Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 69 anos
Veciñanza: Oviedo
Morto o 10 de maio de 1939

Preso e morte en San Simón. Rexistrada en Vigo a causa de colapso cardíaco por senectude

Home de 30 anos
Natural de O Incio (Lugo)
Veciñanza: Samos
Morto o 11 de maio de 1939

Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Morte rexistrada a causa de lesións tras ser tiroteado pola Garda Civil nunha casa en Eirexalba-O Incio.

Home
Morto o 11 de maio de 1939

Fuxido. Morte rexistrada en Eirexalba-O Incio a causa de desaparición total da masa encefálica a consecuencia dun tiroteo coa Garda Civil. Con el morren tamén Benigno Díaz González e a dona da casa na que agochaban, Carmen Maceda. Os fillos desta, Antonio e Anuncia, detidos. Aos poucos meses morre Anuncia na cadea.

Home de 72 anos, Pintor
Veciñanza: Grado
Natural de Asturias
Morto o 12 de maio de 1939

Preso e morto en San Simón. Morte rexistrada en Vigo a causa de asma por colapso cardíaco

Home de 32 anos, Carpinteiro
Morto o 12 de maio de 1939

Preso no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda, onde é rexistrada a súa morte a causa de caquexia e colapso cardíaco por tuberculose pulmonar

Home de 18 anos, Empregado/a
Natural de Barcelona
Morto o 12 de maio de 1939

Morte no campo de concentración de Oia a causa de colapso cardíaco febre tifoidea

Home de 61 anos, Avogado
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Barcelona
Partido Radical, Presidente da Sá III do Tribunal Supremo. Instrutor da causa contra os militares sublevados en Madrid o 18 de xullo de 1936. Fora Fiscal Xeral da República en 1931 e Deputado nas Cortes Constituíntes.
Morto o 12 de maio de 1939

Xulgado en Barcelona por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Campo da Bota-Barcelona e soterrado no cemiterio de Montjúic

Home de 34 anos, Labrego
Natural de Tarragona
Morto o 13 de maio de 1939

Morte no campo de concentración de Oia a causa de febre tifoidea.

Home de 23 anos, Dependente
Natural de Murcia
Morto o 16 de maio de 1939

Morte no campo de concentración de Oia a causa de bronconeumonía.

Home de 21 anos, Labrego
Veciñanza: Río Jabar-Asturias
Morto o 16 de maio de 1939

Morte rexistrada a causa de tuberculose exudativa na prisión de Celanova.

Home de 27 anos
Morto o 17 de maio de 1939

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home de 52 anos
Natural de Lleida
Morto o 18 de maio de 1939

Preso no Campo de Concentración de Betanzos. Morte rexistrada a causa de nefrite.

Home de 29 anos, Labrego/a
Morto o 20 de maio de 1939

Preso no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda, onde é rexistrada a súa morte a causa de edema pulmonar por bronconeumonía

Home de 38 anos, Labrego/a
Natural de Lleida
Morto o 20 de maio de 1939

Preso no Campo de Concentración de Oia. Morte rexistrada a causa de colapso cardíaco.

Home de 34 anos, Xastre
Natural de Navia de Suarna (Lugo)
Veciñanza: Galegos, Navia de Suarna (Lugo)
Morto o 24 de maio de 1939

Morte rexistrada en Moia-Navia de Suarna a causa dunha bala que lle atravesou o corazón.

Home de 33 anos, Empregado/a
Veciñanza: Turón
Morto o 30 de maio de 1939

Morte rexistrada a causa de tuberculose pulmonar na prisión de Celanova.

Home de 28 anos, Estudante
Veciñanza: Viveiro, Viveiro (Lugo)
PG, Natural de Bos Aires-Arxentina. Concelleiro. Estudante de Maxisterio
Morto o 01 de xuño de 1939

Xulgado en Lugo en catro procesos por traizón e rebelión militar co resultado de declaración de rebeldía. Fuxido. O procesamento queda sen efecto por morte no Monte Menán-Ortigueira a causa de fractura do cráneo por disparos de arma de fogo.

Home de 26 anos, Músico
Natural de Ortigueira (A Coruña)
Veciñanza: Cuíña, Ortigueira (A Coruña)
Tamén era ferreiro.
Morto o 01 de xuño de 1939

Inculpado en causa militar por integrar unha partida de fuxidos. Morte rexistrada a causa de fractura do cráneo por disparos de arma de fogo nun monte do Lugar de Monte Meán-Ortigueira.

Home de 22 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Cartaxena
Mariñeiro voluntario na Armada con destino en Cartaxena
Morto o 01 de xuño de 1939

Combate no exército republicano. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte (ditada polo Alto Tribunal Militar). Executado en Ferrol, no Arsenal.

Home de 72 anos, Labrego/a
Veciñanza: Madrilejo
Morto o 07 de xuño de 1939

Preso en San Simón. Morto na cadea. Rexistrado en Vigo a causa de hemorraxia interna de cráneo por fractura na súa base ao caer polo cantil da Illa de San Simón

Home de 64 anos, Viaxante
Veciñanza: Casasola de Arión
Morto o 16 de xuño de 1939

Preso en San Simón. Morto na cadea. Rexistrado morto en Vigo a causa de uremia por nefrite. Lugar de aparición do cadáver: San Simón-Redondela

Home de 32 anos, Militar
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: R/ Alegría 46, Narón (A Coruña)
Fogoneiro preferente da Armada con destino no "Libertad".
Morto o 17 de xuño de 1939

Ferido e hospitalizado foi feito preso na ocupación de Valencia. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Arsenal de Ferrol.

Home de 26 anos, Militar
Natural de Moeche (A Coruña)
Veciñanza: Estrada de Castela 100, Ferrol (A Coruña)
Cabo de Mariñería no Cruceiro "Libertad".
Morto o 17 de xuño de 1939

Prisioneiro de guerra. Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Arsenal de Ferrol.

Home de 20 anos
Morto o 17 de xuño de 1939

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home de 68 anos, Albanel
Natural de Zaragoza.
Morto o 23 de xuño de 1939

Morte na Illa do Lazareto ou s Simón a causa de hemorraxia cerebral por hipertensión.

Home, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Mariño na Armada republicana
Morto o 23 de xuño de 1939

Fusilado en Cartaxena ao final da Guerra

Home de 25 anos, Xastre
Natural de Redondela (Pontevedra)
Veciñanza: Redondela (Pontevedra)
Presidente da Casa do Pobo de Redondela
Morto o 27 de xuño de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua e multa de 2 millóns de pesetas. Morte de enfermidade na cadea.

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Tui (Pontevedra)
Veciñanza: Baiona
Morto o 27 de xuño de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na cadea por enfermidade.

Home de 57 anos
Natural de Vilaboa (Pontevedra)
Veciñanza: Bértola, Vilaboa (Pontevedra)
Morto o 28 de xuño de 1939

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua. Morte rexistrada o 28-6-1939 na Illa do Lazareto de San Simón a causa de tuberculose pulmonar.

Home de 34 anos, Militar
Natural de Cádiz. Cabo da Armada. Membro da Unión Militar Republicana Antifascista. no momento do golpe estaba destinado no Ministerio de Mariña
Morto o 30 de xuño de 1939

Fixo a guerra no exército republicano. Logo de presentarse en Irún, é internado nun campo de concentración, de onde é trasladado a Ferrol. Xulgado co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 40 anos, Chofer
Natural de A Rúa (Ourense)
Veciñanza: Estación-A Rúa, A Rúa (Ourense)
Morto o 10 de xullo de 1939

Morte rexistrada na Rúa por disparo.

Home de 58 anos, Industrial
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño (A Coruña)
Morto o 13 de xullo de 1939

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 12 anos Ingresa no Hospital da Mariña, en réxime de prisión atenuada, onde se produce a súa morte

Home de 32 anos, Mecánico
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Cangas de Narcea
Morto o 14 de xullo de 1939

No exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte

Home
Veciñanza: Ourense, Ourense
Morto o 16 de xullo de 1939

Morte no cárcere de Ourense a causa de disparos

Home de 64 anos
Veciñanza: Zaragoza
Morto o 17 de xullo de 1939

Preso e morte en San Simón. Rexistrada en Vigo a causa de reblandecemento cerebral

Home de 25 anos, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Teis, Vigo (Pontevedra)
Morto o 18 de xullo de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido e agochado. Finalmente morte a causa de tuberculose en 1939 na súa casa, onde os falanxistas facían vixianza na porta.

Home de 62 anos, Labrego/a
Veciñanza: Málaga
Morto o 18 de xullo de 1939

Preso e morte en San Simón. Rexistrada en Vigo a causa de hemorraxia intestinal

Home de 65 anos
De Albacete
Morto o 18 de xullo de 1939

Prisioneiro de guerra procedente da Fronte de Cataluña, preso no campo de concentración da Pobra do Caramiñal en febreiro de 1939. Morte a causa de septicemia

Home de 66 anos
Veciñanza: Oliva de Jerez
Morto o 20 de xullo de 1939

Preso e morte en San Simón. Rexistrada en Vigo a causa de neoplasia intestinal.

Home de 51 anos, Axente comercial
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Xixón
IR
Morto o 21 de xullo de 1939

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 20 anos de prisión. Morte rexistrada na prisión de El Coto-Xixón a causa de tuberculose pulmonar.

Home de 33 anos, Militar
Veciñanza: Cartaxena
Fogoneiro preferente da Armada
Morto o 24 de xullo de 1939

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Punta do Martelo no Arsenal.

Home de 26 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Fogoneiro Preferente da Armada. Prisioneiro de guerra
Morto o 24 de xullo de 1939

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Arsenal de Ferrol.

Home de 20 anos, Mineiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Vieiro, Viveiro (Lugo)
Morto o 27 de xullo de 1939

Xulgado por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Tras estar fuxido, en 1939, entrégase enfermo de bronconeumonía, producíndose a súa morte no Hospital de Lugo.

Home de 35 anos, Carpinteiro
Natural de Cuenca
Morto o 27 de xullo de 1939

Prisioneiro de guerra procedente da fronte de Cataluña no campo de concentración da Póboa do Caramiñal, onde é rexistrada a súa morte a causa de epilepsia.

Home de 61 anos
Veciñanza: Málaga
Morto o 28 de xullo de 1939

Preso e morte en San Simón. Rexistrada en Vigo a causa de enterocolite aguda

Home de 61 anos
Natural de Málaga.
Morto o 28 de xullo de 1939

Morte na Illa do Lazareto por causas naturais.

Home de 60 anos, Carpinteiro
Veciñanza: Oviedo
Morto o 29 de xullo de 1939

Morte rexistrada a causa de estenocardia na prisión de Celanova.

Home de 58 anos, Labrego/a
Natural de A Guarda (Pontevedra)
Veciñanza: Camposancos, A Guarda (Pontevedra)
Morto o 31 de xullo de 1939

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte por nefrite crónica na cadea.

Home de 49 anos
Veciñanza: Hondarribia
Morto o 01 de agosto de 1939

Presión e morte na illa de San Simón a causa de colapso cardíaco.

Home de 33 anos, Xornaleiro
De Zorroza-Bilbao
Morto o 01 de agosto de 1939

Morte rexistrada a causa de anemia hemorráxica na prisión de Celanova.

A Navalla Suíza