Home de 15 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 10 de febreiro de 1938
Xulgado en varias causas en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e morte "por disparo en colisión con la fuerza pública" no Monte do Meixueiro (Bouziña-Lavadores)-Vigo.
Home de 24 anos, Caldeireiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Meixoeiro-Lavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 10 de febreiro de 1938
Rexistrado morto en Vigo a causa de disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Bouciña-Lavadores-Vigo
Home de 28 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Criado de labranza
Morto o 10 de febreiro de 1938
Morte rexistrada en Bouciña-Lavadores-Vigo a causa de feridas por arma de fogo.
Home de 28 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
JSU
Morto o 14 de febreiro de 1938
Tras ser xulgado en Vigo e sobreseido é movilizado no exército golpista. pásase ao exército republicano. Detido tentando fuxir a Francia por mar. Xulgado en Xixón co resultado de sentenza a pena de morte. Fusilado en Xixón.
Home de 27 anos, Carpinteiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
PCE
Morto o 16 de febreiro de 1938
Detido en Vigo. Ao ser liberado, mobilizado polo exército sublevado. Pasa ao exército republicano en Asturias. Detido e xulgado en Asturias do resultado de sentenza a pena de morte.
Home de 24 anos, Panadeiro/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Travesía Ceboleira-O Calvario-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 02 de abril de 1938
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e Morte "por disparos en colisión con la fuerza pública" nun monte en Becerreira-Cabral-Vigo.
Home de 33 anos, Metalúrxico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Casal-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
PCE, Dirixente do Partido Comunista de Vigo
Morto o 02 de abril de 1938
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Morte, tras estar fuxido, rexistrada en Vigo, no monte e a causa de hemorraxia en "lucha con la fuerza pública del destacamento de Cabral".
Home de 19 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: R/s. Francisco 75 3º-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Paleiro no bou "EVA"
Morto o 21 de maio de 1938
Xulgado en Vigo por adhesión á rebelión (causa instruída polo asalto ao "Bou Eva") co resultado de sentenza a pena de morte (previamente perpetua, pero modificada polo alto tribunal militar). Executado, ás 7, na Base Naval de Ríos en Vigo.
Home de 22 anos, Axente comercial
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: R/ Pérez Galdós 42, Vigo (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Morte na fuga do Forte de s Cristobal (Pamplona).
Home de 35 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Morto o 22 de maio de 1938
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal.
Home de 25 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
O seu pai ten negocios en Teis
Morto o 22 de maio de 1938
Xulgado enVigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.Morte rexistrada na fuga do Penal de San Cristóbal.
Home, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores-Brea, Vigo (Pontevedra)
Morto o 25 de maio de 1938
Xulgado en Ferrol por deserción.Fuxido dende o Golpe militar. Morte rexistrada en Vigo a causa de lesións producidas por disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: camiño de Brea-Lavadores
Home de 36 anos, Carpinteiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Salgueira-Sárdoma-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 18 de decembro de 1938
Rexistrado morto en Vigo a causa de destrución cerebral por disparo de arma de fogo curta. Lugar de aparición do cadáver: A súa casa (Salgueira-Sárdoma-Vigo)
Home de 23 anos, Barbeiro
Natural de Castrelo de Miño (Ourense)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 19 de xaneiro de 1939
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento. Morte rexistrada a causa de hemorraxia cerebral. Aparición do cadáver no seu domicilio en Sello-Cabral (Vigo). Barállase un posible suicidio.
Home, Empregado/a
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Morto o 20 de marzo de 1939
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido no monte e morte en Nigrán nun enfrontamento.
Home de 27 anos, Chofer
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
CNT, Dirixente do Sindicato Metalúrxico e Secretario do Sindicato de Oficios Varios. Natural de Huelva
Morto o 03 de abril de 1939
Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Foi acurralado pola garda civil nun domicilio particular, pegándose un tiro. Rexistrado en Vigo morto a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Toural-Teis-Vigo.
Home de 24 anos, Metalúrxico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo-CasaLavadores-Vigo, Vigo (Pontevedra)
JJLL e CNT, Ferreiro Axustador. Sindicato Metalúrxico de Vigo
Morto o 03 de abril de 1939
Rexistrado en Vigo morto a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Toural-Teis-Vigo
Home de 24 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
CNT, Do Sindicato metalúrxico
Morto o 04 de abril de 1939
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Morte en Vigo, ás 8, xunto a outro compañeiro, en acción de partidas de fuxidos. Aparición do cadáver en Moledo-Sárdoma.
Home de 42 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 25 de abril de 1939
Tras estar agochado, detido e xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na prisión. o seu pai, Manuel Moreda, irmáns de José e Constante e sobriño Lenin Moreda todos mortos pola represión.
Home de 25 anos, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Morto o 18 de xullo de 1939
Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e agochado. Finalmente morte a causa de tuberculose en 1939 na súa casa, onde os falanxistas facían vixianza na porta.
Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Oia, Vigo (Pontevedra)
Morto o 07 de outubro de 1939
Formaba parte dunha partida armada. Detido e xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna.
Home de 32 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Cabral, Vigo (Pontevedra)
Morto o 15 de outubro de 1939
Xulgado en varias causas co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e morte rexistrada a causa de hemorraxia e destrución da masa cerebral. Aparición do cadáver en A Millarada-Vilar de Enfesta-Redondela.
Home de 28 anos, Chofer
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
UGT
Morto o 07 de febreiro de 1940
Fixo a guerra na zona republicana. 51 días no campo de concentración de Salamanca. Morte na cadea en febreiro do 1940, nos Pavillóns Sanitarios-Vigo.
Home de 24 anos, Militar
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Coia-Vigo, Vigo (Pontevedra)
CNT, No servizo militar na Armada
Morto o 21 de decembro de 1940
Combate no exército republicano. Prisioneiro de guerra. Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol
Home de 57 anos, Cargador/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 19 de maio de 1941
Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Morte por causas naturais na prisión de s Simón.
Home de 29 anos, Electricista
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Coruxo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 18 de xuño de 1941
Xulgado en Vigo en 1937 por rebelión militar co rsultado de declaración en rebeldía. Estaba fuxido e lideraba unha partida de fuxidos. en 1939 é detido e ulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra nos malecóns de Monteporreiro.
Home de 54 anos, Panadeiro/a
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Natural de Portugal.
Morto o 27 de xuño de 1941
Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por avitaminose.
Home de 37 anos, Metalúrxico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 22 de decembro de 1941
Fuxido e declarado en rebeldía. Detido en 1939 e xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo, ás 8, no castelo do Castro.
Home de 25 anos, Ferroviario
Veciñanza: Urzáiz Nº 1, 4º, Vigo (Pontevedra)
Natural de Madrid
Morto o 15 de novembro de 1943
Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e morte - en enfrontamento armado- rexistrada a causa de hemorraxia interna.
Home de 39 anos, Electricista
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Morto o 14 de agosto de 1945
Xulgado en Vigo en diversas causas e declarado en rebeldía. Morte, tras levar anos fuxido, en enfrontamento coa Garda Civil en Mos.
Home de 30 anos, Labrego/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Sello-Cabral, Vigo (Pontevedra)
PCE, Afiliado ao Ateneo comunista de Cabral.
Morto o 26 de maio de 1947
O seu irmán José foi paseado en 1936. Pásase ao exército republicano. Detido e prisión en Zaragoza. De volta a Galicia entra a formar parte das partidas de fuxidos/guerrilla, sendo procesado e declarado en rebeldía en 1945, finalmente, acurralado pola Garda Civil, xunto a un compañeiro, suicídase antes de ser detido