Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 36 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Seaia-Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulación da "Segunda Polar"

Fuxido na "Rocío", carabineiro do mar na República campos de concentración e batallóns de traballadores en Francia. Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (fuxida da motora "Rocío") prisión 12 anos e 1 día (1942) e conmutación por 8 (43)

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Barizo-Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulante da "Segunda Polar"

Fuxido na "Rocío". Combate exército republicana. Campos de concentración e batallóns de traballadores. Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida da motora "Rocío") prisión 12 anos e 1 día (1940) e conmutación por 8 (41)

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulante "Rocío"

Fuxido na "Rocío", carabineiro do mar, campos de concentración e batallóns de traballadores en Francia. Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (fuxida da motora "Rocío") prisión 12 anos e 1 día (1942) e conmutación por 8 (43)

Home de 35 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Coopartícipe e tripulante da "Rocío"

Tras estar fuxido, traballar no porto de Barcelona e refuxiarse en Francia, é xulgado en Ferrol por rebelión militar (fuxida da motora "Rocío") co resultado de sentenza a prisión 12 anos. (1943)

Home de 27 anos, Fogoneiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo (A Coruña)
Embarcado no Atxeri-Mendi

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, estivo no Campo de Teruel. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 1 ano (1939). Indultado e embargo de 5000 ptas.

Home de 26 anos
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos, Betanzos (A Coruña)

Fuxido en Francia dende xaneiro do 1937 a xullo do 1942. Condeado causa 245/43 por auxilio á rebelión. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 4 anos (1947). Embargo de bens en 1947

Home de 31 anos, Xornaleiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Sección de Chaboleiros do SIP

Fuxe en xullo do 1936. Combateu no exército republicano. Traballos forzados para franceses e alemáns. Volta a A Coruña en 1946. Tiña causa aberta por rebelión sentenciado a prisión 12 anos e 1 día.

Home de 31 anos, Mestre/a
Natural de Ribadumia (Pontevedra)
Veciñanza: Vilanova de Arousa, Vilanova de Arousa
PSOE e UGT, FETE-UGT

Fuxido dende os primeiros días. Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a cadea perpetua por adhesión á rebelión (auditor Madrid). Conmutación por 12 anos e 1 día (1940).

Home de 24 anos
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Erandio

Declarado desertor. Servizo no exército republicano. Prisioneiro de guerra. Xulgado co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación. Pasa polos Campos de concentración de Santoña, Soria, Deusto e Traballo forzado na SCN de Sestao.

Muller de 36 anos, Prostituta
Veciñanza: R/ San Antonio 6, Vigo (Pontevedra)
Natural de Zaragoza. Estaba de encargada nun prostíbulo da rúa San Antonio, barrio da Pedra, en Vigo.

Xulgada en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 53 anos, Mariñeiro
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: R/ Arenal 140, 1º. Vigo, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Tamén procesados o seu fillo Armando Sánchez Jalda e o seu sobriño José Iglesias Sánchez

Home de 33 anos, Fogoneiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: R/ Poboadores 39, 2º. Vigo., Vigo (Pontevedra)
CNT, Do SIP-CNT

Fuxido en xullo do 36, foi detido e enviado ao lazareto de San Simón, onde permaneceu 14 meses sen xuízo. De volta en Vigo, embarcouse coma mariñeiro no vapor pesqueiro "Nuevo Celta", que fuxiu a Brest na noite do 01/10/1938. Declarado fuxido e en rebeldía en proceso xudicial aberto en Ferrol. Retorna da Francia en 1949, retomándose o seu procesamento en Ferrol, sendo xulgado co resultado de sentenza a prisión 1 ano

Home de 32 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)

Fuxido. Itegrouse no exército republicano. Prisioneiro de guerra. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: R/ Doutor Corbal 46. Teis-Vigo, Vigo (Pontevedra)
CNT, Sindicato de Mariñeiros de Teis. SIP-Vigo.

Declarado en rebeldía. Combate no exército republicano. Prisioneiro. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas, acusado de traballar en barcos recalando en portos republicanos) co resultado prisión militar menor 1 ano. Indultado en decembro do 1940

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Palmeira, Ribeira (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a prisión 2 anos

Home de 33 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Xobre-A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Combateu no exército republicano, preso no Ebro, campo de Miranda de Ebro. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día (consello de guerra en 1939)

Home de 38 anos, Mariñeiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Cabo de Cruz, Boiro (A Coruña)

Tras estar fuxido e combater no exército republicano, é capturado e xulgado en Ferrol, en outubro de 1940, por rebelión militar co resultado sentenza a cadea perpetua.

Home de 30 anos, Carpinteiro
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Moruxo-Bergondo, Bergondo (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 2 anos reclusión militar menor. Indultado en outubro do 1940

Home
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo-Lubre, Bergondo (A Coruña)

Estivo agochado na súa casa até que se presentou en 1940. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 3 anos. Aplicado o indulto de 1939

Home de 29 anos, Ferreiro/a
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Fioche-Moruxo-Bergondo, Bergondo (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 6 anos militar menor. Indultado en 1940, aplicación do indulto de 1939

Home de 31 anos, Albanel
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Ouces-Bergondo, Bergondo (A Coruña)

Agochado na casa. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado prisión 1 ano (1943). Aplicado o indulto de 1939

Home de 23 anos, Militar
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Barrio da Igrexa-Candeán-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Mariño artillerio do "Libertad". De reemprazo. Labrego de profesión.

Combateu no exército republicano. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 1 ano, indultado en outubro do 1939

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Fixo a guerra na zonarepublicano, refuxiado en Francia nun campo até 4/12/39, compañía traballadores até 12/40. Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (fuxida do "Chicha 2") cadea perpetua (1942), conmutada a 25 ese ano e indulto no 45 libre.

Home de 17 anos, Mariñeiro
Natural de Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Veciñanza: Malpica, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Tripulante da "Emilia"

Fuxido na "Rocío". Carabineiro do Mar coa República. Capturado e nun campo en agosto do 1939. Batallón de traballadores 46. Causa aberta en Ferrol por adhesión á rebelión (fuxida do "Rocío") prisión 6 anos e 1 día (1942). Indultado ese mesmo ano

Muller
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)

Xulgada en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentencia a 15 anos de prisión.

Home de 52 anos, Camareiro/a
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: Xixón
CNT

Xulgado en Xixón co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home, Ferroviario
Natural de O Porriño (Pontevedra)
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)
PSOE

Xulgado co resultado de sentenza a cadea perpetua. Ademais de estar na cadea, prisioneiro no Batallón de soldados traballadores Nº 6 de Igal-Navarra.

Home, Carpinteiro
Veciñanza: O Porriño (Pontevedra)

Xulgado co resultado de sentenza a prisión.

Home de 27 anos, Mestre/a
Natural de Celanova (Ourense)
Veciñanza: Magán, Cuntis

Xulgado en Talavera de la Reina co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 26 anos, Carpinteiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Carmoedo-Sada, Sada (A Coruña)

Estivo agochado na casa até outubro do 1939 no que se presenta. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado prisión 6 anos. Indulto en abril do 1940

Home de 26 anos, Canteiro/a
Natural de Vilarmaior (A Coruña)
Veciñanza: Vilarmateo-Vilarmaior, Vilarmaior (A Coruña)

Agochado no monte até 1945. Detido e Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado prisión 4 anos militar menor. Indultado en 1947

Home de 24 anos, Militar
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño do Jaime I. Cabo de mariñeiría

Fuxido dende os primeiros días. Causa aberta en Ferro por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Xulgado en Ferrol en 1940 co resultado sentencia prisión 6 anos, indulto ese mesmo ano

Home de 28 anos
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Rebordelo-Boiro, Boiro (A Coruña)

Fuxido dende os primeiros días. Causa aberta en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza prisión 20 anos en 1946.

Home de 31 anos, Fogoneiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Aguete-Marín, Marín (Pontevedra)

Estando embarcado en Irlanda recalou en Francia e pasou para Bilbao e Cataluña. Fixo a guerra na zona republicana. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas), o fiscal pide 12 anos polo delicto de rebelión. Finalmente é sentenzado por deserción coa pena de 3 anos. Aplícaselle o indulto de 1939

Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de Ponteceso (A Coruña)
Veciñanza: Pasaia

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a 1 ano de prisión.

Home de 31 anos, Canteiro/a
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Mogor-Marín, Marín (Pontevedra)
UGT, Pertencía á Sociedade de Canteiros de Marín

Fuxido a Portugal en xullo do 1936. Detido en outubro do 1939. Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: Bilbao

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, xulgado por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 29 anos
Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Ribadeo, Ribadeo (Lugo)

Fuxido no 1937, preséntase no 1940. Causa en Lugo 319/41 sentenciado prisión 12 anos.

Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Perbes-Miño, Miño (A Coruña)

Agochado na casa até 1944.Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Xulgado e sentenciado a prisión 3 anos. Aplicación do indulto de 1939, queda en liberdade

Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Vilarmaior (A Coruña)
Veciñanza: Güimil-Vilarmaior, Vilarmaior (A Coruña)

Agochado no monte até 1945. Detido e Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado prisión 4 anos militar menor. Indultado en 1947

Home de 22 anos, Labrego/a
Natural de Bergondo (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo (A Coruña)

Agochado até que é detido en 1940. En 1941 atópase cumprindo 9 anos de prisión termporal.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Miño, Miño (A Coruña)

Tras ser declarado en rebeldía, é xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia pena de morte. Conmutación por cadea perpetua.

Home de 28 anos, Carpinteiro
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Vilanova-Perbes-Miño, Miño (A Coruña)

Agochado na casa até xaneiro do 1944. Causa aberta por deserción en Ferrol (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Xulgado e sentenciado a prisión 2 anos. Aplicación do indulto

Home de 29 anos, Xornaleiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: R/Magdalena-Betanzos, Betanzos (A Coruña)

Fuxido até 1945. Causa aberta por deserción en Ferrol (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Xulgado e sentenciado a prisión 2 anos. Aplicación do indulto

Home de 45 anos, Carpinteiro
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro (A Coruña)
Concelleiro e depositario dos fondos municipais.

Fuxido. Capturado. Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 25 anos, Ferreiro/a
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro (A Coruña)
JJ.SS., Presidente das Xuventudes Socialistas

Fuxido. Capturado. Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a cadea perpetua (1941), En 1943 en liberdade condicional pero desterrado.

Home de 21 anos, Funcionario municipal
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Boiro (A Coruña)
Escribinte interino no Concello

Fuxido. Capturado. Retomado o seu procesamento. Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 22 anos, Mecánico
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Cabo da Cruz, Boiro (A Coruña)
UGT, Membro da directiva de UGT en Cabo da Cruz

Fuxido. Capturado. Retomado o seu procesamento e xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a cadea perpetua (1941)

Home de 29 anos, Ferreiro/a
Natural de Boiro (A Coruña)
Veciñanza: Boiro, Boiro (A Coruña)

Xulgado en Ferrol co resultado de declaración en rebeldía. En 1939 xulgado en Andújar co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Expediente por responsabilidades políticas.

A Navalla Suíza