Home, Comerciante
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
Propietario de comercio téxtil
Ingresado en prisión por orde gobernativa. Envía ao seu fillo a cuba para evitar o seu asasinato. O seu cuñado, Ricardo Bonome Seoane, fuxido e declarado en rebeldía
Home de 19 anos, Militar
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo
Mariño. Mariñeiro de Primeira da tripulación do Torpedeiro nº 2
Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída contra a tripulación do Torpedeiro nº 2 polo delicto de rebelión militar) co resultado de sentencia absolución
Home de 29 anos, Varredor/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: R/ Orillamar, A Coruña
Un día sen determinar de 1936, recibe unha citación para presentarse co cuartel da Garda Civil, faino e ao día seguinte xa desaparecera. Un oficial da Garda Civil, amigo da infancia, confirmoulle a súa muller o seu paseo.
Home de 40 anos, Caldeireiro/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
CNT
Morto o 27 de agosto de 1936
Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".
Home de 25 anos, Ferroviario
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos, Betanzos (A Coruña)
Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión co resultado sentencia absolución (pasa un mes en prisión)
Home de 32 anos, Arquitecto
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
Fillo de Rogelio Caridad Pita
Xulgado en A Coruña co resultado de declaración en rebeldía.Fuxido a Brest. Exilio en México
Home de 38 anos, Areeiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
CNT, Tamén xornaleiro. Do Sindicato de profesións varias
Morto o 28 de outubro de 1936
Sacado da súa casa, fuxe á altura do hospital de San Antón, pero é ferido. Despois co pretexto de trasladalo a Santiago, será asasinado en San Tirso-Abegondo
Home de 39 anos, Labrego/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Porzomillos-Oza dos Ríos, Oza dos Ríos
Agochado na casa até 1940. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 2 anos. Aplicación do indulto
Home de 47 anos, Propietario/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Praza Irmáns García Naveira, Betanzos (A Coruña)
Morto o 09 de marzo de 1939
Morte a mans dun garda civil na vía pública a carón do seu domicilio
Home de 24 anos, Metalúrxico
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: 4º Travesía da Mariña nº 45 b, Betanzos (A Coruña)
Prisioneiro de guerra detido e inculpado en causa militar en Ferrol. Posto en liberdade provisional ca obriga de presentarse no xulgado cada catro días (1939)
Home de 52 anos, Ferroviario
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión co resultado sentencia absolución
Home de 22 anos
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
CNT, Mariño de reemprazo. Do Sindicato de Profesións Varias de Betanzos
Morto o 13 de agosto de 1936
Detido o 12 de agosto do 1936 e paseado ao día seguinte en Guitiriz , segundo declara o seu pai en proceso militar por deserción (realmente o feito semella que tivo lugar na Reborica-Aranga). Non se admite a testemuña do pai e será declarado en rebeldía.
Home de 29 anos, Xornaleiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: R/Magdalena-Betanzos, Betanzos (A Coruña)
Fuxido até 1945. Causa aberta por deserción en Ferrol (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Xulgado e sentenciado a prisión 2 anos. Aplicación do indulto
Home de 30 anos, Camareiro/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
CNT, Afiliado ao Sindicato de Profesións Varias de Betanzos
Morto o 24 de novembro de 1936
Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña.
Home de 28 anos, Carpinteiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
CNT, Directivo do Sindicato de profesións varias de Betanzos
Morto o 26 de xullo de 1936
Morte rexistrada a causa de ser pasado polas armas no cemiterio de Canido-Ferrol.
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Requián-Betanzos, Betanzos (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento definitivo. Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, campo de prisioneiros en Medina de Rioseco e castigo en batallón de traballadores.
Home de 18 anos, Empregado/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos, Betanzos (A Coruña)
Escribán
Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Home de 32 anos, Labrego/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
UGT, Inspector de Arbitrios Municipais
Morto o 23 de outubro de 1936
Morte rexistrada no Pinar da Torre-Parada-Ordes, no km.1 da estrada Ordes-Carballo, a causa de traumatismo craneal por proxectís de arma curta de fogo
Home de 33 anos, Empregado/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Lugo
UGT, Secretario da Sociedade isntrutiva do comercio
Xulgado en Lugo por inxurias ao "caudillo" co resultado de absolución.
Home de 27 anos, Fogoneiro
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Bergondo, Bergondo
Embarcado no Atxeri-Mendi
Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, estivo no Campo de Teruel. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 1 ano (1939). Indultado e embargo de 5000 ptas.
Home de 70 anos, Labrego
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
PSOE e UGT, Dirixente agrarista e concelleiro
Morto o 28 de outubro de 1936
Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna intratorácica. Aparición do cadáver en Ponte Sampaio-Betanzos.