Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 26 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: R/Santa María, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 06 de setembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Poco despois prodúcese a súa morte en Pontevedra, que non se rexistrará oficialmente ate xullo de 1940

Home de 31 anos, Funcionario municipal
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Estaba traballando no concello en 1938

Xulgado en Pontevedra por inxurias ao exército e auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 meses e suspensión do dereito a sufraxio.

Home de 42 anos, Tranviario
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 14 de decembro de 1936

Xuizo sumarísimo celebrado en Pontevedra o 13-12-1936 co resultado de execución. Fusilado na Avda. de Buenos Aires-Pontevedra xunto a súa irmá Consuelo. Rexistrado morto a causa de parálise dos centros cardíaco e respiratorio.

Muller de 54 anos, Traballo na casa
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 14 de decembro de 1936

Xuízo sumarísimo celebrado en Pontevedra o 13-12-1936 co resultado de pena de morte. Execución por un piquete da Garda Cívica. Morte rexistrada en Pontevedra a causa de parálise dos centros cardíaco e respiratorio. (Xunto a ela é executado o seu irmán Ramón)

Home de 34 anos, Ferroviario
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua e posteriormente a 20 anos.

Home de 25 anos, Zapateiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Bértola, Vilaboa

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución e a disposición do Delegado de Orde Pública.

Home de 26 anos, Avogado
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
UR, Fora Presidente da Comisión Xestora da Deputación Provincial de Pontevedra uns días no 1936.
Morto o 12 de novembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado

Home de 56 anos, Patrón de costa
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: O seu barco no porto da Coruña, A Coruña
CNT

Inculpado na causa aberta en Ferrol pola fuga dos pesqueiros Soledad Yáñez e Magdalena Venaches. Detido na prisión da Coruña

Home de 58 anos, Médico/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Tui
IR
Morto o 30 de outubro de 1936

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 33 anos, Mecánico naval
Natural de Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída contra tripulación vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" fuxidos a Francia) co resultado de sentencia absolución e queda en liberdade

Home de 27 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por mofarse da tropa co resultado de sobresemento provisional.

Home de 17 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por mofarse da tropa co resultado de sobresemento provisional.

Home de 37 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Lérez, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución e a disposicición do delegado de Orde Pública..

Home de 30 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Coia, Vigo
Morto o 17 de abril de 1937

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado, ás 11, nas inmediacións do castelo do Castro-Vigo.

Home de 34 anos, Labrego/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Ribadumia

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Prisión atenuada o 13-09-1940.

Home de 63 anos, Xornaleiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 28 anos, Xornaleiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 30 de xaneiro de 1937

Rexistrado morto en Pontevedra a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Pontevedra

Muller de 30 anos
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Travesia de Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgada en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e posta a disposición da autoridade militar.

Home de 27 anos, Comerciante
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
UR

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos o 26-06-1940.

Home de 67 anos, Mecánico
Natural de Pontevedra (Pontevedra)

Detido no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 64 anos, Tipógrafo
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo
PSOE, Presidente da Agrupación Socialista. Concelleiro e deputado
Morto o 27 de agosto de 1936

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo, no Cemiterio de Pereiró, ás 5:30

Muller de 64 anos, Parteira
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: R/ San Agustín nº 21 -1º, A Coruña

Xulgada na Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento, sendo posta en liberdade.

Home de 34 anos, Militar
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: El Pardo-Madrid
Capitán de enxeñeiros

Xulgado en Pontevedra por inxurias e desobediencia co resultado de sentenza a prisión 4 anos. Depurado no exército

Home de 29 anos, Carpinteiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home de 40 anos, Cociñeiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Salceda de Caselas
Morto o 29 de agosto de 1936

Ábreselle causa militar, pero fica suspendida ao informarse sobre a súa morte. Rexistrada en Tui a consecuencia de encontro coas tropas do exército.

Home de 41 anos, Mariñeiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Fogoneiro

Xulgado por inxurias ou coacción co resultado de sobresemento provisorio e posto en liberdade

Home de 26 anos
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Chapela-Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)

Tiña causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo de 1930 zona de Vigo) en Ferrol, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 16 anos
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Bora, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de absolución.

Home de 28 anos, Zapateiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Infiesto

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a prisión 20 anos

Home de 43 anos, Barbeiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: A Coruña
CNT, Delegado da "Confederación Regional Galaica" e da "Federación Local Obrera". Sindicato de barbeiros
Morto o 11 de maio de 1938

Tras loitar na fronte de Asturias é detido e xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado, ás 5:30, na Coruña.

Home
Natural de Pontevedra (Pontevedra)

Detido no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 22 anos, Latoeiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 11-9-1940.

Home de 45 anos, Canteiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional e a disposición do xeneral da rexión.

Home de 39 anos, Canteiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Mourente, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional.

Home
Natural de Pontevedra (Pontevedra)

Detención na Illa do Lazareto ou s Simón.

Home de 26 anos, Comerciante
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Salcedo, Pontevedra (Pontevedra)
Soldado. Pásase ao exército republicano en Santander

Xulgado en Lugo por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Home de 36 anos, Camareiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo
CNT, Directivo do Sindicato de Camareiros. Enlace en Vigo

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morto. Conmutación a cadea perpetua.

Home de 24 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Lourizán-Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Xulgado tamén en Ferrol por deserción en proceso incoado o 26-6-1937 co mesmo resultado.

Home de 20 anos, Labrego/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Salceda de Caselas

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 31 anos
Natural de Pontevedra (Pontevedra)

Preso nos campos de exterminio de Angulema, Mauthausen e Gusen. Liberado de Mauthausen o 5-5-1945.

Home, Canteiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Cerponzóns, Pontevedra (Pontevedra)
Membro da sociedade "La Fraternidad"

Xulgado en Pontevedra por suposta coacción co resultado de sobresemento provisional.

Home de 30 anos
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 02 de xuño de 1943

Preso nos campos de exterminio de Fallingbostel XI-B, Mauthausen e Gusen. Morte en Gusen.

Home de 50 anos, Carpinteiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Salcedo, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional.

Home de 38 anos, Mestre/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: San Xiao, Marín
UR, Con familia directa e política en postos de responsabilidade en Unión Republicana, entre eles o seu cuñado Celestino Poza Pastrana

Advertido dunha tentativa de asasinato, fuxe e agóchase. Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo dende 1936 ate 1958, sendo rehabilitado coa sanción de 3 anos fora da provincia e inhabilitación para cargos directivos de confianza

Home de 23 anos, Canteiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Bértola, Vilaboa

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home de 43 anos, Profesor universitario
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Madrid
Catedrático de Química Teórica en Madrid

Separación do servizo e multa por parte do TRP. Rehabilitado en 1952 continuou a docencia en Madrid pero inhabilitado para exercer cargos.

Home de 67 anos, Xuíz
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Xubilado

Detención na Illa do Lazareto ou s simón.

Home de 27 anos, Serrador
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Santander

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fixo a guerra no exército republican. Capturado, en Cantabria onde se lle abre causa. Sobresemento da causa aberta en Ferrol.

Home de 39 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Lérez, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 02 de decembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 7:30, no Km. 1 da estrada a Campañó, rexistrándose a morte a causa de colapso cardíaco.

Home, Transportista de peixe
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Sanxenxo

Detención sen procesamento xudicial en 1936. En 1948, xulgado en relación coa actividade política clandestina, co resultado de sentenza a 1 ano de prisión menor

A Navalla Suíza