Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 39 anos, Industrial
Natural de Rois (A Coruña)
Veciñanza: A Escravitude, Padrón
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Picalgaio-Calo-Teo a causa de hemorraxia interna.

Home de 39 anos, Ferreiro/a
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Daxandra, Boimorto (A Coruña)
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada nas Voltas de Lapido-Ortoño-Ames a causa de hemorraxia cerebral e interna do hemitórax dereito. Inscrito inicialmente coma un cadáver sen idenfiticar, sendo identificado o 21-5-1937.

Home, Labrego/a
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: O Boído, Boimorto (A Coruña)
Concelleiro
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada nas Voltas de Lapido-Ortoño-Ames a causa de a causa de fractura da base do cráneo.Rexistrado inicialmente coma un cadáver sen identificar,sendo identificado o 23-10-1936.

Home, Labrego/a
Veciñanza: Bertomil-Brates, Boimorto (A Coruña)
Concelleiro
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada nas Voltas de Lapido-Ortoño-Ames a causa de fractura do cráneo irradiada á base coa destrución da masa cerebral.Inicialmente inscrito coma un cadáver descoñecido,sendo identificado o 26-1-1939.

Home de 42 anos, Labrego/a
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Arceo, Boimorto (A Coruña)
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada nas Voltas de Lapido-Ortoño-Ames a causa de hemorraxia interna por desintegración de vísceras torácicas e abdominais de orixe traumática.Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, identificado o 31-1-1946.

Home de 35 anos, Labrego/a
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Toá-Cardeiro, Boimorto (A Coruña)
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada nas Voltas de Lapido-Ortoño-Ames a causa de fractura da caixa craneal irradiada á súa base. Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido, identificado o 2-6-1939.

Home de 47 anos, Albanel
Natural de Boimorto (A Coruña)
Veciñanza: Paravico-Andabao, Boimorto (A Coruña)
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada nas Voltas de Lapido-Ortoño-Ames a causa de fractura da base do cráneo e hemorraxia interna abdominal.Inscrito inicialmente coma descoñecido e identificado o cadáver o 3-8-1939.

Home de 26 anos, Labrego
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Vilasoto, O Incio (Lugo)
Morto o 20 de agosto de 1936

Detido no Depósito de Sarria, de onde o sacan para ser rexistrada a súa morte a causa de shock traumático no Hospital de Lugo.

Home de 39 anos
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Lubre, Bergondo (A Coruña)
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Cesuras a causa de hemorraxia cerebral. Aparición do cadáver en Trasanquelos, no Km. 47 da estrada A Golada-Betanzos.

Home de 23 anos
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada no Monte Cabrais-Tállara-Lousame a causa de feridas por disparos de arma de fogo.

Home de 30 anos
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Camporredondo-Vilalba a causa de shock cerebral.

Home de 62 anos, Labrego
Natural de Cervantes (Lugo)
Veciñanza: Vilanova de San Pedro, Cervantes (Lugo)
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Puentes Nuevas-Ponferrada a causa de disparos de arma de fogo "consignándose además que la muerte de referencia fue motivada por el actual movimiento revolucionario".

Home de 23 anos, Zapateiro
Natural de Sober (Lugo)
Veciñanza: Doade, Sober (Lugo)
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada na Póboa de San Xiao-Láncara a causa de ferida por disparo de arma de fogo na parte inferior da rexión occipital.

Home de 31 anos, Labrego
Natural de Salceda de Caselas (Pontevedra)
Veciñanza: Pedrabuxiña-Parderrubias, Salceda de Caselas (Pontevedra)
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte rexistrada en San Xurxo-Salceda de Caselas en combate coas forzas do exército golpista.

Home
Morto o 20 de agosto de 1936

Morte no Hospital Municipal da Coruña rexistrada a causa de hemorraxia interna

Home, Fareiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Ayamonte
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte a causa da Represión en Ayamonte-Huelva

Home, Industrial
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Propietario dun quiosco no cantón de Molíns
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte a mans da "Fuerza Pública".

Home de 27 anos, Mestre/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Narón (A Coruña)
PCE, Mestre da escola de Quinta-Val-Narón
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 51 anos, Funcionario municipal
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
UGT, Dirixente da UGT
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 36 anos, Garda municipal
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública"

Home
Morto o 21 de agosto de 1936

Asasinado tras ser detido pola Garda Civil.

Home de 34 anos, Xornaleiro
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Limodre, Fene (A Coruña)
Obreiro da construcción naval
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte, ás 5, rexistrada a causa de varios balazos. Aparición do cadáver en Ares.

Home de 27 anos, Militar
Veciñanza: Barallobre, Fene (A Coruña)
Morto o 21 de agosto de 1936

Tras ser detido e inculpado en causa militar en Ferrol, prodúcese a súa morte en Laraxe-Cabanas

Home de 21 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Rúa Insua 10-1º, Ferrol (A Coruña)
JSU
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home, Funcionario municipal
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
JSU e UGT, Presidente das JSU e Secretario da Soc.Xastras e Xastres
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home
CNT
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "fuerza Pública".

Home de 18 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Rúa Roupeiro 14 b, Vigo (Pontevedra)
Morto o 21 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia e destrución cefálica. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Pereiró-Vigo

Home de 48 anos, Mariñeiro
Natural de A Arnoia (Ourense)
Veciñanza: Rúa da Ferraría-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 21 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia cerebral e torácica. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Pereiró-Vigo

Home de 30 anos, Labrego
Natural de Santiso (A Coruña)
Veciñanza: Beigondo, Santiso (A Coruña)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Beigondo-Santiso a causa de hemorraxia interna.

Home de 42 anos, Labrego
Natural de Santiso (A Coruña)
Veciñanza: Beigondo, Santiso (A Coruña)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Beigondo-Santiso a causa de hemorraxia interna.

Home, Obreiro/a
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
CNT, Natural de Portugal. Obreiro do Ferrocarril
Morto o 21 de agosto de 1936

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía ao atoparse fuxido. Tras ser tiroteado morreu. A súa morte non foi rexistrada documentalmente.

Home, Obreiro/a
Veciñanza: Portocamba, Castrelo do Val
Natural de Portugal. Obreiro do Ferrocarril
Morto o 21 de agosto de 1936

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Paseado en Portocamba sen rexistrarse documentalmente a súa morte.

Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Leiro (Ourense)
Veciñanza: San Clodio, Leiro (Ourense)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Regaverde de Razamonde-Cenlle a causa de hemorraxia traumática.

Muller de 38 anos, Labrego/a
Natural de Viana do Bolo (Ourense)
Veciñanza: San Mamede-Viana do Bolo, Viana do Bolo (Ourense)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte a causa de "fractura e destrucción da masa cerebral" no camiño da Gudiña a Viana (lugar das Reverdeitas). Incautados os seus bens

Home de 27 anos
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Moraña a causa de hemorraxia cerebral. Aparición do cadáver en Moraña.

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Ares, Ares (A Coruña)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Ares a causa de varios balazos.

Home de 41 anos, Avogado
Veciñanza: R/Alberto Aguilera-Madid
UR, Deputado. De vacacións en Outes en xullo de 1936
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Outes a causa de hemorraxia. O cadáver aparece en Sabardes. Ábrese causa para esclarecer os feitos sen resultado

Home de 73 anos, Labrego/a
Natural de Becerreá (Lugo)
Veciñanza: Horta, Becerreá (Lugo)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte no Incio a causa de disparos de arma de fogo "con motivo del movimiento revolucionario". Inscrito no Rexistro Civil de Becerreá o 17-7-1939.

Home
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada na estrada de Gondar a Vilagarcía, en San Miguel de Deiro-Vilanova de Arousa, a causa de hemorraxia interna por disparos de arma de fogo.

Home, Obreiro do Ferrocarril
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
Natural de Portugal.
Morto o 21 de agosto de 1936

Paseado no monte Ladeira-Portocamba sen rexistrarse documentalmente a súa morte.

Home de 36 anos, Labrego
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Castro de Rei de Lemos, Paradela (Lugo)
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada no Monte Couso de Reiriz-O Saviñao a causa de hemorraxia por perforación de proxectil.

Home de 32 anos, Practicante
Veciñanza: Castro-Tamicelas, Laza
Morto o 21 de agosto de 1936

Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home, Militar
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Xixón
Capitán
Morto o 21 de agosto de 1936

Detido polos militares golpistas no Cuartel de Simancas-Xixón, resultando morto tralo bonbardeo do mesmo por parte do exército republicano.

Home de 22 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Arteixo
Morto o 21 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Arteixo a causa de destrucción do cerebro. Aparición do cadáver en Pedras-Arteixo

Home
Veciñanza: Campobecerros, Castrelo do Val
Natural de Portugal
Morto o 21 de agosto de 1936

Paseado no monte Ladeira-Portocamba sen rexistrarse documentalmente a súa morte.

Home de 29 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Sevilla. Tenente de navío do "Almirante Cervera"
Morto o 22 de agosto de 1936

Xulgado en Ferrol por desobediencia co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, ás 17:30, na Galería de tiro do Arsenal.

Home de 31 anos, Pintor
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Neda
Obreiro naval
Morto o 22 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de disparos pola "Fuerza Pública" ao intentar escapar, tras ser sorprendido en reunión clandestina nas cercanías de Narón.

Home, Industrial
Veciñanza: Neda
Propietario dunha tenda en Neda
Morto o 22 de agosto de 1936

Morte no cemiterio de s Xiao-Naón.

Home de 28 anos, Mestre/a
Veciñanza: Sedes, Narón (A Coruña)
PSOE
Morto o 22 de agosto de 1936

Morte no cemiterio de s. Xiao-Narón

Home de 42 anos, Xornaleiro
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Eiris, A Coruña (A Coruña)
Morto o 22 de agosto de 1936

Morte rexistrada a causa de disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver en Veira-Carral.

A Navalla Suíza