Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 42 anos, Dependente
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Ourense, Ourense (Ourense)
Auxiliar de Farmacia
Morto o 10 de novembro de 1937

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentencia a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense. Causa militar de 1937.

Home de 19 anos, Obreiro/a
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Cangas (Pontevedra)
JSU, Traballador na fábrica de Cervera
Morto o 13 de novembro de 1937

Tras o seu procesamento en causa militar por rebelión militar, prodúcese a súa morte por disparos nun traslado.

Home, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Trubia
Comandante de artillaría
Morto o 14 de novembro de 1937

Fixo a guerra no exército republicano. Sentenciado. Executado en Oviedo

Home, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Trubia
Capitán de Artillaría destinado á Fábrica de Cañóns de Trubia
Morto o 14 de novembro de 1937

Executado en Oviedo.

Home de 37 anos
Morto o 15 de novembro de 1937

Morte rexistrada en Pereiro de Aguiar a causa de hemorraxia cerebral traumática. Aparición do cadáver en Couso-estrada de Ponferrada.

Home de 20 anos, Fontaneiro
Veciñanza: Santander (no servizo militar destinado en Ferrol)
Natural de Santander. No servizo militar como mariño destacado no arsenal de Ferrol
Morto o 16 de novembro de 1937

Xulgado en Ferrol co resultado de declaración en rebeldía. Detención e morte rexistrada no Hospital a causa de septicemia

Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de O Barco de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: O Barco de Valdeorras, O Barco de Valdeorras (Ourense)
Morto o 16 de novembro de 1937

Morte rexistrada no Hospital de Ourense a causa de contusión cerebral.

Home de 18 anos
Morto o 18 de novembro de 1937

Morte rexistrada no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda a causa de disparo de fusil máuser por un centinela.

Home de 42 anos
Morto o 19 de novembro de 1937

Morte rexistrada en Vilamarín a causa de arma de fogo. Aparición do cadáver na estrada Ourense-Chantada.

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Monfero (A Coruña)
Veciñanza: Piñeiro-Vilachá-Monfero, Monfero (A Coruña)
Morto o 20 de novembro de 1937

Rexistrado en Monfero morto a causa de ferida de bala. Lugar de aparición do cadáver: o seu domicilio (Piñeiro-Vilachá-Monfero)

Home de 55 anos, Mestre/a
Natural de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Vilamartín de Valdeorras (Ourense)
PSOE
Morto o 20 de novembro de 1937

Pasa de Galicia a territorio republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Xixón

Home de 52 anos, Industrial
Natural de Amoeiro (Ourense)
Veciñanza: Braña de Arriba-Xixón-Asturias
UGT, Propietario dun bar. Membro da "Liga de Chigreros"
Morto o 20 de novembro de 1937

Xulgado en Xixón co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 30 anos
Morto o 20 de novembro de 1937

Morte rexistrada en A Bola a causa de conmoción cerebral traumática. Aparición do cadáver en Sorga-Monte Forriolo.

Home de 46 anos
Natural de Asturias
Morto o 20 de novembro de 1937

Prisioneiro de guerra no campo de concentración de Rianxo, onde é rexistrada a súa morte

Home de 27 anos, Ferroviario
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Piñeira, Monforte de Lemos (Lugo)
Mozo de Tren
Morto o 24 de novembro de 1937

Rexistrado morto en Monforte de Lemos a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Piñeira-Monforte de Lemos

Home de 18 anos, Carpinteiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño (A Coruña)
Morto o 26 de novembro de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morto na cadea de colapso cardíaco.

Home de 55 anos, Xornaleiro
Natural de Frades (A Coruña)
Morto o 28 de novembro de 1937

Xulgado, en 1936, en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte por enfermidade na cadea.

Home de 37 anos
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Angoares, Ponteareas (Pontevedra)
Morto o 28 de novembro de 1937

Morte rexistrada en Fontiño- Moreira Monte Alegre-Ponteareas sen especificar a causa. Atópanse os seus restos do van aos pés o 28-11-1937 e o resto o 5-12-1937. Identificado pola cartilla militar que portaba.

Home, Canteiro/a
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
UGT, Miliciano do BON 219
Morto o 30 de novembro de 1937

Dase por paseado no Porto do Acevo na Fonsagrada.

Home, Albanel
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
CNT e PCE, Tenente do BON 219
Morto o 30 de novembro de 1937

Dase por paseado no Porto do Acevo na Fonsagrada.

Home, Canteiro/a
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
Morto o 30 de novembro de 1937

Loita como miliciano no BON 219 do exército republicano. Dase por paseado no Porto do Acevo na Fonsagrada.

Home de 23 anos, Barbeiro
Veciñanza: A Coruña
FAI, Directivo do sindicato de barbeiros (CNT). Socio de Germinal e membro de Orto
Morto o 01 de decembro de 1937

Morte rexistrada na Coruña a causa de feridas por arma de fogo.

Home de 30 anos, Zapateiro
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
FAI, Secretario do sindicato de zapateiros mecánicos. Redactor de "Brazo y Cerebro"
Morto o 01 de decembro de 1937

Rexistrado morto en A Coruña a causa de feridas por arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: A Coruña

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Estivo na Lexión, chegando a cabo, pero cun nome falso: Julio Díaz López.
Morto o 04 de decembro de 1937

Detido en setembro do 37. Procesado en causa militar en Ferrol por detención ilegal e suplantación da autoridade. Enviado ao hospital de Mariña en novembro. Morto en decembro por infección de feridas de arma de fogo.

Home de 29 anos
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Arcallana-Valdés
Morto o 06 de decembro de 1937

Executado en Luarca-Asturias

Home de 21 anos, Xornaleiro
Natural de Ordes (A Coruña)
Veciñanza: Ordes (A Coruña)
Morto o 08 de decembro de 1937

Xulgado en Compostela por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en compostela.

Home de 42 anos, Labrego/a
Morto o 08 de decembro de 1937

Prisioneiro de guerra no Campo de Concentración de Rianxo, onde é rexistrada a súa morte a causa de conxestión cerebral

Home de 21 anos
Veciñanza: Machichaco
Morto o 08 de decembro de 1937

Preso no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda, onde é rexistrada a súa morte a causa de febre tifoidea o 8-12-1937.

Home de 54 anos
Veciñanza: Xixón
Morto o 09 de decembro de 1937

Preso no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda, onde é rexistrada a súa morte a causa de colapso cardíaco o 9-12-1937.

Home de 20 anos
Natural de Viana do Bolo (Ourense)
Morto o 09 de decembro de 1937

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home de 44 anos, Patrón de pesca
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Llanes
Morto o 09 de decembro de 1937

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 44 anos, Mecánico
Natural de Chantada (Lugo)
Veciñanza: Chantada, Chantada (Lugo)
CNT
Morto o 09 de decembro de 1937

Voluntario no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Xixón
CNT, Afiliado ao Sindicato de Transportes Marítimos
Morto o 09 de decembro de 1937

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 42 anos, Obreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña, A Gudiña (Ourense)
CNT, Obreiro do ferrocarril.Presidente do SIndicato Único de Traballadores da Gudiña
Morto o 11 de decembro de 1937

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 35 anos, Obreiro/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Do ferrocarril
Morto o 11 de decembro de 1937

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 34 anos, Obreiro/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Do ferrocarril
Morto o 11 de decembro de 1937

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 31 anos, Barbeiro
Natural de A Gudiña (Ourense)
Veciñanza: A Gudiña (Ourense)
CNT, Tesoureiro do Sindicato único de traballadores
Morto o 11 de decembro de 1937

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 27 anos
Natural de O Barco de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Ribadeo, Ribadeo
Morto o 13 de decembro de 1937

Combateu no exército republicano. Capturado en Castropol e xulgado co resultado de sentenza a pena de morte. Executada.

Home de 60 anos, Labrego/a
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Seixalbo, Ourense (Ourense)
Morto o 13 de decembro de 1937

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Home de 35 anos, Enfermeiro/a
Natural de Guntín (Lugo)
Veciñanza: Lugo (Lugo)
IR, Membro fundador de IR en Lugo
Morto o 14 de decembro de 1937

Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo, ás 7:30, nas tapias do cuartel da Garda Civil.

Home de 37 anos, Panadeiro/a
Natural de Larouco (Ourense)
Veciñanza: R/ Urzaiz, Vigo
Morto o 15 de decembro de 1937

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Vigo.

Home de 49 anos, Fotógrafo/a
Veciñanza: Rúa do Orzán-A Coruña, A Coruña
Natural de Asturias.
Morto o 17 de decembro de 1937

Rexistrado morto en A Coruña a causa de feridas de arma de fogo.

Home de 58 anos, Labrego/a
Veciñanza: Barcia do Seixo, A Lama
Morto o 17 de decembro de 1937

Morte rexistrada en Porta Feixa-Doade-Xirazga-Beariz a causa de esmagamento do cráneo.

Home de 39 anos
Veciñanza: Bilbao
Morto o 17 de decembro de 1937

Fusilado en Bilbao

Home de 27 anos
Veciñanza: Bilbao
Morto o 18 de decembro de 1937

Fusilado en Bilbao

Home de 54 anos
Natural de Lugo (Lugo)
Morto o 19 de decembro de 1937

Preso no campo de concentración de Miranda de Ebro, onde se produce a súa morte por bronconeumonía

Home de 31 anos, Labrego/a
Morto o 20 de decembro de 1937

Prisioneiro de guerra no Campo de Concentración de Rianxo, onde é rexistrada a súa morte a causa de parálise xeral

Home de 25 anos
Morto o 20 de decembro de 1937

Preso no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda, onde é rexistrada a súa morte a causa de adenoma prostático

Home de 22 anos, Canteiro/a
Natural de Brión (A Coruña)
Veciñanza: Mato-A Luaña, Brión (A Coruña)
Do Sindicato de Oficios varios de Teo.
Morto o 21 de decembro de 1937

Detido e levado á cadea sen chegar a ser procesado. Sofre constantes malleiras, pode voltar a casa e a resultas deste maltrato acaba morrendo no seu domicilio, rexistrándose a morte a causa de tuberculose pulmonar.

Home de 40 anos, Zapateiro
Veciñanza: Oleiros (A Coruña)
Natural de Cáceres
Morto o 28 de decembro de 1937

Morte rexistrada en Aranga por disparos de arma de fogo. Aparición do cadáver na Ponte da Castelá-Aranga.

A Navalla Suíza