Home de 31 anos, Transportista de peixe
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Natural de Valladolid
Combateu no exército republicano. Capturado e xulgado en Madrid (29677/39) por auxilio á rebelión, sobresemento en 1944. Estivo nun reformatorio para adultos en Alicante e na prisión fábrica 2 en Elche até 1941.
Home de 31 anos, Electricista
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Coruxo-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Fuxido no monte. Xulgado en Vigo por deserción e por atentado contra un "Guardia Cívico" co resultado de declaración en rebeldía.
Home de 31 anos, Carpinteiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Barrio de Estrada-Beade-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Fixo a guerra na zona republicana. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Xulgado por rebelión militar e sentenciado a prisión 12 anos e 1 día. (1940) Conmutación por 6 anos no (1941) e condicional
Home de 29 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Directivo do Sindicato de metalúrxicos
Xulgado en varias causas en ferrol por deserción. Foi á olimpiada popular de Barcelona e non volta. Capturado. Retómase o seu procesamento en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día (outubro 1940).
Home de 24 anos, Carpinteiro
Veciñanza: Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Xulgado en A Coruña por traizón co resultado de sentencia cadea perpetua. Ingresa en San Cristóbal en xaneiro do 1937 e prisión atenuada en novembro do 1940
Home de 23 anos, Electricista
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Xulgado en A Coruña por traizón co resultado de absolución.
Home de 64 anos, Comerciante
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión.
Home de 21 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Soldado de reemprazo
Xulgado en Ferrol por traizón co resultado de sobresemento definitivo e posto en liberdade
Home de 31 anos, Factor de ferrocarril
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos
Home de 44 anos, Funcionario/a
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de León. Inspector de Monopolios.
Xulgado co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.
Home de 27 anos, Ferroviario
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da liberdade provisoria o 15-12-1941.
Home de 21 anos, Cobrador/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Soldado mobilizado no exército sublevado. Deserción e ingreso nas filas republicanas. Detido en Aragón, xulgado e condeado a prisión.
Home de 28 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Bouzas, Vigo (Pontevedra)
Alférez de navío do cruceiro "Libertad"
Xulgado en Barcelona en 1939 por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Previamente xulgado en Ferrol no proceso incoado o 9-2-1938 por deserción co resultado de declaración en rebeldía.
Home de 34 anos, Mariño
Veciñanza: R/ do Cristo, Bouzas, Vigo (Pontevedra)
Natural de Cádiz. Piloto da Mariña mercante. Capitán do pesqueiro de Bouzas "Lola Veiga"
Xulgado en Vigo por sedición co resultado de sentenza a cadea perpetua revogada polo Alto Tribunal Militar e condeado a 15 anos de prisión.
Home, Practicante
Veciñanza: Castrelos, Vigo (Pontevedra)
Practicante nun barco
Morte por disparos nunha noite de decembro de 1936, nunha cuneta nas inmediacións da igrexa de Beade-Vigo. foi soterrado nesta parroquia. O seu fillo, Víctor Romero Pazó, fuxido é executado en 1939.
Home de 38 anos, Engraxador
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de Zamora
Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Home de 24 anos, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional.
Home de 35 anos, Carpinteiro
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de Portugal.
Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.
Muller, Costureira
Veciñanza: Alcabre, Vigo (Pontevedra)
Tamén labrega
Rapada, estaba embarazada, ao ser interrogada polo paradoiro do seu marido que estivo agochado durante catro anos. Os irmáns de Cecilia, José e Antonino foron paseados.
de 38 anos, Patrón de cabotaxe
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Bouzas, Vigo (Pontevedra)
Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.
Home de 30 anos, Obreiro naval
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
PSOE e UGT
Ferido nos sucesos provocados polo golpe de Estado en Vigo (Porta do Sol) e despois agochado nunha casa particular.
Home, Tranviario
Veciñanza: Alcabre, Vigo (Pontevedra)
Detido en dúas ocasión sen procesamento xudicial. A familia tivo que abonar 25.000 ptas. para que saise da cadea, debendo vender case todos os seus bens. Quedou desempregado e moitas dificultades para atopar traballo.
Muller, Obreiro/a
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Traballadora nunha fábrica de conservas
Escapada tralo golpe de 36, detida e confinada na cadea de Vigo onde pasa máis dun ano. Finalmente exiliase a Cuba.
Muller de 19 anos, Prostituta
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Inculpada en causa militar en Ferrol. Incomunicada temporalmente e posta en liberdade
Home de 21 anos, Mecánico
Natural de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Veciñanza: Rúa de Lugo nº 3 -1º, Vigo (Pontevedra)
Cumprindo servizo na Mariña con destino no "Miguel de Cervantes"
Combate na Armada da República. Ingresado nun campo de concentración. Enviado a Vigo e inculpado en causa militar en Ferrol co resultado de sobresemento provisional e posto en liberdade provisional