller de 39 anos, Traballo na casa
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: R/General Mola, 21-4º-Pasaia

Detida por supostas ameazas ao delator do seu xenro, Jesús Vidal Figueroa, que se atopaba na fronte no exército republicano.

Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción. Fuxido. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, pasa por diversos campos de concentración e batallóns de traballadores. Licenciado en 1940. Retómase o seu procesamento co resultado de sobresemento

Home de 18 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por inutilización co resultado de sentenza a prisión 1 mes e 1 día e multa de 250 ptas. Peza de responsabilidades civís, na que é declarado insolvente

Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Combateu no exército republicano. Capturado, batallón de traballadores especializado, do que desertou en 1940. Capturado de novo, foi procesado. Tiña xa causa aberta en Ferrol por deserción. Resultado: prisión 12 anos, no 42 condiclonal e 49 indulto

Home de 24 anos, Albanel
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver na estrada de circunvalación da Coruña.

Home de 20 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme. Realmente no 36 reside en Euskadi (Trintxerpe) onde está embarcado, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento provisorio. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado e preso en Avilés, campo de concentración en Camposancos e batallón de traballadores 100.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso. Realmente reside en Trintxerpe onde está embarcado, Ponteceso (A Coruña)
UGT

Tras estar fuxido e integrarse no exército republicano, é xulgado en Ferrol co resultado de setenza a un ano de prisión.

Home de 29 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana, campo de concentración e batallón de traballadores 2. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado sobresemento definitivo (1940) e queda en liberdade

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Foxe a Francia e logo exilio en Chile. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Indulto en abril do 1962

Home de 30 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Tras estar fuxido, preséntase en 1939. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 6 anos.

Home de 17 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 27 anos, Patrón de costa
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Xulgado en Ferrol por deserción. Fixo a guerra no exército republicano. Prisioneiro e castigo nun Batallón de Traballadores en Teruel.

Muller de 62 anos
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme-Ponteceso, Ponteceso (A Coruña)

Xulgada en A Coruña por tenencia ou roubo de armas co resultado de sentencia absolución

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Corme, Ponteceso (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento. Fixo a guerra no exército republicano, pasou por diversos campos de concentración e batallón de traballadores.

A Navalla Suíza