Páxina 1 de 1
Home de 26 anos, Albanel
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Patiño-Meirás, Sada (A Coruña)
CNT e PCE, Tesoureiro do Sindicato de oficios varios de Meirás. Directivo do Ateneo de cultura política e social e do Radio comunista de Sada.
Morto o 12 de agosto de 1936
Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna por lesións de disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en Monte Abeleira-Veigue-Sada.
Home de 28 anos, Funcionario/a
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada (A Coruña)
Axente de policía marítima
Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día
Home de 31 anos, Militar
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada (A Coruña)
CNT, Mariño de reemprazo. Soldado de segunda de Infantería de mariña. Albanel de profesión. OOVV de Sada
Xulgado en Ferrol por quebrantamento de consigna (manifestar que Francia axudaría á República) co resultado sentencia prisión 6 anos. Indultado en 1940
Home de 34 anos, Mestre/a
Veciñanza: Souto-Carnoedo, Sada (A Coruña)
PG, Mestre en Sada, filólogo e escritor. Presidente do Ateneo de Cultura Social e Política de Sada. Natural de Bos Aires-Arxentina. Afiliado a UGT.
Morto o 20 de agosto de 1936
Rexistrado como morto a causa de hemorraxia cerebral en Cesuras. Lugar de aparición do cadáver: km. 47 estrada Golada-Betanzos en Trasanquelos-Cesuras
Home de 34 anos, Funcionario/a
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Rioboo, Sada (A Coruña)
PG, Auxiliar do Secretario do Xulgado
Morto o 05 de setembro de 1936
Tras recoñecer os cadáveres de X.A. Suárez Picallo e outros compañeiros quítase a vida na súa casa, en Sada. A súa morte é rexistrada a causa de hemorraxia interna cerebral por arma de fogo
Home de 29 anos, Ferreiro/a
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada (A Coruña)
Agochado dende setembro do 1936. Causa aberta por deserción en Ferrol (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Despois, xulgado e sentenciado a prisión 6 anos. Denegación do indulto en 1941
Home de 26 anos, Carpinteiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Carmoedo-Sada, Sada (A Coruña)
Estivo agochado na casa até outubro do 1939 no que se presenta. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado prisión 6 anos. Indulto en abril do 1940
Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada, Sada (A Coruña)
CNT e FAI, Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Sada. Organizador nesta localidade dos grupos faístas "Luz" e "Nueva Vida"
Morto o 19 de xuño de 1938
Agochado 2 anos en Miño e nos illotes de Cabrón e Carboeira fronte a Perbes e Pontedeume. Morte rexistrada en Sada a causa de hemorraxia interna cerebral por disparo de arma de fogo. Aparición do cadáver na estrada de Fontán-Sada. Rexistrado inicialmente como descoñecido. Pode que se suicidase véndose acosado.
Home de 23 anos, Albanel
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada (A Coruña)
CNT, Dirixente do Sindicato de oficios varios de Sada
Morto o 01 de setembro de 1936
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Morto nunha cuneta en Crendes (Abegondo) segundo a testemuña da familia e dun veciño nunha causa militar aberta contra el
Home de 28 anos, Maquinista
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Fontán, Sada (A Coruña)
Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos
Home de 29 anos, Chofer
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Meirás, Sada (A Coruña)
CNT e PCE, Directivo do Sindicato de oficios varios e organizador do Radio Comunista de Sada.
Morto o 12 de agosto de 1936
Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Monte Abeleira-Veigue-Sada.
Home de 16 anos, Carpinteiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Osedo-Sada, Sada (A Coruña)
Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento
Home de 34 anos, Carabineiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada (A Coruña)
Xulgado na Coruña co resultado de declaración en rebeldía. Semella que foi capturado, asasiñado e soterrado nun lugar oculto
Home de 22 anos, Carpinteiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Meirás-Sada, Sada (A Coruña)
En 1937, preso no Cárcere de Betanzos, mentres se lle instrúe unha causa. Causa aberta por deserción en Ferrol (non se ter presentado a filas) sobresemento provisional
Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Veloi, Sada (A Coruña)
PG, Agrarista e do Sindicato de oficios varios de Sada (CNT). Directivo do grupo galeguista e secretario xeral da Fronte Popular en Sada e conselleiro comarcal do Partido Galeguista.
Morto o 12 de agosto de 1936
Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna producida por lesións, ás 17. Aparición do cadáver en Veigue-Abeleira-Sada.
Home de 21 anos, Ferreiro/a
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Mondego-Sada, Sada (A Coruña)
Mariño de reemprazo da tripulación do acoirazado "España".
Xulgado en Ferrol por sedición. Sentenza descoñecida
Páxina 1 de 1