Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Maceda (Ourense)
Veciñanza: Xinzo da Costa, Maceda (Ourense)
Morto o 30 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Berdelo-Lodoselo-Sarreaus a causa de destrozo cerebral e hemorraxia pulmonar.

Home de 37 anos, Xastre
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: R/ Venecia 100, Ribeira
Morto o 30 de agosto de 1936

Morte producida aproximadamente ás 24 horas, rexistrada en Lousame a causa de feridas por disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en Comparada-Vilacoba.

Home de 39 anos, Zoqueiro/a
Natural de Pol (Lugo)
Veciñanza: Fraialde, Pol (Lugo)
Morto o 30 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Río-Portomarín a causa de lesións producidas por proxectís de armas de fogo. Rexistrado coma descoñecido. O seu irmán Manuel e o seu sobriño Homero tamén son vítimas da represión.

Home
Morto o 30 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Taboadela

Home
Morto o 30 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Taboadela

Home de 58 anos, Propietario/a
Veciñanza: Orzán, 70, A Coruña (A Coruña)
IR, Deputado.
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 54 anos, Industrial
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Alcalde da Coruña
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 58 anos, Funcionario municipal
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
UR, Dirixente de UR. Vogal da "Liga Española de Derechos del Hombre". Secretario do Concello
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Exectutado na Coruña.

Home de 56 anos, Funcionario/a
Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Campo de Marte, 22, A Coruña (A Coruña)
PSOE, Oficial do Ministerio de Mariña. Presidente da Agrupación Socialista da Coruña. Socio de Germinal.
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Exectutado na Coruña.

Home de 44 anos, Funcionario municipal
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Rúa de Alesón 2-3º, A Coruña (A Coruña)
IR, Xefe de negociado do Concello da Coruña
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.

Home de 28 anos, Canteiro/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 23 anos, Carpinteiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 22 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Obreiro naval
Morto o 31 de agosto de 1936

Morto a mans da "Fuerza Pública".

Home
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
UR
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 36 anos, Ebanista
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Fene (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte xunto ao seu cuñado, tras ser sacados de casa atados cunha corda. Aparecen os cadáveres na porta do cemiterio de Catabois.

Home de 24 anos
Natural de Carral (A Coruña)
Veciñanza: Os Castros, A Coruña (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Soñeiro-Sada.

Home
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado en Valladolid co resultado de sentenza a pena de morte. Executado

Home de 32 anos, Empregado/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Muíños 29-2º, A Coruña (A Coruña)
UGT, Presidente do Sindicato de Banca. Militar retirado
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado sentenza a pena de morte. Executada na Coruña

Home, Obreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña (Ourense)
CNT, Directivo do sindicato único de traballadores da Gudiña
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado en Ourense co reusltado de declaración en rebeldía. Morte ao ser queimado xunto a 3 persoas máis en Pentes-A Gudiña.

Home de 29 anos, Garda de asalto
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Arcos, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Morto o 31 de agosto de 1936

Xulgado en Ourense por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 79 anos, Labrego/a
Natural de Rubiá (Ourense)
Veciñanza: Oulego, Rubiá (Ourense)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Oulego-Rubiá a causa de disparos.

Home de 34 anos, Xornalista
Natural de Castro Caldelas (Ourense)
Veciñanza: Castro Caldelas, Castro Caldelas (Ourense)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Campos de Reza-Ourense a causa de contusión cerebral por arma de fogo.

Home de 35 anos
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Barreiros a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Anea-s Cosme.

Home de 28 anos, Empregado/a
Natural de Oia (Pontevedra)
Veciñanza: San Miguel de Oia, Vigo (Pontevedra)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte rexistrada no monte Cabo Silleiro-Baiona a causa de grandes hemorraxias internas.

Home de 25 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Oia, Vigo (Pontevedra)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte, ás 4, rexistrada en Baiona a causa de hemorraxia intracraneal. Aparición do cadáver en Cabo Silleiro.

Home de 32 anos, Ferreiro/a
Natural de A Pastoriza (Lugo)
Veciñanza: Crecente, A Pastoriza (Lugo)
Concelleiro
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Mondriz-Castro de Rei a causa de disparos de arma de fogo.

Home de 21 anos, Labrego/a
Veciñanza: Fontelo-Canedo, Ourense
Morto o 31 de agosto de 1936

Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 22 anos, Militar
Veciñanza: Aguilas
Maquinista naval da Armada
Morto o 01 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por conspiración para a rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol

Home de 24 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Mariño Fogoneiro destinado en Ferrol
Morto o 01 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por conspiración para a rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol.

Home
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home
Veciñanza: Tui
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Tui a causa de encontro coas tropas do exército

Home
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Tui a causa de encontro coas tropas do exército.

Home
Veciñanza: Salceda de Caselas
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Tui a causa de "encuentro con las tropas del ejército. Morre con el o seu irmán Benito

Home
Veciñanza: Soutelo, Salceda de Caselas
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Tui a causa de "encuentro con las tropas del ejército".

Home de 23 anos, Albanel
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada (A Coruña)
CNT, Dirixente do Sindicato de oficios varios de Sada
Morto o 01 de setembro de 1936

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Morto nunha cuneta en Crendes (Abegondo) segundo a testemuña da familia e dun veciño nunha causa militar aberta contra el

Home
Veciñanza: O Porriño
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada na estrada de Salceda-O Porriño.

Home de 24 anos, Mestre/a
Natural de Santa Comba (A Coruña)
Veciñanza: As Travesas-sta Sabina, Santa Comba (A Coruña)
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte pola Garda Civil en Louro-Muros en aplicación da lei de fugas

Home de 30 anos, Mestre/a
Natural de Monterrei (Ourense)
Veciñanza: Flariz, Monterrei (Ourense)
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Poula de Martiño-Pentes-A Gudiña a causa de disparo e queimaduras.

Home de 28 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Ribadeo (Lugo)
Natural de Santander
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ribadeo a causa de hemorraxia producida por ferida de arma de fogo

Home de 24 anos
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada no km.6 da estrada Bueu-Cangas, en Aldán-Cangas, sen especificar a causa da morte.

Home de 32 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Torroso, Mos
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Soutelo-Salceda de Caselas sen determinar a causa da morte.

Home
Veciñanza: Vilamarín, Vilamarín
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Cumial-Seixalbo-Ourense

Home
Veciñanza: Río, Vilamarín
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Cumial-Seixalbo-Ourense

Home
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ourense. Aparición do cadáver na Estrada de Reza-Ourense.

Home, Tranviario
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
PSOE e UGT
Morto o 01 de setembro de 1936

Detido e paseado pola Garda Civil en Coirós. Soterrado nunha fosa común, sen atoparse o seu corpo.

Home de 41 anos, Pintor
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Sada (A Coruña)
CNT, Do Sindicato de oficios varios de Sada. Mestre decorador.
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte nunha cuneta en Crendes-Abegondo, xunto a José María Neira Torrado

Home de 64 anos, Carpinteiro
Veciñanza: A Ramallosa, Nigrán
Concelleiro
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte sen rexistro documental en San Xián-O Rosal.

Home
Morto o 01 de setembro de 1936

Morte, sen rexistro documental, en San Xián-O Rosal.

A Navalla Suíza