Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 26 anos
Natural de Gondomar (Pontevedra)
Veciñanza: Zamanes-Gondomar, Gondomar (Pontevedra)

Tiña causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas reemprazo de 1930 zona de Vigo), co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía

Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Pasaia

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Tras a guerra, ingresado no campo de Bizerta (Túnez) e logo no Campo de Concentración de Rota e no batallón de traballadores en Los Barrios-Cádiz. En 1941 sobresemento do seu procesamento militar.

Home, Mestre/a
Veciñanza: A Graña, O Covelo

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 30 anos, Militar
Natural de O Barco de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Sarxento 1º Infanteria do Estado Maior

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia prisión 6 anos e 1 día

Home de 40 anos, Avogado
Natural de Mondoñedo (Lugo)
Veciñanza: R/Holandillas, Mondoñedo (Lugo)
IR, Fora Compromisario para a elección do Presidente da República

Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión (causa de 1937) co resultado de sentencia pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de O Barco de Valdeorras (Ourense)
Veciñanza: Cesures, O Barco de Valdeorras (Ourense)

Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 40 anos, Obreiro/a
Natural de Laza (Ourense)
Veciñanza: Toro
Obreiro do Ferrocarril

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 40 anos, Albanel
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Santo Domingo-A Lonia, Ourense (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Home de 25 anos, Chofer
Natural de Allariz (Ourense)
Veciñanza: Allariz, Allariz (Ourense)
Chofer da Empresa Villalón

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home, Obreiro/a
Natural de A Mezquita (Ourense)
Veciñanza: Vilavella, A Mezquita (Ourense)
Obreiro do ferrocarril

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home, Obreiro/a
Natural de A Gudiña (Ourense)
Obreiro do Ferrocarril

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 27 anos, Labrego/a
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: San Cristovo, Ribadavia (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sobresemento. Causa militar de 1936.

Home
Natural de Cerdedo (Pontevedra)
Veciñanza: Cerdedo (Pontevedra)

Agochado na súa casa nun túnel, despois foxe por Portugal até Brasil cunha documentación falsificada.

Home de 61 anos, Labrego
Natural de Badaxoz
Morto o 06 de maio de 1941

Morte na Illa do Lazareto por causas naturais.

Home de 24 anos
Morto o 11 de febreiro de 1940

Preso no campo de concentración de Camposancos, onde é rexistrada a súa morte a causa de tuberculose pulmonar.

Home de 26 anos, Zapateiro
Natural de Vila de Cruces (Pontevedra)
Veciñanza: Carbia, Vila de Cruces (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 17-9-1940.

Home de 19 anos, Soldado
Natural de Monterrei (Ourense)
Veciñanza: Estevesiños, Monterrei (Ourense)

Xulgado en Ourense en causa aberta para averiguación de conduta co resultado de sobresemento e 6 días de arresto.

Home de 63 anos, Xornaleiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón.

Home de 47 anos
Natural de Lugo (Lugo)
Natural de Calde-Lugo
Morto o 06 de marzo de 1938

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mariño de segunda. En 1936 o seu buque de servizo en Ferrol

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 24 anos
Natural de As Neves (Pontevedra)
Secretario do ramo metalúrxico da CNT
Morto o 23 de setembro de 1936

Asasinado pola Garda Civil preto da estación do ferrocarril das Neves.

Home de 39 anos, Garda municipal
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ Castañar nº 89 -2º, Ferrol (A Coruña)
Cabo da garda municipal

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo posto en liberdade

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Ribadeo (Lugo)
Veciñanza: Ribadeo (Lugo)

Inculpado en causa militar en Ferrol, sendo revogado o seu procesamento e posto en liberdade.

Home de 53 anos, Procurador
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Fene, Fene (A Coruña)
Morto o 16 de setembro de 1936

Morte rexistrada nas inmediacións do Cemiterio de Maniños-Fene a causa de disparos de fusil feitos pola Garda Civil.

Home de 25 anos, Chofer
Veciñanza: Mieres
Morto o 22 de setembro de 1939

Morte rexistrada en Celanova inscrita polo xulgado eventual da bandeira de Falange

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Noia (A Coruña)
Veciñanza: Barro, Noia (A Coruña)
Cumprindo servizo na Mariña. Con destino no "Miguel de Cervantes"

Combate no exército republicano. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua (1940).

Home de 27 anos, Albanel
Natural de Cangas (Pontevedra)
Veciñanza: Darbo, Cangas (Pontevedra)
PSOE
Morto o 28 de agosto de 1936

Infórmase en causa militar da súa morte a mans da forza pública nos inicios da sublevación ao tentar fuxir

Muller de 33 anos
Natural de Gondomar (Pontevedra)
Veciñanza: Rua da Raposa-Coia, Vigo

Xulgada en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos

Home de 59 anos, Mestre/a
Veciñanza: Darbo, Cangas (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua. Posterior conmutación a 4 anos. Separado do servizo e baixa no escalafón o 11-05-1940.

Home de 28 anos, Xornaleiro
Veciñanza: Silleda (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución.

Home de 35 anos, Labrego/a
Natural de Valga (Pontevedra)
Veciñanza: Pontecesures

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos. Atenuada. Conmutación a 2 anos e licenciamento en 1942.

Home de 42 anos, Labrego/a
Natural de Dozón (Pontevedra)
Veciñanza: Lalín

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos 1 día.

Home de 25 anos, Zapateiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Bértola, Vilaboa

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de absolución e a disposición do Delegado de Orde Pública.

Home de 22 anos, Carpinteiro
Natural de A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de absolución e a disposición do xefe da súa unidade.

Home de 23 anos, Canteiro/a
Natural de Silleda (Pontevedra)
Veciñanza: Guimarei, A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home, Industrial
Veciñanza: Tui
CNT, Industrial panadeiro. Presidente da Federación Local da CNT
Morto o 11 de agosto de 1936

Ferido de bala na cabeza en Tui. É atopado no monte e dado por morto, descubrindo que seguía vivo xusto antes de soterralo. É enviado ao Hospital Provincial de Pontevedra, onde é rexistrada a súa morte uns días despois.

Home de 36 anos, Labrego
Natural de Mos (Pontevedra)
Veciñanza: Mos (Pontevedra)
Morto o 07 de febreiro de 1939

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza de 12 anos. Morte rexistrada no hospital do Dr Troncoso en Vigo causa de peritonite traumática. Instrúese sumario.

Home
Veciñanza: Moreira, A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento da causa.

Home de 49 anos, Carpinteiro
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Salcedo, Pontevedra (Pontevedra)
CNT, Presidente da Sociedade Agraria de Salcedo

Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento provisional.

Home de 38 anos, Labrego/a
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Paredes de abaixo, Paradela (Lugo)

Xulgado en Lugo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.

Home
Veciñanza: Viveiro (Lugo)

Xulgado por rebelión militar co resultado de absolución.

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Sober

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 23 anos, Serrador
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Viveiro (Lugo)
CNT, Directivo da CNT de Viveiro

Detido como inculpado de rebelión militar sen chegar a ser procesado.

Home de 49 anos, Chofer
Natural de Salceda de Caselas (Pontevedra)
Veciñanza: Salceda de Caselas (Pontevedra)
CNT
Morto o 21 de setembro de 1936

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Tui.

Home de 21 anos, Peón
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Atocha Alta 24 2º, A Coruña (A Coruña)
CNT
Morto o 06 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de aplicación da lei de fugas. Aparición do cadáver na estrada da Estación Norte-Betanzos.

Home de 44 anos, Profesor universitario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Zaragoza
IR, Catedrático de Anatomía Descritiva na Universidade de Zaragoza. Concelleiro en Zaragoza

Agochado e fuxido nos primeiros intres do Golpe. Separación definitiva do servizo e exilio en Arxentina

Home de 24 anos, Militar
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Barallobre-Fene, Fene (A Coruña)
Mariño enfermeiro no "Plus Ultra"

Xulgado en Ferrol en dúas causas: a primeira por desobediencia co resultado de sentenza a prisión 3 anos e na segunda por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos.

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do barco "Ramón Correa" que fuxiron). Presentouse en agosto do 39 co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada en 02/41 por 6 anos e 1 día

Home de 25 anos, Chofer
Veciñanza: Barrio da Rola-Sárdoma, Vigo
Natural de Zamora
Morto o 26 de outubro de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas producidas por arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: As Roteas-Coruxo, estrada de Vigo a Baiona

Home de 26 anos, Xornaleiro/a
Natural de Camariñas (A Coruña)
Veciñanza: Ponte do Porto-Camariñas, Camariñas (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sentencia cadea perpetua. Ingresa en San Cristóbal en xuño do 1937. En novembro do 1942 traslado á Prisión Central de Astorga

A Navalla Suíza