Home de 21 anos
Veciñanza: Machichaco
Morto o 08 de decembro de 1937
Preso no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda, onde é rexistrada a súa morte a causa de febre tifoidea o 8-12-1937.
Home de 35 anos, Metalúrxico
Natural de Valga (Pontevedra)
Veciñanza: R/Bernardo Mateo Sagasta, 10, Pontevedra
Morto o 06 de outubro de 1937
Xulgado en Pontevedra acusado dun delicto cometido na prisión onde xa cumpre condea por rebelión militar, declarado en rebeldía ao fuxir no traslado. En realidade acaba sendo paseado na estrada de Pontevedra a Caldas.
Home de 40 anos, Carpinteiro
Natural de Marín (Pontevedra)
Veciñanza: Marín (Pontevedra)
Presidente da Sociedade de Carpinteiros
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentencia a cadea perpetua.
Home de 28 anos, Comerciante
Natural de Caldas de Reis (Pontevedra)
Veciñanza: Caldas de Reis (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de absolución.
Home de 20 anos, Zapateiro
Natural de Ponteareas (Pontevedra)
Veciñanza: Angoares, Ponteareas (Pontevedra)
Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Xulgado por sedición co resultado de sobresemento provisorio e posta a disposición do Delegado Militar de Orde Pública.
Home de 27 anos, Carpinteiro
Natural de Sober (Lugo)
Veciñanza: Proendos, Sober (Lugo)
Tras estar fuxido e declarado en rebeldía é xulgado en Lugo por rebelión co resultado de sentenza a prisión 20 anos.
Home de 28 anos, Xornaleiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Cobas, Viveiro (Lugo)
CNT, Presidente da CNT en Viveiro
Morto o 12 de setembro de 1936
Morte rexistrada no Prado dos Remedios-Mondoñedo a causa de ferida no bulbo raquídeo e no corazón. Inscrito coma descoñecido.
Home
Morto o 13 de agosto de 1936
Detido pola Garda Civil e morto. Lugar do suceso Cedeira.
Home de 43 anos, Avogado
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Vimianzo
PSOE, Secretario do Concello de Vimianzo. Masón e organizador da Agrupación Local do PSOE. Era recoñecido entre os veciños como Gabilán por ser o segundo apelido do seu pai, notario e avogado en Carballo e procedente dunha familia vallisoletana con importantes políticos na Restauración.
Morto o 15 de marzo de 1937
Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña no Polvorín de Adormideras. A súa familia será desposuída de gran parte dos seus bens. A súa irmá, Mª de la Esclavitud, monxa asasinada en Madrid en novembro de 1936.
Home de 26 anos, Albanel
Natural de Mugardos (A Coruña)
Veciñanza: Galiñeiro-Meá, Mugardos (A Coruña)
UGT, Secretario da agrupación socialista de Mugardos e da sociedade de oficios varios da edificación
Morto o 24 de agosto de 1936
Morte en Meá tras ser fusilado pola "Fuerza Armada" sen formación de causa.
Home de 31 anos, Xornaleiro
Natural de Valdoviño (A Coruña)
Morto o 21 de xullo de 1936
Morte rexistrada en Ferrol a causa de ferida de arma de fogo.
Home de 21 anos, Dependente
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Morto o 07 de marzo de 1938
Morte rexistrada na Coruña a causa de ser pasado polas armas, ás 6.
Home de 45 anos, Carabineiro
Veciñanza: Tui
Natural de Castellón
Morto o 16 de setembro de 1936
Xulgado por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Morte rexistrada en Tui a causa de execución de sentenza.
Home de 49 anos, Industrial
Natural de Padrón (A Coruña)
Veciñanza: Padrón (A Coruña)
Propietario e innovador agrario
Morto o 01 de decembro de 1936
Xulgado en Compostela por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Compostela. Incautación e subasta dos seus bens.
Home de 21 anos, Xornaleiro
Natural de Ordes (A Coruña)
Veciñanza: Ordes (A Coruña)
Morto o 08 de decembro de 1937
Xulgado en Compostela por traizón co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en compostela.
Home de 34 anos, Varredor/a
Veciñanza: R/ Sinagoga 4, A Coruña (A Coruña)
Natural de Badaxoz
Morto o 26 de setembro de 1936
Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Rega-Suevos-Arteixo.
Home de 22 anos, Militar
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira, Ribeira (A Coruña)
Mariño. Cabo de Mariña
Morto o 12 de decembro de 1936
Xulgado en Ferrol por rebelión (facer manifestacións contrarias ao "Glorioso Movimiento Nacional" na cuberta do bou armado "Tito") co resultado de sentencia pena de morte. Executado na Punta do Martelo do Arsenal-O Val-Narón
Home de 30 anos, Mariñeiro
Natural de Sada (A Coruña)
Veciñanza: Nova Iorque-Estados Unidos
FAI, Tripulante do "Mar Cantábrico", embarcado en Nova Iorque
Morto o 09 de xullo de 1937
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executada na Punta do Martelo do Arsenal de Ferrol
Home de 26 anos, Labrego
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Cedeira (A Coruña)
PCE
Morto o 25 de decembro de 1938
Fuxiu en barco nos primeiros días do Golpe de Estado e declarado en rebeldía en varias causas militares. Capturado posteriormente, será xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado no Castelo de s Felipe-Ferrol
Home de 29 anos, Fogoneiro
Natural de Irixoa (A Coruña)
Veciñanza: Vigo, Vigo (Pontevedra)
Fogoneiro Preferente do gardapesca "Maquinista Macía"
Morto o 26 de novembro de 1936
Xulgado na Base Naval de Ríos en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Base Naval de Ríos-Vigo
Home de 31 anos, Mariñeiro
Natural de A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de absolución e posto en liberdade.
Home de 31 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Fogoneiro Preferente do "Cervera"
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento provisional
Home de 22 anos, Militar
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume, Pontedeume (A Coruña)
Mariño do Acorazado Jaime I
Fixo a guerra na armada republicana, fuxiu a Francia e voltou no 1942. Xulgado en Ferrol co resultado de absolución.
Home de 30 anos, Patrón de costa
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.
Home
Veciñanza: A Pobra do Caramiñal, A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción (instruída contra varios do trozo de A Pobra do Caramiñal por non se presentar a filas) declarado fuxido e en rebeldía.
Home de 25 anos, Fogoneiro
Natural de Ribeira (A Coruña)
Veciñanza: Ribeira (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Combate no exército republicano. Sen máis datos. O seu irmán, Juan Manuel, tras combater no exército republicano acabará nun gulag na URSS até 1954.