Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 33 anos, Xornaleiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Cruxeiras, Ames

Inculpado en causa militar en Compostela, sendo posto en liberdade.

Home de 34 anos, Carabineiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vigo, Vigo
Carabineiro do Mar
Morto o 03 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia intracraneal por fractura da base do cráneo por proxectil de arma de fogo curta. Lugar de aparición do cadáver: Hospital militar-Vigo

Home de 37 anos, Fogoneiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa
CNT

Inculpado en dúas causas militares en Ferrol sendo posto en liberdade

Home de 52 anos, Labrego
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Arjona

Xulgado en Arjona co resultado de sentenza a prisión 20 anos

Home de 22 anos, Xornaleiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Ames
Mobilizado no exército franquista

Detido estando en filas. Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento, declarado adicto e volta a ser incorporado a filas

Home de 26 anos, Xornaleiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: A Susana, Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 30 de xuño de 1937

Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en compostela.

Home de 37 anos, Funcionario municipal
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Entre outubro de 1936 e xullo de 1937 permanece agochado na casa, sendo descuberto nun rexistro e xulgado a continuación en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Home
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)

Tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros

Home de 30 anos, Panadeiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: r/ Angustias 54, baixo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Dirixente do Sindicato de panadeiros

Fuxido no monte. Posteriormente agochado no seu domicilio até que se entrega en xullo de 1937. Retómase a súa inculpación en causa militar en Compostela pasando a disposición gobernativa para imposición de sanción.

Home de 20 anos, Mineiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Roxos-Villestro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 29 de xullo de 1936

Fuxido nos primeiros días do Golpe e morte rexistrada no Hospital de Compostela a causa de peritonite por perforación provocada por ferida de arma de fogo.ábrese causa militar para esclarecer o ocurrido, sen resultado

Home de 29 anos, Panadeiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santa Susana, Santiago de Compostela (A Coruña)
Do Sindicato de panadeiros

Inculpado en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento, pasando a disposición gobernativa

Home de 37 anos, Carniceiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: O Grove, O Grove
Morto o 16 de setembro de 1936

Morte rexistrada na rúa Concepción Arenal do Grove a causa de feridas causadas por disparos de arma de fogo.

Muller de 24 anos
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 02 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Chousa da Fonte-Vilar-Artes xunto co seu marido José Villaverde Miguez

Home de 37 anos, Mestre/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: R/ Santa Clara nº 12 -2º, Santiago de Compostela (A Coruña)
IR
Morto o 03 de decembro de 1936

Xulgado en Compostela por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en compostela.

Home de 45 anos
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
CNT
Morto o 02 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ponte San Xusto-Dombodán-Arzúa a causa de feridas de arma curta de fogo.

Home de 49 anos, Canteiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Vicepresidente do Sindicato de Canteiros de Santiago

Inculpado en causa militar en Compostela pasando a disposición gobernativa para imposición de sanción por responsabilidades civís

Home de 32 anos, Carpinteiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento provisional. Posto a disposición gobernativa

Home de 25 anos, Contable
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: O Pedral-A Mella, Arzúa
PCE, Secretario do PCE. Da Loxia masónica Agarimo. Directivo da Casa do Pobo
Morto o 11 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Arzúa a causa de hemorraxia cerebral

Home de 35 anos, Ferroviario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 22 de setembro de 1936

Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Boisaca-Compostela

Home de 32 anos, Xastre
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Rúa García Prieto, 48, Santiago de Compostela (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento.

Home
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Fillo de José Pasín Romero

Home de 58 anos, Ebanista
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Lider histórico do movemento obreiro compostelán

No momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, ate que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. a súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.

Home de 38 anos, Xoieiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 12 de xullo de 1937

Morte a mans da Garda Civil en Muíños de Marantes-Enfesta-Compostela.

Home de 47 anos, Mestre/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Cristimil, Lalín

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación a 4 anos o 26-06-1940.

Home de 29 anos, Tipógrafo
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Ames, Ames

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 19 anos, Militar
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Mariño Barbeiro

Xulgado en Ferrol por inutilización (causa instruída contra a tripulación do Contramestre Casado) co resultado de prisión 12 anos e 1 día. Indulto en Outubro do 1939. Liberación definitiva en Xuño do 1940

Home de 19 anos, Artista
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago, Santiago de Compostela (A Coruña)
Pianista

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia pena de morte. Conmutada por cadea perpetua

Home de 36 anos, Barbeiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Campo de Pastoriza, Santiago de Compostela (A Coruña)
Do sindicato de perruqueiros

Xulgado en Compostela por traizón co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 27 anos, Militar
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: A Baña-Cabanas, Cabanas
Mariño voluntario. Comerciante de profesión

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de absolución e queda en liberdade

Home de 50 anos, Funcionario/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Garda de Arbitrios

Tras ser ferido con arma de fogo curta por un sarxento de Artillaría, é xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento provisional e posto en liberdade

Home de 35 anos, Peón
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Do Sindicato de peóns

Inculpado en causa militar en Compostela pasando a disposición gobernativa para imposición de sanción.

Home de 42 anos, Fogoneiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vigo
CNT, Directivo do "Sindicato de Industrias Pesqueras" Vigo-Bouzas

Xulgado en Vigo por tenencia de armas co resultado de declaración en rebeldía. En 1942 entrégase e é posto a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 20 anos, Mozo
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: R/ das Hortas nº 6, Santiago de Compostela (A Coruña)
Almacenista e conserxe do Sindicato de dependentes e oficinistas de Compostela

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión sendo posto en liberdade

Home de 43 anos
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Encausado polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo

Home de 18 anos, Labrego/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado sentencia cadea perpetua

Home de 23 anos, Militar
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Mariño no Arsenal de Ferrol

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado sentencia prisión 1 ano

Home de 50 anos, Panadeiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 28 de xuño de 1937

Sobresido en causa militar e morte rexistrada en Compostela a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver no "Lugar da Amanecida", en Compostela.

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vilar, Silleda
Confesionalidade relixiosa protestante

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de absolución e desterro a non menos de 100 Km. de Vilar

Home de 23 anos, Obreiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)

Xulgado na Coruña por traizón co resultado de absolución.

Home de 27 anos, Canteiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Negreira
CNT, Vicepresidente do Sindicato de Oficios Varios

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 30 anos, Albanel
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Logrosa, Negreira
UGT

Tras estar fuxido, xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua

Home de 54 anos, Profesor universitario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Profesor auxiliar de Dereito Civil. Concelleiro de Compostela

Separación definitiva do servizo.

Home de 47 anos, Chofer
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Pontevedra
PSOE

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 40 anos, Zapateiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Corredoira de s Lourenzo 1, Santiago de Compostela (A Coruña)
CNT, Presidente do Sindicato de construtores de calzado
Morto o 07 de marzo de 1938

Xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Boisaca-Compostela

Home de 28 anos, Carpinteiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Morto o 11 de xaneiro de 1938

Fusilado en Compostela

Home de 42 anos, Profesor universitario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Profesor auxiliar de Literatura e catedrático de Instituto

Suspensión de emprego e soldo durante dous anos.

Home de 34 anos, Profesor universitario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Axudante de clases prácticas na Facultade de Medicina

Inhabilitación absoluta para todas as universidades españolas

Home de 27 anos, Electricista
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Xulgado en Compostela por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 20 anos de prisión.

Home de 23 anos, Tapiceiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
PCE
Morto o 30 de xullo de 1937

Morte rexistrada en Compostela a causa de destrucción orgánica do cerebro. Aparición do cadáver en Conxo-Compostela.

Home de 36 anos, Tranviario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Subida ao Castelo, Vigo
Morto o 06 de agosto de 1936

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo no Castelo de S. Sebastián

A Navalla Suíza